26ª edición dos Óscar

From Wikipedia, the free encyclopedia

26ª edición dos Óscar
Remove ads

A 26ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 25 de marzo de 1954 no RKO Pantages Theatre dos Ánxeles e no NBC Century Theatre de Nova York (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Donald O’Connor nos Ánxeles e Fredric March en Nova York.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Implicados ...

A segunda emisión por televisión da cerimonia tivo unha audiencia estimada de 43 millóns. Shirley Booth, que estaba actuando en Filadelfia, presentou o Óscar ao mellor actor nun corte emitido en directo, e recibiu o nome do gañador mediante unha chamada privada de Donald O'Connor. Gary Cooper gravou a súa presentación do Óscar á mellor actriz nun plató en México, e foi O'Connor quen anunciou a gañadora.

O oito premios de De aquí á eternidade igualaron o récord vixente de Foise co vento. Walt Disney gañou catro Óscars, o récord de premios gañados por unha persoa nun mesmo ano.

O discurso de William Holden foi simplemente "Thank You" ("Grazas"), un dos máis curtos da historia dos premios; a emisión televisiva tiña un tempo moi estrito que forzou a rapidez de Holden. O frustrado Holden pagou persoalmente anuncios en publicacións de Hollywood para agradecer a todos os que quería. Tamén indicou que sentía que Burt Lancaster ou Montgomery Clift deberan gañar o Óscar ao mellor actor en vez del.

Remove ads

Premios

Thumb
Fred Zinnemann, mellor director
Thumb
William Holden, mellor actor
Thumb
Audrey Hepburn, mellor actriz
Thumb
Frank Sinatra, mellor actor secundario
Thumb
Donna Reed, mellor actriz secundaria
Thumb
Charles Brackett, mellor guión orixinal
Thumb
Dalton Trumbo, mellor argumento
Thumb
Walt Disney, mellor curtametraxe animada, curtametraxe documental, curtametraxe de acción en vivo (dous rolos) e longametraxe documental
Thumb
Cedric Gibbons, mellor dirección artística en branco e negro
Thumb
Charles LeMaire, mellor vestiario en cor

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[1]

Máis información Mellor filme, Mellor director ...

Oscar honorífico

  • Pete Smith, "polas súas enxeñosas e mordaces observacións sobre a escena americana na súa serie Pete Smith Specialties"
  • Twentieth Century-Fox Film Corporation, "en recoñecemento pola súa imaxinación, mestría escénica e visión ao introducir o revolucionario proceso coñecido como CinemaScope"
  • Joseph I. Breen, "pola súa xestión concienzuda, aberta e digna do Código de Produción Cinematográfica"
  • Bell and Howell Company, "polos seus logros pioneiros e básicos no avance da industria cinematográfica"

Irving G. Thalberg Memorial Award

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads