fotógrafo e realizador de cine galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Abad Abad, coñecido artisticamente como Teo Abad, nado na Coruña o 15 de setembro de 1953, é un director, realizador e fotógrafo galego de cine e televisión.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Manuel Abad Abad 15 de setembro de 1953 (70 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | director e realizador |
Período de actividade | 1984 - |
Lingua | Lingua castelá |
Páxina web | manuelabad.com |
Nos anos 70 formou parte dos grupos pioneiros do cine galego contemporáneo a través do equipo “Imaxe” en formatos Super 8 e 16 mm. Máis tarde participou na fundación da produtora audiovisual galega Espello Video Cine e, como fotógrafo, en grupos experimentais como "A Carón". Foi correspondente gráfico da primeira revista xornalística en galego, Teima, e seleccionado para o primeiro Anuario Fotográfico Español, editado pola mítica revista Nueva Lente.
Na década dos noventa formou parte da nova xeración de videocreadores, sendo seleccionada polo Museo de Arte Raíña Sofía para a primeira antoloxía de videocreación en España, "La imagen sublime" (1987), e despois (1993) para os seus "Españoles visionarios". Ten obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporánea ("Prólogo").
Foi socio fundador tamén das compañías audiovisuais "Triax", "Zenit" (con Gestmusic Endemol) e "Formatting", ademais de creador de formatos para varias produtoras como "Comunicasom" (Lisboa), Video Voice, CTV, Pequeno hotel, Faro TV, Artiket, Pórtico de Pórtico de Comunicaciones... Tamén formou parte da primeira promoción que puxo en marcha a Televisión de Galicia, onde foi Xefe de Realización.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.