Pseudopleuronectes americanus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pseudopleuronectes americanus
Remove ads

Pseudopleuronectes americcanus é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das cinco que integran o xénero Pseudopleuronectes,[2] coñecida en galego como solla vermella.[3]

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...

É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de certa importancia comercial, que habita en augas temperadas do Atlántico noroeste, desde as costas do Labrador (Canadá) até as de Xeorxia (Estados Unidos de América).[4] Pode alcanzar até os 64 cm de lonxitude, e até os 3,6 kg de peso,[5] e chegar a vivir 15 anos.[6]

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1492 polo naturalista e taxónomo alemán Johann Julius Walbaum, baixo o nome de Pleuronectes americanus.[1]

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Walbaum, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:[1]

  • Platessa pusilla DeKay, 1842
  • Pleuronectes planus Mitchill, 1814
  • Pseudopleuronectes dignabilis Kendall, 1912

Etimoloxía

O nome do xénero no que actualmente se sitúa esta especie, Pseudopleuronectes, está construído coa forma prefixa do latín científico pseudo-, tirada da do grego antigo ψεῦδο- pseũdo-,[7] derivada de ψευδής, pseudḗs, "falso", e o nome do xénero Pleuronectes. Literalmente: "as falsas sollas", ou "os parecidos ás sollas".

En canto ao nome específico, americanus, fai referencia á súa área de dispersión.

Remove ads

Bioloxía

É un peixe mariño, demersal, oceanódromo,[8] que vive en fondos brandos ou moderadamente pedregosos de entre 5 e 143 m de profundidade,[9] en augas temperadas do litoral do Atlántico norteamericano, entre os 31° N e os 55° N, desde a península do Labrador (Canadá) até as costas de Xeorxia (Estados Unidos de América).[4]

Aliméntase, predominantemente durante o día, de organismos bentónicos, como crustáceos (camaróns, cangrexos, anfípodos), ourizos de mar e caracois.[4]

Remove ads

Pesca

Pseudopleuronectes americanus captúrase na zona de pesca 21 (Atlántico noroeste).[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads