Trofeo Pichichi

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Trofeo Pichichi é o premio que outorga cada ano o xornal deportivo español Marca ao máximo goleador da Primeira división da Liga española de fútbol. Por extensión, en España adoita utilizarse de forma xenérica o termo Pichichi para referirse ao máximo goleador de cada torneo futbolítisco.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...

Ao premio chámaselle así como homenaxe ó famoso xogador do Athletic Club de Bilbao Rafael Moreno "Pichichi", que destacou pola súa gran capacidade goleadora ó longo dos anos 1910 e 1920, antes da creación da Liga española de fútbol.

O premio non ten en conta as actas arbitrais. O trofeo correspondente para o gardameta menos goleado é o Trofeo Zamora.

Remove ads

Historia

O 18 de febreiro de 1953, a Delegación Nacional de Deportes, presidida polo xeneral Moscardó, autorizou á Federación Española de Fútbol a instaurar o premio, cuxa creación foi iniciativa dos xornais Marca e do xa desaparecido Arriba. O Trofeo Pichichi entregouse por primeira vez a tempada 1952-53, sendo Telmo Zarra o primeiro gañador.[1]

Con posterioridade, Marca recoñeceu simbolicamente como gañadores do Trofeo Pichichi a todos os futbolistas que foron máximos goleadores da liga antes da tempada 1952-53.[2]

A tempada 2002-03, con motivo do 30º aniversario do trofeo e a 75ª edición da liga española, Marca entregou un premio especial commemorativo, Pichichi de ouro, a Telmo Zarra e Quini,[3] por ser os dous futbolistas españois, vivos, con máis goles na Primeira División.

Na tempada 2005-06 Marca, a imaxe e semellanza do Trofeo Pichichi, creou o Trofeo Zarra para premiar ao máximo goleador español da tempada.

Ata a tempada 2010/11, Telmo Zarra e Hugo Sánchez tiñan a honra de establecer a marca anotadora para gañar o Pichichi, con 38 goles nunha tempada. O español é o segundo que máis veces logrou a distinción, seis, e o mexicano o segundo con máis trofeos consecutivos, catro. Tamén hai que recordar que Telmo conseguiu os seus 38 goles en tan só 30 partidos mentres que Hugo conseguiuno en 38, polo que Telmo era considerado o rei dos "Pichichis".

En 2011, Cristiano Ronaldo bateu a marca dos dous históricos, conseguindo o seu primeiro Pichichi con 41 goles. Con todo, o arxentino Lionel Messi bateu todas as marcas, logrando oito trofeos, cinco deles consecutivos, e marcando ata 50 goles nunha tempada (2011-12).

Remove ads

Historial

Máis información Tempada, Xogador ...
Remove ads

Palmarés

Por xogador

Trofeos Xogador
8 Lionel Messi
6 España Telmo Zarra
5 Alfredo Di Stéfano
España Quini
Hugo Sánchez
4 Hungría Ferenc Puskás
3 España Isidro Lángara
España José Eulogio Gárate
Portugal Cristiano Ronaldo
2 España Guillermo Gorostiza
España Edmundo Suárez 'Mundo'
Galicia Pahiño
Galicia Amancio Amaro
Mario Alberto Kempes
Ronaldo
España Raúl González
Uruguai Diego Forlán
1 España Paco Bienzobas
España Agustín Sauto 'Bata'
España Manuel Olivares
España Víctor Unamuno
España Pruden
España Mariano Martín
España César Rodríguez
España Juan Arza
España Manuel Badenes
España Ricardo Alós
Juan Seminario
Paraguai Cayetano Ré
España Vavá
España Waldo Machado
España Fidel Uriarte
España Luis Aragonés
España Carles Rexach
España Enrique Porta
España Marianín
España Carlos Ruiz Herrero
Austria Hansi Krankl
España Poli Rincón
Uruguai Jorge Da Silva
España Juanito
Baltazar
España Emilio Butragueño
España Manolo Sánchez
Bebeto
Romário
Chile Iván Zamorano
Juan Antonio Pizzi
Italia Christian Vieri
España Salva Ballesta
España Diego Tristán
Países Baixos Roy Makaay
Samuel Eto'o
Países Baixos Ruud Van Nistelrooy
España Dani Güiza
Uruguai Luis Suárez

Por clubs

Trofeos Equipo
27 Real Madrid
19 FC Barcelona
12 Athletic de Bilbao
10 Atlético de Madrid
6 Valencia CF
4 Real Oviedo
3 Sporting de Gijón
Deportivo da Coruña
2 Real Valladolid
1 Real Sociedad
Real Zaragoza
Celta de Vigo
Sevilla FC
Elche CF
Granada CF
Real Betis
CD Tenerife
Racing de Santander
Villarreal CF
RCD Mallorca

Por países

Máis información País, Xogadores ...

Por comunidades autónomas

Máis información Comunidade, Xogadores ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads