Programa ConCiencia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Programa ConCiencia

O programa ConCiencia é unha actividade de divulgación científica nacida en 2006 por iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago.[1]

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Programa ConCiencia
Tipoprograma educativo
Localización
PaísEspaña
[ Wikidata ]
Pechar
Thumb
Jorge Mira, coordinador do programa ConCiencia.

O encargado da súa coordinación é o doutor en física Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, e coñecido divulgador científico na prensa, radio e televisión, que foi o promotor do programa no ano 2005.[2]

Obxectivos

Entre os obxectivos desta iniciativa, cabe destacar:[1]

Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rendibilización da visita destes Premios favorecendo o seu contacto con especialistas locais.

Premio Fonseca

Desde o ano 2008 o programa ConCiencia organiza no seu seo o Premio Fonseca de comunicación da ciencia, que na súa primeira edición recaeu no físico británico Stephen Hawking. Na súa segunda convocatoria (2009), o galardón recaeu no pai da Hipótese Gaia, James Lovelock; na terceira (2010) no naturalista e divulgador Sir David Attenborough, e en 2011 no físico-matemático Roger Penrose.[1]

Personalidades visitantes

Recoñecementos

O programa ConCiencia foi recoñecido coa Mención de Honor do Premio "Ciencia en Acción" en 2010, co XL Premio da Crítica Galicia - modalidade de iniciativas culturais e científicas en 2017[5] e co Premio da Cultura Galega, modalidade Proxección Exterior en 2022.[6] Segundo a organización: "É unha plataforma de lanzamento da imaxe de Galicia cara ao exterior en base ao seu talento".[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.