David Chipperfield

From Wikipedia, the free encyclopedia

David Chipperfield
Remove ads

David Chipperfield, nado en Londres o 18 de decembro de 1953 é un arquitecto británico residente en Corrubedo. En 2023 recibiu o premio Pritzker de arquitectura. En Galiza impulsou a Fundación RIA, centrada nos desafíos urbanísticos e de ordenación do territorio na ría de Arousa, a través da que colabora en diferentes proxectos coa Xunta e co COAG.[1]

Thumb
Museo fluvial e do remo en Henley-on-Thames.
Thumb
Literaturmuseum der Moderne (LiMo) en Marbach am Neckar.
Thumb
Vivendas en Villaverde (2005).

En 2024 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.[2]

Remove ads

Traxectoria

Estudou arquitectura na Architectural Association School of Architecture de Londres, licenciándose en 1977. Entre os anos 1978 e 1984 traballou con arquitectos como Douglas Stephen, Richard Rogers ou Norman Foster, establecendo nese ano o seu propio estudio, David Chipperfield Architects, que ten as súas oficinas principais en Londres, Berlín e Milán e unha oficina de representación en Shanghai.

A súa arquitectura adoita englobarse dentro da corrente estilística coñecida como minimalismo, desenvolvendo o seu labor en edificación e urbanismo, ademais de no deseño de mobles e interiores. Gañou diversos premios, como o "RIBA" (Royal Institute for British Arquitects) en varias ocasións, destacando por museos, galerías de arte, bibliotecas, vivendas privadas, hoteis e oficinas.

En 1999, David Chipperfield foi galardoado coa Medalla de Ouro de Heinrich Tessenow, que foi seguida por unha exposición xunto con Andrés Jaque. O ano seguinte foi un dos arquitectos que representou ao Reino Unido na Bienal de Arquitectura de Venecia. En 2003 foi elixido membro honorario da Academia da Arte e o Deseño de Florencia, e no 2004 foi nomeado Comendador da Orde do Imperio Británico (CBE) polos seus servizos prestados á arquitectura.

Tamén foi profesor de deseño en diferentes escolas de arquitectura do Reino Unido e profesor invitado en universidades europeas e estadounidenses.

Remove ads

Obra

Europa

Xapón

Estados Unidos

  • Figge Art Museum en Davenport, Iowa
  • Biblioteca Pública Central en Des Moines, Iowa
  • Hotel Bryant Park e Lever House, en Nova York
  • Ampliación do Museo de Anchorage en Anchorage, Alasca
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads