Prostanoide
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os prostanoides son un grupo de lípidos que forman unha subclase dentro dos eicosanoides, no cal están incluídas as prostaglandinas (mediadores das reaccións inflamatorias e anafilácticas), as prostaciclinas (mediadores activos na fase de resolución da inflamación), e os tromboxanos (mediadores da vasoconstrición)[1][2]. Derivan de ácidos graxos poliinsaturados de cadea longa como o ácido araquidónico ou o ácido eicosapentaenoico, e conteñen un ou dous ciclos no centro da molécula.
- Artigos principais: Prostaglandina, Prostaciclina e Tromboxano.


Remove ads
Biosíntese

1 Prostaglandina H2; 2 Prostaglandina E2; 3 Prostaglandina F2; 4 Prostaglandina A2; 5 Prostaglandina B2; 6 Prostaglandina D2; 7 Prostaglandina J2; 8 Prostaglandina I2 (prostaciclina); 9 6-ceto-prostaglandina Fα; 10 Tromboxano A2.
Texto = Encimas:
A. Prostaglandina E sintase; B. Prostaglandina E 9-cetorredutase; C. Prostaglandina D sintase; D. Prostaciclina sintase; E. Tromboxano-A sintase.
O encima ciclooxixenase (COX) cataliza a conversión dos ácidos graxos esenciais libres en prostanoides nun proceso en dúas fases. En primeiro lugar, engádense ao ácido graxo dúas moléculas de O2 que forman enlaces peróxido e orixínase un anel de cinco membros na parte central da molécula do ácido graxo. Como consecuencia orixínase unha molécula inestable de vida curta, a primeira co anel característico das prostaglandinas, a prostaglandina G (PGG). Seguidamente, un dos enlaces peróxido perde un dos osíxenos, formando a prostaglandina PGH. A PGH é unha molécula central da ruta de síntese das prostanoides, porque todos os demais prostanoides se van orixinar a partir dela, formándose a PGH1, PGH2, e PGH3, e despois, a partir da PGH2 fórmanse outras prostaglandinas, prostaciclinas e tromboxanos.
A figura mostra como a PGH2 (derivada do ácido araquidónico) se transforma da seguinte maneira:
- Por acción da PGE sintetase orixina PGE, que á súa vez dá lugar á PGF.
- Por acción da PGD sintetase orixina PGD
- Por acción da prostaciclina sintase orixina prostaciclina (PGI2).
- Por acción da tromboxano sintase orixina tromboxanos.
Unha ruta alternativa para orixinar prostanoides é a partir de ácidos omega-3 como o ácido alfa-linolénico, que orixina en varios pasos ácido eicosapentaenoico (EPA), e este dá lugar a prostanoides.
Remove ads
Estrutura
As tres clases de prostanoides distínguense polos aneis situados no centro da súa molécula. As prostaglandinas teñen un anel de 5 membros insaturado. As prostaciclinas teñen dous aneis unidos, ambos os dous con osíxeno. Nos tromboxanos o anel é de 6 membros.
- Prostaglandina E1
- Prostaciclina (PGI2)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads