Operación Triunfo 2017 é a novena edición do programa de televisión musical Operación Triunfo en España, a cal volve emitirse na 1 tras 16 anos dende a súa primeira emisión. O programa estreouse líder de audiencia, conseguindo un 19% de cota de pantalla en horario de máxima audiencia. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia. O seu récord de tempada produciuse na décima gala, anotando un 19,5% de cota con máis de 2,6 millóns de espectadores.
Tras varios rumores e despois do éxito obtido por OT: O Reencontro, o 26 de abril de 2017, e tras 13 anos da súa última emisión na 1 de TVE, a súa directora de contidos confirmou que o programa regresaría, cunha novena edición que contará con catorce galas, unha por semana. Incluíndo os castings e un resumo de 25 minutos das actividades na academia.
Poderase votar de balde a través da app, votos que se sumarán aos tradicionais feitos co teléfono.
Remove ads
Instalacións
Os estudos do Parque Audiovisual de Cataluña, situados en Terrasa, acolleron tanto o estudio de gravación como a academia. As instalacións, que ocupaban 2 200 metros cadrados, contaban cun edificio de tres plantas e un estudio de gravación de grandes dimensións.
O equipo
O 30 de agosto de 2017 anunciouse que Roberto Leal sería o encargado de conducir a nova edición de Operación Triunfo.
O claustro da academia está formado por:
Noemí Galera, directora da academia, presentadora de "El chat".
Manu Guix, director musical.
Vicky Gómez, coreógrafa.
Mamen Márquez, directora vocal e profesora de Técnica vocal.
Javier Calvo e Javier Ambrossi, profesores de Interpretación.
Joan Carles Capdevila, coach vocal e responsable do repertorio musical.
Laura Andrés, coach vocal.
Ana Amengual, profesora de Dietética.
Andrea Vilallonga, profesora de Imaxe e protocolo.
Chris Nash, profesor de Inglés.
Cristina Burgos, profesora de Hip/Hop.
Guille Milkyway, profesor de Cultura musical.
Magali Dalix, profesora de Fitness.
Pol Chamorro, profesor de Bailes de salón.
Sheila Ortega, profesora de Danzas urbanas.
Xuan Lan, profesora de Ioga.
Mónica Touron, profesora de medios de comunicación.
Nesta edición decidiuse que existisen tres xurados fixos e un cuarto xurado invitado por gala.
Manuel Martos: Produtor executivo de Universal Music.
Joe Pérez-Orive: Director de mercadotecnia de Live Nation.
Emisión
As galas emitíanse na primeira cadea da Televisión Española, é dicir, La 1, mais tamén na TVE Internacional asemade, ás 22:35 da noite dos luns. As galas volvían a ser emitidas nos sábados das súas respectivas semanas, ás 10:30 en La 1 e ás 22:55 en Clan.
Ao rematar cada gala, comezaba, nas canles La 1 e TVE Internacional, «El Chat de OT» ás 01:30 da mañá.
Nesta edición engadiuse, na canle oficial de Operación Triunfo en YouTube e na plataforma de pago Sky España, a novidade do 24h. Grazas a isto, os espectadores podían ver o que ocorría dentro da academia dende as 08:30 da mañá ata as 23:00 da noite.
Remove ads
Concursantes
Cepeda
Cepeda foi o oitavo expulsado da edición despois da súa actuación na que interpretou «Say You Won't Let Go», de James Arthur. Ao final da Gala 9, o público decidiu, cun 73% dos votos, que Cepeda debía abandonar a academia.
O primeiro sinxelo de Cepeda, titulado «Esta vez», publicouse o 1 de xuño e debutou no número 1 na lista oficial de vendas española, sendo desta maneira o primeiro concursante masculino en conseguilo.
Raoul
Raoul foi o sétimo expulsado da edición trala súa actuación na que interpretou «Every Breath You Take», de The Police. Ao final da Gala 8, o público decidiu, cun 54% dos votos, que Raoul debía abandonar a academia.
O 19 de xuño do 2019, publicou o seu primeiro sinxelo en solitario, chamado «Estaré ahí». A canción trátase dunha balada baseada en experiencias persoais do artista. O videoclip acadou máis de 200 000 visualizacións en YouTube ao longo do primeiro día do lanzamento e o sinxelo chegou a estar no posto 1 en todas as plataformas de venda dixitais.
Mireya Bravo
Mireya Bravo foi a sexta expulsada da edición logo da súa actuación na que interpretou «Ni un paso atrás», de Malú. Ao final da Gala 7, o público decidiu, cun 53% dos votos, que Mireya debía abandonar a academia.
O 22 de xuño do 2018, Mireya publicou «Tu Reflejo», o seu álbum debut. Ese mesmo día tamén lanzou o seu primeiro sinxelo, chamado «Corazón vendío», que está incluído no disco. «Tu reflejo» debutou na posición número 2 das listas de vendas de álbums españois.
Ricky Merino
Ricky Merino foi o quinto expulsado da edición despois da súa actuación na que interpretou «Let Me Entertain You», de Robbie Williams. Ao final da Gala 6, o público decidiu, cun 53% dos votos, que Ricky debía abandonar a academia.
O 26 de novembro do 2018, Ricky estreou o seu primeiro sinxelo «Miénteme», adaptación ao castelán de «Lie To Me», tema que compuxo antes de entrar no concurso. O sinxelo debutou no número 1 das listas de vendas das plataformas dixitais en España. O videoclip da canción, porén, foi censurado en YouTube aos tres días do lanzamento polo seu contido sexual, séndolle aplicado unha restrición de idade por parte de dita plataforma.[1]
Marina
Marina foi a cuarta expulsada da edición trala súa actuación na que interpretou «The Voice Within», de Christina Aguilera. Ao final da Gala 5, o público decidiu, cun 63% dos votos, que Marina debía abandonar a academia.
O 21 de setembro do 2018, baixo o nome de Marina Jade, lanzou o seu primeiro sinxelo titulado «Drinking Like I'm Sober», composto por Ruth Lorenzo.[2] Marina foi a primeira dos concursantes en sacar unha canción en inglés, que debutou na posición 99 de cancións máis vendidas en España e acadou máis de 450 000 visualizacións en menos de 48 horas na plataforma de YouTube.
Thalía Garrido
Thalía Garrido foi a terceira expulsada da edición logo da súa actuación na que interpretou «Cenizas», de Malú. Ao final da Gala 4, o público decidiu, cun 69% dos votos, que Thalía debía abandonar a academia.
En outubro de 2018, cando se estaba por cumprir o aniversario da súa saída do concurso, Thalía era unha das poucas concursantes da edición que aínda non publicara o seu primeiro traballo. Xusto no momento no que a artista proxectaba sacar o seu primeiro sinxelo, as súas redes sufriron o ataque dun hacker turco que, amais de xerar moitas bromas e memes, estivo a punto de rematar coa paciencia da cantante.
Finalmente, Thalía recuperou as súas contas e puido anunciar o seu primeiro sinxelo, «Quien Quiero Ser», que debutaría no mercado musical o 23 de novembro do 2018.
Juan Antonio
Juan Antonio foi o segundo expulsado da edición despois da súa actuación na que interpretou «A puro dolor», de Son By Four. Ao final da Gala 3, o público decidiu, cun 91% dos votos, que Juan Antonio debía abandonar a academia.
O 7 de setembro do 2018, Juan Antonio publicou o seu primeiro sinxelo chamado «No te echo de menos», que se situou no número 1 de iTunes e conseguiu obter máis de 800 000 visualizacións en YouTube en menos dun mes.
Mimi
Mimi, agora máis coñecida como Lola Índigo, foi a primeira expulsada da edición, logo da súa actuación na que interpretou «A-Yo», de Lady Gaga. Ao final da Gala 2, o público decidiu, cun 53% dos votos, que Mimi debía abandonar a academia.
O 20 de xullo do 2018, xa baixo o pseudónimo de Lola Índigo, lanzou o seu primeiro sinxelo «Ya no quiero ná», o cal debutou no número 3 na lista oficial de vendas española, conseguindo vender máis de 80 000 copias e sendo certificado como dobre Disco de Platino. Amais, o videoclip acadou o millón de visualizacións en 24 horas.
Remove ads
Estatísticas semanais
Favorito da semana
Durante a semana o público podía votar ao seu concursante favorito a través da aplicación oficial. A persoa que era pregoada «favorito/a da semana» tiña o privilexio de librarse do xuízo do xurado, é dicir, asegurábase a súa estadía na academia polo menos dúas semanas máis.
Os concursantes nomeados non podían ser candidatos a «favorito/a da semana», xa que só se enfrontaban á votación de expulsión.
Após o xuízo do xurado, os concursantes decidían, a través dunha votación, que compañeiro/a desexaban salvar do nomeamento.
Máis información Gala 1, Gala 2 ...
Gala 1
Gala 2
Gala 3
Gala 4
Gala 5
Gala 6
Gala 7
Gala 8
Gala 9
Gala 10
Votos totais recibidos
Amaia
Roi
Ana G.
Cepeda
Mireya
Miriam
Cepeda
Ana G.
Alfred
Alfred
Aitana
-
Aitana
Mimi
Juan A.
Cepeda
Ricky
Cepeda
Cepeda
Cepeda
Cepeda
Alfred
Nomeada
2
Miriam
Roi
Juan A.
Marina
Mireya
Nomeada
Nomeada
Raoul
Alfred
Agoney
Roi
9
Alfred
Roi
Ana G.
Marina
Ricky
Ricky
Miriam
Ana G.
Nomeado
Nomeado
Ana G.
8
Ana Guerra
Mimi
Nomeada
Cepeda
Ricky
Cepeda
Mireya
Nomeada
Roi
Alfred
Nomeada
11
Agoney
Ricky
Ana G.
Marina
Ricky
Miriam
Miriam
Raoul
Alfred
Nomeado
Aitana
1
Roi
Nomeado
Nomeado
Cepeda
Ricky
Cepeda
Cepeda
Ana G.
Nomeado
Alfred
Nomeado
9
Nerea
Ricky
Ana G.
Thalía
Ricky
Miriam
Miriam
Raoul
Alfred
Nomeada
Expulsada
0
Cepeda
Roi
Juan A.
Nomeado
Ricky
Nomeado
Nomeado
Nomeado
Nomeado
Expulsado
12
Raoul
Roi
Juan A.
Marina
Mireya
Miriam
Miriam
Nomeado
Expulsado
3
Mireya
Mimi
Juan A.
Marina
Nomeada
Miriam
Nomeada
Expulsada
4
Ricky
Nomeado
Ana G.
Marina
Nomeado
Nomeado
Expulsado
9
Marina
Mimi
Ana G.
Nomeada
Nomeada
Expulsada
6
Thalía
Roi
Ana G.
Nomeada
Expulsada
1
Juan Antonio
Roi
Nomeado
Expulsado
5
Mimi
Nomeada
Expulsada
4
Pechar
Concursante nomeado/a, salvado/a polo voto dos seus compañeiros.
Concursante nomeado/a, falto/a do voto de salvamento dos seus profesores e compañeiros.
Concursante expulsado/a.
Expulsións
O público votaba para salvar ao seu concursante favorito, polo tanto, o/a expulsado/a era o/a concursante coa porcentaxe de votos máis baixa:
Algúns dos concursantes de OT 2017 na gala dos Premios Forqué 2018.Gala 0: Mimi (45%) / João (39%) / Mario (16%).
Gala 2: Ricky (53%) / Mimi (47%).
Gala 3: Roi (91%) / Juan Antonio (9%).
Gala 4: Cepeda (69%) / Thalía (31%).
Gala 5: Mireya (63%) / Marina (37%).
Gala 6: Cepeda (53%) / Ricky (47%).
Gala 7: Cepeda (53%) / Mireya (47%).
Gala 8: Cepeda (54%) / Raoul (46%).
Gala 9: Roi (73%) / Cepeda (27%).
Gala 10: Agoney (53%) / Nerea (47%).
Gala 11: Ana Guerra (51%) / Roi (49%).
Gala 12: Ana Guerra (50,3%) / Agoney (49,7%).
Puntuacións do xurado na Gala 11
Máis información Concursante, Xurado ...
Concursante
Xurado
Total
Media
Manuel Martos
Mónica Naranjo
Joe Pérez-Orive
Julia Gómez
Agoney
8,0
9,0
7,0
9,0
33
8,25
Aitana
9,0
8,0
8,0
9,0
34
8,5
Alfred
9,0
8,0
10,0
8,0
35
8,75
Amaia
10,0
10,0
10,0
10,0
40
10
Ana Guerra
8,0
7,0
8,0
6,0
29
7,25
Miriam
8,0
9,0
10,0
9,0
36
9
Pechar
Remove ads
Galas
Operación Triunfo 2017 contou con catorce galas normais e tres galas especiais. Logo de anunciar, en cada gala, o nome do concursante expulsado, sinalábanse aos tres concursantes con máis votos durante esa semana, e o que posuíse o maior número era pregoado favorito. Este era sempre o primeiro en cruzar a pasarela e non podía ser nomeado. Ao final da noite, dous novos concursantes eran propostos para abandonar a academia.
Gala 0 - Luns, 23 de outubro do 2017
Artistas convidadas: Mónica Naranjo («Sólo se vive una vez») e Rosa López («Ahora sé quién soy»).