Irixoa
concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Irixoa.
Remove ads
Xeografía

Situación
O concello, de 68,6 km², limita ao norte cos municipios de Miño, Vilarmaior e Monfero, ao sur con Aranga e Coirós, ao leste con Monfero e Aranga, e ao oeste con Paderne.
Orografía e hidrografía
Está nunha zona de transición entre a chaira da Terra Chá e as comarcas costeiras das Mariñas e Ferrolterra. Cara ao leste na prolongación da Serra da Loba están o Pico de Vales (702 m) e Monte Vila (684 m), entre os cales nace o río Zarzo, afluente do Mandeo. Cara ao oeste hai un perfil máis suave, polo que discorre o río Lambre, que desemboca na Ponte do Porco.
Demografía

| Evolución da poboación de Irixoa Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 3.561 | 3.819 | 3.548 | 2.138 | 1.619 | 1.526 | 1.502 | 1.492 | 1.442 | |||||||||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Remove ads
Historia
Durante a Idade Media a zona pertenceu ao arciprestado de Pruzos, incluíndo tamén as parroquias de Paderne e Adragonte (concello de Paderne), dependente da arquidiocese de Santiago de Compostela, e pertencente ao condado de Lemos. O Conde nomeaba un xuíz, que exercía no Pazo de Irixoa.
Durante o Antigo Réxime e até o final do Reino de Galiza a zona pertenceu á provincia de Betanzos. Trala División territorial de España en 1833 pasou a formar parte da provincia da Coruña.
Remove ads
Cultura
Símbolos
O escudo do concello ten a seguinte descrición: de ouro e sobre ondas de azur e prata, un monte de sinople cargado de sete estrelas de prata e acompañado de dúas cruces ensanchadas de goles. Ao timbre, coroa real pechada. O cumio a que se refire é o monte de San Antón. As sete estrelas, aluden ás actuais sete parroquias, e as cruces ensanchadas refírense ás igrexas parroquiais de San Antón e Churío.
Economía
Infraestruturas de transporte
O municipio está atravesado de oeste a leste pola estrada comarcal AC-640 (Betanzos - Viveiro) e a autonómica AC-151 (Montesalgueiro - Pontedeume).
Medios de comunicación
Neste concello realizouse a gravación do programa de tele-realidade A Casa de 1906, o primeiro programa de tele-realidade feito en Galicia.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Irixoa.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

