Jimmy Connors

tenista profesional estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Jimmy Connors
Remove ads

James Scott Connors, coñecido como Jimmy Connors, nado en East St. Louis, Illinois o 2 de setembro de 1952, é un ex xogador de tenis estadounidense, despois adestrador.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Foi Nº 1 da clasificación ATP en nove ocasiones durante os anos 1974 a 1983 e Top 10 durante 16 anos entre 1973 e 1988. Debido á súa lonxeva, exitosa e regular carreira, Connors mantén até hoxe algúns das marcas máis importantes da historia do tenis desde que comezase a era aberta en 1968. É o tenista con máis títulos ATP, con 109 títulos en 164 finais.[1] É o tenista con máis partidos gañados na historia do circuíto ATP con 1274 vitorias e o segundo en Wimbledon (84) detrás de Roger Federer (101) e no Aberto dos Estados Unidos (98). É quen máis veces gañou o Aberto dos Estados Unidos (5) na Era Aberta, xunto a Roger Federer e Pete Sampras e quen máis veces alcanzou as semifinais do Aberto dos Estados Unidos (14). É o tenista que máis tempo permaneceu entre os Top 10, con 817 semanas, así como tamén no Top 5 (705). Tamén quen máis tempadas terminou como Top 10 (16), Top 5 (14) e Top 3 (12). Por último é o único que se clasificou 17 veces ao Torneo de fin de tempada, seguido por Roger Federer con 16 e Andre Agassi e Rafael Nadal con 14 clasificacións, torneo que clasifica só aos 8 mellores de cada tempada. Debido a estes e moito outros logros, Jimmy Connors é considerado como un dos mellores tenistas de todos os tempos.[2][3]

Obtivo oito títulos individuais de Grand Slam: o Aberto de Australia de 1974, o Campionato de Wimbledon de 1974 e 1982, e o Aberto dos Estados Unidos de 1974, 1976, 1978, 1982 e 1983. A súa única materia pendente foi o Torneo de Roland Garros, onde foi semifinalista catro veces. Na súa carreira alcanzou 15 finais e 31 semifinais de Grand Slam. O estadounidense logrou 17 títulos e 29 finais en masters, o que o coloca sexto e cuarto no historial. Tamén gañou o Masters Grand Prix de 1977 e a final de WCT de 1977 e 1980.

O tenista alcanzou o número 1 da clasificación ATP o 29 de xullo de 1974 e estivo 84 semanas no máis alto. Finalizou primeiro en cinco tempadas consecutivas entre 1974 e 1978, segundo en tres e terceiro noutro catro.

Por outra banda, Connors integrou a selección dos Estados Unidos da Copa Davis que obtivo o título de 1981.

Biografía

Foi iniciado no tenis pola súa nai (profesora deste deporte) e a súa avoa quen lle ensinaron os seus primeiros golpes aos 3 anos. Sendo un adolescente novo mudouse a California xunto á súa familia e alí puido ser adestrado por grandes lendas do tenis como Pancho Gonzáles e Pancho Segura.

Connors foi á universidade un ano na UCLA coa que gañou o título da NCAA en 1971.

O seu debut no circuíto ATP produciuse en agosto de 1970, cando disputou o Aberto de Merion, na xira de canchas rápidas dos Estados Unidos. Superou o francés Jean-Baptiste Chanfreau por 6-4 e 6-3. Exactamente un ano despois, no Aberto de Columbia, alcanzou a súa primeira final, sendo derrotado polo seu compatriota Tom Gorman por 6-7, 7-6, 4-6, 7-6 e 6-3.En 1972 logrou o seu primeiro título ao vencer a Clark Graebner na final de Jacksonville. Ese mesmo ano logrou os títulos de Columbia, Londres, Cincinnati, Albany e Baltimore.

A súa extrema competitividade fixo que destacase desde moi novo. Rexeitaba aceptar ser derrotado e daba absolutamente todo en cada punto do partido, non importándolle canto de aparentemente van fose o seu esforzo. Encantáballe xogar ante multitudes e realizaba calquera cousa para tomar unha vantaxe, como discutir co "árbitro de cadeira" ou co seu opoñente. As súas perrenchas contra "árbitros" e xuíces de liña foron famosas. O seu impetuoso comportamento fíxolle gañar unha reputación como o rebelde do tenis mundial. Gañou o alcume de “Brash Basher of Belleville” (algo así como o “Impetuoso machacador de Belleville”). Tamén foi coñecido polo seu sobrenome “Jimbo”.

En 1973 gañou 11 títulos, todos sobre canchas duras, 9 deles en EE. UU, un en Canadá e outro en Suráfrica.

Zurdo con revés a dúas mans (aínda que aprendese a golpear ben a unha man), Connors posuía un xogo de fondo moi agresivo con tiros planos, con pouco e nada de topspin, que o facían mellor para as canchas rápidas. Un dos seus adversarios dixo: “Xogar con Connors é como pelexar con Joe Frazier. Sempre vén cara a ti. Nunca para”.

Rexeitando integrarse na recentemente formada Asociación de Tenistas Profesionais (ATP), que era a máis aceptada polos xogadores de tenis, formou parte dun circuíto de torneos menores organizados por Bill Riordan. En 1974 iniciou demandas á ATP e o seu presidente Arthur Ashe por US$10 millóns por prohibirlle actuar libremente, prohibíndolle participar no Torneo de Roland Garros por asinar un contrato para xogar a Copa do Mundo de Tenis (WTT) para Baltimore, o que era penalizado pola ATP.

O Aberto Francés dese ano foi o único torneo grande que Connors non gañou. Foi o gran protagonista do ano con 14 títulos, 3 de Grand Slam. Conseguiu o seu primeiro Grand Slam ao gañar o Aberto de Australia ao derrotar ao australiano Phil Dent en 4 sets. Máis tarde faríase co seu primeiro Wimbledon e Aberto de EE. UU. ao derrotar en ambas as finais ao veterano australiano Ken Rosewall con contundentes vitorias en sets corridos. Na final do Aberto dos Estados Unidos só cedeu 2 xogos nun rotundo 6-1 6-0 6-1. En xullo dese ano alcanzou o Nº 1 mundial e manteríao por 160 semanas consecutivas, unha marca recentemente superada no ano 2007 por Roger Federer. En 1975 volveu ter unha actuación extraordinaria ao alcanzar a final dos 3 Slams que lograra o ano anterior, pero perdeu en todas elas. En Australia perdeu ante o local John Newcombe e no Aberto de EE. UU. viuse sorprendido polo español Manuel Orantes na primeira vez que se xogou o torneo sobre arxila verde. Pero a máis esperada foi a final de Wimbledon, na que se deu un duelo entre o demandado Arthur Ashe e o demandante Connors. A pesar de estar lonxe dos seus mellores anos, Ashe sorprendeu a todos e gañou en 4 sets, gañando o duelo e converténdose no primeiro home afrodescendente en gañar Wimbledon. Connors levantou os cargos pouco despois e apartouse de Bill Riordan.

En 1976 mantívose como Nº 1 e logrou 12 títulos co seu segundo Aberto dos Estados Unidos (o primeiro en arxila) ao derrotar o “home de xeo” Björn Borg en 4 sets, na primeira de 4 finais de Grand Slam xogadas entre ambos.

A pesar do seu éxito seguíase mantendo como un ser independente con pouco respecto polas tradicións e as outras persoas. En 1977 rexeitou formar parte dunha festa de excampións de Wimbledon para celebrar o centenario do torneo e foi apupado ao saír a xogar o día seguinte. De todas as maneiras amañouse para alcanzar a final na que perdeu ante Borg en 5 batallados sets. Tamén perdeu a final do Aberto dos Estados Unidos ante o arxentino Guillermo Vilas quen o sorprendeu con inusuais achegamentos á rede. Logo de eludir participar no campionato Masters os 3 anos anteriores, Connors decidiu facelo ese ano e derrotou a Borg na final para alzarse co título. Con algo de axuda do deficiente sistema de puntuación da época, logrou coroarse por cuarto ano consecutivo como Nº 1 do mundo.

Thumb
Connors en 1978

En 1978 foi derrotado facilmente por Borg na final de Wimbledon pero recuperouse e venceuno en sets corridos na final do Aberto dos Estados Unidos, agora xogado sobre canchas duras, converténdose no único home en gañar o torneo en 3 superficies diferentes (Herba, arxila e decoturf). Terminou o seu quinto ano consecutivo como Nº 1 do mundo aínda que perdeu o seu reinado por unha semana a mans de Borg para reconquistalo logo por 84 semanas consecutivas máis.

Logo duns anos non tan espectaculares como os anteriores, nos que conseguiu 18 títulos (7 en 1979, 6 en 1980 e 4 en 1981) e perdeu o liderado mundial en 1979 a mans de Borg, volveu con todo no ano 1982.

Alcanzou a final de Wimbledon e sorprendeu á nova nova estrela do tenis mundial John McEnroe en 5 atrapantes sets tras estar a 3 puntos de perder o partido na morte súbita do cuarto set. Pouco despois desfaríase doutra nova estrela, o checo Ivan Lendl en 4 sets na final do seu quinto e último título no Aberto dos Estados Unidos. Recuperou o posto de Nº 1 do mundo por algunhas semanas pero terminou a tempada 2.º por baixo de McEnroe.

En 1983 alzouse co seu último grand slam (xa con case 31 anos) ao derrotar de novo a Lendl na final do Aberto dos Estados Unidos en 4 sets. Alcanzou 4 veces as semifinais de Roland Garros, pero nunca puido chegar á final.

En 1984 alcanzaría por quinta vez a final de Wimbledon pero perdeu ante McEnroe, quen se tomou desquite da derrota de dous anos atrás e derrotouno facilmente perdendo soamente 4 xogos. A pesar disto, cando se lle preguntou se admitía que o seu rival era mellor, Connors contestou: “Nunca”.

O seu nivel decaeu nos seguintes anos pero non a súa enerxía e mantívose xogando até os 41 anos, dando batalla a xogadores moito máis novos ca el. Alcanzou o seu último título (o 109) en Tel Aviv en 1989. En 1990 xogou só tres partidos, perdeunos e caeu até o posto Nº 936. Todos pensaban que a súa extraordinaria carreira no tenis rematara pero logo de operar a súa deteriorada boneca esquerda volveu en 1991 xogando 14 torneos, alcanzando o seu nivel máis alto no Aberto dos Estados Unidos onde chegou até as semifinais logo de durísimas batallas. Na primeira rolda recuperouse dunha desvantaxe en sets de 2-0 para vencer a Patrick McEnroe e nos oitavos de final nun lembrado partido polas súas disputas co árbitro e un estadio a lume vivo derrotou a Aaron Krickstein na morte súbita do quinto set. A súa sorte terminou ante a súa contricante Jim Courier nas semifinais con millóns de televidentes no mundo enteiro.

Na súa carreira sumou 109 títulos individuais (marca absoluta) e 15 de dobres (incluídos dous Grand Slam co tamén polémico Ilie Nastase). Con 43 anos xogou o seu último partido no torneo de Atlanta en 1996 onde perdeu ante Richey Reneberg.

Adicionalmente, é importante destacar que se retirou cun historial de partidos 1275-285; e unha marca de 147-127 fronte a xogadores Top-10. Así mesmo, enfrontou na súa carreira a 462 rivais diferentes e gañoulle polo menos unha vez a 431 deles; do mesmo xeito, ten historial favorable contra 408 xogadores, igualado con 12 e desfavorable con 42. Do mesmo xeito, acumulou un refacho de 37 vitorias consecutivas entre febreiro e xuño de 1974; e outra de 36 entre xaneiro e xuño de 1975; estas cifras son superiores ás doutros ilustres como Thomas Muster con 35; Rafael Nadal con 32; e Andy Murray con 28.

Copa Davis

Connors non tivo unha participación en Copa Davis acorde á súa palmarés. Xa sexa polas súas pelexas cos oficiais da Copa ou polas súas negativas nos seus 20 anos de carreira profesional participou só en 7 series. Debutou en 1975 e en 1981 axudou a EE. UU. na súa ruta ao título ao gañar os seus dous partidos de sinxelos nos cuartos de final fronte a Checoslovaquia.

En novembro de 1975 xogando en México, DF no Club Deportivo Chapultepec, hoxe Rafael "Pelón" Osuna, contra o equipo mexicano de Copa Davis, foi derrotado en cinco sets por Raúl Ramírez, dando unha vitoria de 3-2 e deixando fora ao equipo estadounidense. Foi tanto a súa coraxe e frustración pola derrota, que empregados do Deportivo Chapultepec atoparon varias raquetas esnaquizadas. Nese momento, Connors era o N.º 1 da clasificación mundial de tenistas.

A súa única participación destacable foi en 1984 cando participou nas 4 series do seu país rumbo á final. Conseguiu 5 vitorias e 2 derrotas en singles. Na final ante Suecia en Gotemburgo perdeu o primeiro partido ante Mats Wilander e a derrota de McEnroe ante Henrik Sundstrom inclinaría definitivamente a balanza a favor de Suecia que levou a serie por 4-1 e a ensaladeira de prata.

Os seus contemporáneos e rivais

Xogadores prominentes contemporáneos con Connors, inclúen a Phil Dent, Brian Gottfried, Raúl Ramírez, Harold Solomon, Dick Stockton, Roscoe Tanner e Guillermo Vilas. Os seus rivais máis vellos inclúen a Arthur Ashe, Rod Laver, Ilie Năstase, John Newcombe, Manuel Orantes, Ken Rosewall e Stan Smith. Adversarios máis novos inclúen a Björn Borg, Vitas Gerulaitis, Ivan Lendl e John McEnroe.

Remove ads

Clasificacións

Clasificación ATP no final da tempada

1973 1974 1975 1976 1977 1978 1979 1980 1981 1982 1983 1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992
3 1 1 1 1 1 2 3 3 2 3 2 4 8 4 7 14 936 50 88

Vitorias Open: 8

Ano Torneo Venceu na final Score
1974 Open de Australia Phil Dent 7-6, 6-4, 4-6, 6-3
1974 Wimbledon Ken Rosewall 6-1, 6-1, 6-4
1974 US Open (Forest Hills) Ken Rosewall 6-1, 6-0, 6-1
1976 US Open (Forest Hills) Björn Borg 6-4, 3-6, 7-6, 6-4
1978 US Open   Björn Borg 6-4, 6-2, 6-2
1982 Wimbledon John McEnroe 3-6, 6-3, 6-7, 7-6, 6-4
1982 US Open   Ivan Lendl 6-3, 6-2, 4-6, 6-4
1983 US Open   Ivan Lendl 6-3, 6-7, 7-5, 6-0

Finais Open: 7

Ano Torneo Adversario Score
1975 Open d'Australie John Newcombe 7-5, 3-6, 6-4, 7-5
1975 Wimbledon Arthur Ashe 6-1, 6-1, 5-7, 6-4
1975 US Open (Forest Hills) Manuel Orantes 6-4, 6-3, 6-3
1977 Wimbledon Björn Borg 3-6, 6-2, 6-1, 5-7, 6-4
1977 US Open (Forest Hills) Guillermo Vilas 2-6, 6-3, 7-5, 6-0
1978 Wimbledon Björn Borg 6-2, 6-2, 6-3
1984 Wimbledon John McEnroe 6-1, 6-1, 6-2

Récords na Era Open

  • É o xogador que máis torneos ATP gañou (1094).
  • É o xogador que máis partidos gañou en torneos ATP (12.744).
  • É o xogador que máis torneos cubertos gañou con 534 títulos (1972-1989).
  • É o xogador que máis partidos gañou en sala (4684).
  • É o xogador que máis torneos gañou na moqueta(454).
  • É o xogador que máis partidos gañou no US Open (98).
  • É o xogador que máis partidos gañou na moqueta(3824).
  • É o xogador que acadou máis finais nos torneos ATP (1645).
  • É o xogador que máis veces consecutivas chegou ás semifinais do mesmo torneo de Grand Slam (12 no US Open de 1974 a 1985).
  • É o xogador que máis veces consecutivas chegou aos cuartos de final do mesmo torneo de Grand Slam (13 no US Open de 1973 a 1985).
  • É o xogador que máis veces chegou ás semifinais do US Open (14).
  • É o xogador que máis veces chegou aos cuartos de final do US Open (17).
  • É o xogador que máis xogos de US Open (22).
  • É o xogador que xogou máis US Open consecutivos (20).
  • É o xogador que máis tempadas leva clasificado no ordenador (1973-1996).
  • Con Roger Federer e Pete Sampras (5) ten o récord de títulos do Aberto dos Estados Unidos.
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads