Monfero
concello da comarca do Eume, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Monfero.
A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.
Remove ads
Demografía

Evolución da poboación de Monfero Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.715 | 6.473 | 6.530 | 3.587 | 2.490 | 2.239 | 2.178 | 2.129 | 2.109 | 2.089 | 2.037 | 2.019 | 1.985 | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Xeografía
Monfero ten 173,28 km², e abrangue sete parroquias. A casa consistorial está no lugar de Rebordelo, na parroquia de San Fiz de Monfero. Está no leste da provincia da Coruña, por onde limita cos concellos lugueses de Xermade e Guitiriz; ao norte limita coas Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas; ao sur con Irixoa e Aranga; e ao oeste con Vilarmaior e Pontedeume.
Está atravesado pola estrada AC-151 (que o une coa A-6), a C-640 que vai de Betanzos a Viveiro, e a AC-144, que vai cara a Pontedeume. Está a 45 km da Coruña e a 80 de Santiago de Compostela.
A Serra da Loba é a rexión montañosa máis destacada, destacando no centro do concello o Monte da Pendella (712 m). O río Eume fai de fronteira polo norte, e a el van dar os afluentes do Frai Bermuz e San Bartolomeu. No oeste están amais os ríos Lambre e Lambruxo.
Unha parte das Fragas do Eume, declaradas parque natural en 1997, áchanse dentro do territorio de Monfero.
Remove ads
Historia
Hai restos de presenza humana na prehistoria, como as mámoas na Pena do Moncouso. Amais, hai varios topónimos que denotan presenza castrexa.
Na Idade Media a zona era xurisdición do mosteiro cisterciense, xa reflectida en documentos de 1135.
Patrimonio
O mosteiro de Monfero pertenceu á Orde do Císter, e ten as súas orixes cara ao século X. Está recoñecido como un ben de interese cultural.
Consérvanse varias pontes do século XV, todas dun só arco: a ponte do Dez sobre o río Frai Bermuz, a ponte de San Paio sobre o Lambre (co concello de Irixoa á outra beira) e outra sobre o río Lambruxo, entre os lugares das Travesas e Vilarboi.
Amais das igrexas parroquiais, hai varias pequenas ermidas, como a da Ascensión en Boicornello (Val de Xestoso), as de Santo André da Ribeira e Lagares (San Fiz de Monfero), e a de San Bartolomeu na Ermida (Queixeiro).
Hai 5 casas de turismo rural: Casa de Graña da Acea, Casa Don Bernardo, Casa Lourán, Casa Piñeiro e Rodeo da Casa.
Remove ads
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Monfero.
- Fachada do Mosteiro de Monfero
- Cruceiro das misións en Taboada
- Igrexa de Vilachá
- Parque natural das Fragas do Eume
- Encoro do Eume entre Monfero e As Pontes.
- Panorámica do Eume
Parroquias
Lugares de Monfero
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monfero vexa: Lugares de Monfero.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads