É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Colaborou en diversas publicacións como A Caramuxa, Citania, Dorna ou Nova Ólisbos, e en diferentes proxectos de creación na rede, así como na revista Grial, no Cartafol de Libros de Vieiros, na revista galega de música Sonotone e na editorial independente Estaleiro Editora.
Na Libraría Paz de Pontevedra o 5 de maio de 2022Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966) (2020). Xerais. 352 páxs. ISBN 978-84-9121-634-6.[2]