Hipoderma
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O hipoderma[1] é a capa máis profunda do sistema tegumentario dos vertebrados, situada debaixo da derme [2]. Ás veces utilízase para referirse a el o termo "tecido subcutáneo", que é anatomicamente máis impreciso e máis inexacto. O hipoderma consiste principalmente en tecido conxuntivo laxo e lóbulos de graxa. As súas fibras coláxenas e elásticas discorren principalmente paralelas á superficie da pel, continúanse coas da derme e conectan coas estrutruras máis profundas; son numerosas na planta dos pés e palmas das mans, onde fixan fortemente a pel ás estruturas inferiores, pero noutras zonas do corpo a cantidade de fibras é menor. Contén vasos sanguíneos máis grandes ca os da derme e nervios. Os tipos de células que se encontran no hipoderma son fibroblastos, adipocitos, e macrófagos.[3] A función do hipoderma é principalmente protectora e de almacenamento de graxa.

O hipoderma deriva do mesoderma embrionario.
Remove ads
Compoñentes
Contén:
- Bandas de tecido fibroso que ancoran a pel ás fascias profundas.
- Graxa, excepto nas pálpebras, escroto, pene, mamila e aréola
- Vasos sanguíneos que se dirixen á derme
- Vasos linfáticos que se dirixen á derme
- Raíces dos folículos pilosos
- A parte glandular dalgunhas glándulas sudoríparas
- Nervios: terminacións nerviosas libres e corpúsculos de Pacini
- Bolsas situadas nos espazos que cobren as articulacións para facilitar o esvaramento suave da pel que está encima
- Sutís capas musculares planas, situadas nalgunhas zonas, como o coiro cabeludo, cara, mans, mamila, e escroto, chamados panículos carnosos.
Graxa subcutánea
A graxa subcutánea está xusto debaixo da pel e diferénciase da graxa visceral, que se encontra na cavidade peritoneal. Esta graxa forma unha capa illante que evita as perdas de calor. Nalgúns animais como as baleas, focas e animais hibernantes, ademais do illamento térmico é unha reserva de graxa para a nutrición. A cantidade de células adiposas que contén o tecido subcutáneo depende das rexións do corpo e da nurtrición. No abdome humano pode chegar a ter 3 cm ou máis, pero non existe noutras zonas como as pálpebras ou pene.
Inxección subcutánea
É unha inxección administrada no tecido subcutáneo, utilizada, por exemplo, para administrar a insulina.
Noutros seres vivos
O termo utilízase tamén noutros seres vivos non vertebrados, pero con outros significados.
Nos artrópodos chámase hipoderma a unha capa epidérmica de células que segrega o seu exoesqueleto quitinoso.
Algunhas plantas teñen unha capa diferenciada de células debaixo da epiderme denominada hipoderme. Por exemplo, nas follas dos piñeiros forma unha capa extra protectora.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads