Isack Hadjar

piloto de carreiras francés e alxerino From Wikipedia, the free encyclopedia

Isack Hadjar
Remove ads

Isack Alexandre Hadjar (en árabe: إسحاق حجار, i.zak a.d͡ʒaʁ, nado o 28 de setembro de 2004) é un piloto de carreiras francés alxerino, que pilotara para Red Bull en 2025.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Nado e criado en París no seo dunha familia alxerina, Hadjar comezou a competir en karting aos sete anos. Despois de debutar nas carreiras de automóbiles deportivos no Ginetta Junior Winter Series, Hadjar comezou nas fórmulas junior en 2019. Rematou terceiro no Campionato de Francia de F4 de 2020 con FFSA Academy, antes de ascender ao Campionato de Europa de Fórmula Rexional no 2021, logrando múltiples vitorias xa que terminou quinto na súa tempada de novato. Despois participou no Fórmula Rexional de Asia e na Fórmula 3 en 2022 co Hitech, quedando terceiro no primeiro e conseguindo múltiples vitorias en ambos. Hadjar comezou na Fórmula 2 en 2023, quedando subcampión ante Gabriel Bortoleto na seguinte tempada con Campos, os seus éxitos na Fórmula 2 deronlle o alcume "Le Petit Prost" nos medios franceses.[a]

Membro do Red Bull Junior Team desde 2022, Hadjar debutou nos adestramentos libres na Fórmula 1 no Gran Premio da Cidade de México 2023. Hadjar competirá para Racing Bulls en 2025, substituíndo a Liam Lawson e como compañeiro de Yuki Tsunoda.[5]

Remove ads

Inicios e vida persoal

Isack Alexandre Hadjar naceu o 28 de setembro de 2004 en París, Francia no seo dunha familia alxerina de médicos e físicos.[6][7] O seu pai, Yassine Hadjar, tamén era mecánico.[8] Ten dobre cidadanía francésa e alxeriana.[9]

Hadjar inicialmente afeccionouse ao automobilismo despois de ver a película de animación de Pixar Cars.[7] Os seus pais compráronlle un kart cando tiña sete anos, un ano despois de que comezase a ver Formula 1.[7]

Remove ads

Carreira de carreiras junior

Karting

Hadjar comezou as carreiras de karts competitivas en 2012.[10][7] Despois de competir inicialmente en campionatos nacionais, Hadjar pasou á escena internacional en 2017.

Fórmulas inferiores

En 2019 Hadjar fixo o seu debut nun monopraza no Campionato de Francia de F4.[11] A pesar de que custaballe chegar a pisar a fondo os pedais do coche debido á súa baixa estatura ao comezo da tempada, logrou unha vitoria de carreira en Spa e rematou sétimo na clasificación, ademais de ser segundo na categoría júnior detrás de Victor Bernier.[12] Despois, Hadjar correu en dous fins de semana do Campionato dos Emiratos Árabes Unidos de F4 durante o inverno de 2020 con 3Y Technology, onde anotou 56 puntos, chegando ao undécimo posto do campionato.[13] Hadjar entón unha vez máis pilotou na serie francesa de F4. Saíu moito mellor que o ano anterior, gañando tres carreiras. Despois de oito podios máis e dúas pole positions, Hadjar quedou terceiro na clasificación de pilotos.

Remove ads

Carreira de Fórmula Un

O 16 de xuño de 2021, Red Bull Racing anunciou que Hadjar se convertería nun membro do Red Bull Junior Team en 2022.[14]

Hadjar fixo o seu debut nos adestramentos libres no Gran Premio da Cidade de México 2023 coa Scuderia AlphaTauri, para cumprir a regra obrigatoria dos pilotos novatos.[15] Antes da fin de semana, Hadjar admitiu que sentía "aprehensión", porque nunca pilotara un coche de Fórmula 1 anteriormente.[16] Rematou a sesión no 17º posto, o segundo máis alto dos cinco novatos que participaron.[17] Despois pilotou para Red Bull durante a práctica en Abu Zabi, rematando a sesión de novo no 17º posto.[18][19]

En xullo de 2024, Hadjar participaría na súa primeira sesión de FP1 do ano no Gran Premio do Reino Unido de 2024 con Red Bull, rematando a sesión no 19º posto.[20][21] Máis tarde ese ano, Hadjar participou nos adestramentos libres durante o Gran Premio de Abu Zabi, pilotando o RB20 de [Max Verstappen]]. Rematou a sesión no 15º posto.[22][23] Hadjar tamén pilotaba o RB20 na proba de novatos de Abu Zabi de postempada, onde o seu ritmo, máis rápido que o do seu futuro compañeiro de equipo Yuki Tsunoda, impresionou ao director do equipo Christian Horner.[24]

En setembro de 2024, Hadjar ascendeu para substituír a Liam Lawson como piloto de reserva tanto de Red Bull Racing como de RB (anteriormente coñecido como AlphaTauri) xa que Lawson substituíu a Daniel Ricciardo desde o Gran Premio dos Estados Unidos de 2024.[25][26]

Racing Bulls (2025)

Tras o ascenso de Liam Lawson a Red Bull Racing, Hadjar acompañará a Yuki Tsunoda en Racing Bulls e debutará na Fórmula Un para a tempada 2025.[5]

Rexistro de carreiras

Traxectoria profesional

Máis información Tempada, Series ...

* Tempada en progreso.

Resultados completos no campionato de Francia de F4

(chave) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Máis información Ano, Pos ...

Resultados completos no campionato de Fórmula 4 dos Emiratos Arabes Unidos

(chave) (Carreiras en negra indican pole position; carreiras en cursiva indican volta rápida)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos no Campionato de Asia de Fórmula Rexional

(chave) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en cursiva indican a volta rápida entre os dez primeiro)

Máis información Ano, Equipo ...

* Season still in progress.

Resultados completos no campionato de Europa de Fórmula Rexional

(chave) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos no Campionato de Fórmula 3

(chave) (Carreiras en negra indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos no Gran Premio de Macau

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos no campionato de Fórmula 2

(chave) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en cursiva indican puntos pola volta rápida dos dez primeiros clasificados)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos na Fórmula 1

(chave) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Máis información Ano, Equipo ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads