Teo Abad

fotógrafo e realizador de cine galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Teo Abad
Remove ads

Manuel Abad Abad, coñecido artisticamente como Teo Abad, nado na Coruña o 15 de setembro de 1953, é un director, realizador e fotógrafo galego de cine e televisión.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Nos anos 70 formou parte dos grupos pioneiros do cine galego contemporáneo a través do equipo “Imaxe” en formatos Super 8 e 16 mm. Máis tarde participou na fundación da produtora audiovisual galega Espello Video Cine e, como fotógrafo, en grupos experimentais como "A Carón". Foi correspondente gráfico da primeira revista xornalística en galego, Teima, e seleccionado para o primeiro Anuario Fotográfico Español, editado pola mítica revista Nueva Lente.

Na década dos noventa formou parte da nova xeración de videocreadores, sendo seleccionada polo Museo Raíña Sofía para a primeira antoloxía de videocreación en España, "La imagen sublime" (1987),[2] e Españoles visionarios (1993).[3] Ten obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporánea ("Prólogo").

Foi socio fundador tamén das compañías audiovisuais "Triax", "Zenit" (con Gestmusic Endemol) e "Formatting", ademais de creador de formatos para varias produtoras como "Comunicasom" (Lisboa), Video Voice, CTV, Pequeno hotel, Faro TV, Artiket, Pórtico de Pórtico de Comunicaciones... Tamén formou parte da primeira promoción que puxo en marcha a Televisión de Galicia, onde foi Xefe de Realización.

Remove ads

Obras

  • Contraaluz (2017), Documental de Formateo S.L[4]
  • Verbenalia (2016), Musical, de Tex 45
  • A busca da mirada (2014), Documental da Academia Galega do Audiovisual[5]
  • Galicia 112. Magazine. Pórtico de Comunicaciones
  • Sexo, entre o ceo e a terra (2010), Documental de Formateo S.L. e Faro T.V[6]
  • Flores Tristes (2008), Documental, de Formateo S.L., Portico de Comunicación Tac Producciones.[7]
  • Son de estrelas (2007) Musical, Voz Audiovisual
  • Amalia, última noticia (2006), Documental, de T.V.G.
  • Xacobeo (2004 e 1999). Espectáculos. Xunta de Galicia
  • Con perdón (2003). Entretemento. Comunicasom (Lisboa)
  • Xacobeo (1999). Espectáculos. TVG.
  • A vida aberta (1998). Docushoap. con Zenit Multimedia
  • A rosalia. Documental (1997)
  • Estrelas, o programa. Concurso (1995)
  • Lendas do mar. Documental (1993) TVG
  • Luar (1992) Musical. TVG[8]
  • Mar a Mar (1991) Musical. Televisión Española, Radio Television Portuguesa, Televisión de Galicia, Canal Sur, Euskal Telebista, TeleMadrid
  • Televisión Pirata Experimental (1990)
  • A Fala (1990) Especial Musical. TVG
  • Corazonada (1989) Magazine.
  • A mellor TV do mundo (1989) TVG[9].
Remove ads

Ficción

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads