Gran Premio do Reino Unido de 2013

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gran Premio do Reino Unido de 2013map
Remove ads

O Gran Premio de Inglaterra de 2013 foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 30 de xuño de 2013, no Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...

Lewis Hamilton logrou a pole position por diante do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, co líder do campionato, Sebastian Vettel terceiro. Rosberg gañou a carreira por diante de Mark Webber e Fernando Alonso. Hamilton, xunto con Felipe Massa, Jean-Éric Vergne e Sergio Pérez sufriron rebentóns do pneumático traseiro esquerdo, mentres que Esteban Gutiérrez foi vítima dun rebentón do pneumático dianteiro esquerdo. Vettel sufriu unha avaría no cambio cando lideraba a carreira.

Remove ads

Antecedentes

O piloto australiano Mark Webber anunciou a súa retirada cando remate a tempada 2013, antes de que dese comezo o Gran Premio, así mesmo únese ao novo programa deportivo da empresa Porsche, que inclúe o asalto ás 24 Horas de Le Mans, Mark Webber describiu como unha "honra" irse a Porsche. Kimi Räikkönen é o favorito para substituílo en Red Bull.

Clasificación

As tres fases de clasificación tiveron lugar o 30 de xuño.

Q1

O Williams de Valtteri Bottas, o Sauber de Esteban Gutiérrez, o Caterham de Charles Pic, o Marussia de Jules Bianchi , o Caterham de Giedo van der Garde e o Marussia de Max Chilton foron todos eliminado na Q1.

Q2

O McLaren de Jenson Button, o Ferrari de Felipe Massa, o Toro Rosso de Jean-Eric Vergne, o McLaren de Sergio Pérez Mendoza, o Sauber de Nico Hülkenberg e o William de Pastor Maldonado foron eliminados na Q2.

Q3

Lewis Hamilton logrou a pole cun tempo de 1:29.607 seguido do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg e o Red Bull de Sebastian Vettel seguido de Webber, Di Resta, Ricciardo, Sutil, Grosjean, Raikkonen e Alonso completando os dez primeiros. Máis tarde Di Resta foi sancionado porque o seu coche tiña 1´5 kg. menos que o peso mínimo legal, foi sancionado a saír no último posto da grella.

Carreira

O Mercedes de Lewis Hamilton liderou desde o principio con Vettel detrás del, despois de que Rosberg saíra lento da liña de saída. Webber de Red Bull tivo unha mala saída e danou o seu alerón dianteiro despois de contactar co Lotus de Romain Grosjean na curva 1. Na volta 8, Hamilton sufriu un rebentón do pneumático traseiro esquerdo na recta Wellington. Massa tivo unha falla similar ao igual que posteriormente o coche de Vergne que sacou o coche de seguridade na volta 16. Vergne, finalmente retirouse da carreira con danos no piso.

Vettel liderou a carreira ata a volta 42, cando sufriu un fallo no cambio e detívose preto da liña de meta. Isto sacou un segundo coche de seguridade. Rosberg, Webber e Alonso fixeron paradas nos boxes para poñer pneumáticos novos, o Lotus de Kimi Raikkonen non parou.

A carreira reiniciouse na volta 46 con Rosberg diante. Webber e Alonso foron capaces de adiantar a Raikkonen na loita polo podio. Hamilton logrou terminar cuarto logo de recuperarse da rotura do pneumático. Massa fixo loitou para terminar sexto. Pérez de McLaren sufriu un rebentón no reinicio e viuse obrigado a retirarse con danos do coche. Grosjean tamén se retirou antes do final da carreira.

Cualificación

Máis información Pos., Nº ...

Carreira

Máis información Pos., Nº ...

Posicións logo da carreira

Máis información Pos., Piloto ...
Remove ads

Véxase tamén

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads