María Vázquez
actriz galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
María Rodríguez Vázquez, coñecida como María Vázquez, nada en Vigo o 19 de marzo de 1979, é unha actriz galega.
Remove ads
Traxectoria
Aínda que nada en Vigo, a súa vida está moi ligada á Barrela, a terra da súa nai e avós maternos e a Ourense, onde pasou a súa adolescencia, e tamén a Belesar (Chantada). María Vázquez ten participado en películas e series de televisión, tanto con intervencións como con varios personaxes fixos. Estudou ballet e na escola de arte dramática Juan Carlos Corazza en Madrid.[1]
Comezou a súa carreira profesional a finais dos anos 90, cunha participación secundaria en varios episodios de Al salir de clase. Desde entón desenvolveu un intenso traballo actoral en España, e con moita vinculación a Galicia. Ten aparecido en longametraxes cinematográficas de proxección, ás ordes de directores tan coñecidos como Montxo Armendáriz ou Icíar Bollaín. Outro ámbito no que ten desenvolvido interpretación é a pequena pantalla, con papeis en series de TVE 1, Antena 3, Telecinco e da TVG.
En 2024 foi pregoeira da Festa do queixo de Arzúa e da Feira da carne ó caldeiro de Castro.
Remove ads
Vida persoal
É irmá da guionista Tatiana Rodríguez e está casada co actor Víctor Duplá dende 2006.[2]
Filmografía
Cinema
- San Bernardo (2000), de Joan Potau. Como Recepcionista.
- Silencio roto (2001), de Montxo Armendáriz. Como Sole.
- Deseo (2002), de Gerardo Vera. Como Raquel.
- O ano da carracha (2004), de Jorge Coira. Como Patricia.
- A golpes (2005), de Juan Antonio Córdoba. Como Vicky.
- La noche del hermano (2005), de Santiago García de Leániz. Como María.
- La dama boba (2006), de Manuel Iborra. Como Clara.
- Mataharis (2007), de Icíar Bollaín. Como Inés.
- A mariñeira (2008), de Antón Dobao. Como Patrocinio.
- O club da calceta (2009), de Antón Dobao.
- 18 comidas (2010), de Jorge Coira.
- Lapsus (2010), de Oriol Paulo.
- Outro máis (2011), de Ricardo Llovo.
- A praia dos afogados (2014), de Gerardo Herrero.
- María (e os demais) (2016),[3] de Nely Reguera.
- Trote (2018). Protagonista, como Carme. De Xacio Baño.
- Quen a ferro mata (2019),[4] de Paco Plaza.
- Cuñados (2021), longametraxe de Toño López.
- Matria (2023)[5]
- Sobre todo de noche (2023), de Víctor Iriarte[6]
- +Cuñados (2024), longametraxe de Luis Avilés.
Curtametraxes
- Postales de la India (2000), de Juanjo Díaz Polo. Como Gloria.
Televisión
Personaxes fixos
- Raquel busca su sitio (2000). Como Rosa. La Primera de TVE.
- Fíos (2001). TVG.
- La vida de Rita (2003). Como Berta. La Primera de TVE.
- Al filo de la ley (2004). Como Olga. La Primera de TVE.
- Hospital Central (2008). Como Trini. Telecinco.
- Padre Casares (2008-2009). Como Iria. TVG.
- La fuga (2012). Como Jota. Telecinco.
- Códice (2014). Como Marina Velasco, inspectora do caso do roubo. TVG.
- Hospital Real (2015).[7]
- Fariña (2018), Antena 3.
- Néboa (2020). Como Rosa. La Primera de TVE.
Personaxes episódicos
- Al salir de clase (1998). Varios capítulos. Telecinco. Como Cristina.[8]
- Compañeros (2000). Como Alba (2 episodios). Antena 3.
- Hospital Central (2008). Como Trini (11 episodios) Telecinco
- El incidente (2017). La Sexta.
- Vivir sin permiso (2018). Telecinco.
Teatro
- Historias mínimas (2012), dirixida por Víctor Duplá.[9]
- Animal (2013), dirixida por Rubén Ochandiano.[10]
- La evolución (2014), dirixida por Rubén Ochandiano.
- Femenino singular (2014), dirixida por Emilio del Valle.[11]
- Sueño (2016), dirixida por Andrés Lima.[12]
- A leituga (2019), dirixida por Víctor Duplá.[13]
- Fariña (2019), dirixida por Tito Asorey.[14]
Galardóns e nomeamentos
Premios Goya
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos[15]
- Premio Ojo Crítico de Cine de RNE
Premios Mestre Mateo
- Premio Cineuropa 2019.[16]
- Mellor actriz Festival de Cinema de Málaga 2023 pola longametraxe Matria.[17]
- Golden Space Needle Awards 2023 do Festival de Cine de Seattle]]: premio especial do xurado na categoría iberoamericana pola súa interpretación en Matria .[18]
- 2023: Premio Mulleres no Foco 2023 da Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres CIMA. Polo "rostro familiar" que transmite nos seus traballos converténdose nun referente que visibiliza a muller no audiovisual.[19]
- 2024: O Festival de Cans, na súa XXI edición, acordou concederlle o seu Premio Pedigree de Honor.[20]
- 2024: Premio Cinema Galego do FIC de Bueu.[21]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads