Piero Taruffi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Piero Taruffi (nado en Roma, 12 de outubro de 1906 - falecido o 12 de xaneiro de 1988), foi un piloto de carreiras italiano, e tamén o pai da piloto Prisca Taruffi.
Remove ads
Andaina
Taruffi comezou a súa carreira pilotando motocicletas. Gañou o Campionato de Europa de 500cc de 1932 nunha Norton e en 1937 logrou a marca de velocidade en moto a 279´503 quilómetros / h. En 1957 gañou a Mille Miglia, a última edición da famosa carreira italiana. Tras esta tráxica carreira prometeu á súa esposa, Isabella, que non volvería correr de novo. Tiña 50 anos de idade.[1] 14 persoas morreron na carreira das mil millas celebrada o 12 de maio. Alfonso de Portago estrelouse contra unha multitude de espectadores en Guidizzolo cerca de Mantua. Portago morreu xunto ao seu copiloto, Edmund Nelson, un piloto afeccionado e 11 afeccionados ás carreiras.[2]
Remove ads
Fórmula Un
Participou en 18 Grandes Premios do Campionato do Mundo, se estrea o 3 de setembro de 1950. Gañou unha carreira e anotou un total de 41 puntos no campionato. Tamén participou en numerosas carreiras non de campionato de Fórmula Un.
Taruffi pilotaba un Ferrari ná súa vitoria en maio no Gran Premio de Suíza de 1952. liderou desde o principio, co Ferrari de Rudolf Fischer chegando en segundo lugar.[3]
Remove ads
Museo
O museo Piero Taruffi atópase en Bagnoregio, unha pequena cidade entre Viterbo e Orvieto en Italia central. Conta con coches antigos e motos da súa época.
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
- * Indica unidade compartida con Juan Manuel Fangio
- † Indica unidade compartida con Paul Frère
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads