Rally Dakar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Rally Dakar (anteriormente Rally París-Dakar) é unha competición anual de rally raid disputada dende 1978. Celébrase habitualmente durante as dúas primeiras semanas de xaneiro e está considerado o rally máis duro do mundo. Nas primeiras edicións partía de París e remataba na cidade de Dakar (Senegal), pero dende 1995 foi cambiando o seu lugar de inicio por outras cidades europeas, fundamentalmente por motivos publicitarios e/ou políticos, xa que a verdadeira competición non comezaba ata que se entraba no continente africano, e máis tarde variou tamén o punto de chegada. En 2008 non se disputou por falta de seguridade,[1] pasando a disputarse entre 2009 e 2019 na América do Sur (a Arxentina, Chile e o Perú), cun percorrido de máis de 9.000 quilómetros, incluíndo o deserto de Atacama.[2] Dende 2020 dispútase en Arabia Saudita.
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |

A pesar do nome, o Dakar é máis unha carreira de resistencia ca un rally convencional. Os vehículos participantes son completamente todo terreo e o terreo varía considerablemente, atravesando zonas de area, rochas, barro ou vexetación.


A inscrición na proba é aberta, o cal a converte na carreira idónea para amantes da aventura. A participación de competidores afeccionados chega con frecuencia ao 80% dos inscritos.
Remove ads
Historia e trazado

A proba foi fundada en 1979, despois de que o piloto Thierry Sabine se perdese no deserto e considerase a súa experiencia digna de ser reproducida nun rally. O que empezou como unha aventura en estado puro, sen apenas organización, evolucionou ata converterse nun gran despregue tecnolóxico, con máis de mil persoas implicadas entre organización, participantes e asistencia.
O trazado da carreira cambiou ao longo dos anos, tanto o inicio como o final, por mor de diversos motivos. Ata 1994, a carreira foi fiel á rota orixinal, sendo París o inicio e Dakar o final. Precisamente en 1994, a carreira variou e, unha vez en Dakar, regresaba de novo a París. Debido a problemas co alcalde de París, o final tivo que ser cambiado, dos Campos Elisios a Eurodisney. A partir de entón, o lugar de inicio da carreira foi cambiando entre distintas cidades europeas, como Granada, Marsella, Barcelona ou Lisboa e ultimamente a Buenos Aires[3] ou Lima.
A ruta no continente africano tamén se viu modificada en multitude de ocasións por problemas políticos, ás veces derivados de accións de guerrilla ou guerras civís.
Lista dos trazados

- 1979–1988: París – Alxer – Dakar.[4]
- 1989: París – Tunes – Dakar.
- 1990–1991: París – Trípoli – Dakar.
- 1992: París – Cidade do Cabo.
- 1993: París – Dakar.
- 1994: París – Dakar – París.
- 1995–1996: Granada – Dakar.
- 1997: Dakar – Agadez – Dakar.
- 1998: París – Granada – Dakar.
- 1999: Granada – Dakar.
- 2000: Dakar – O Cairo.
- 2001: París – Dakar.
- 2002: Arras – Madrid – Dakar.
- 2003: Marsella – Sharm el Sheikh.
- 2004: Clermont-Ferrand – Dakar.
- 2005: Barcelona – Dakar.
- 2006-2007: Lisboa – Dakar.
- 2008: Non se disputou.[5]
- 2009: Buenos Aires – Valparaíso – Buenos Aires.
- 2010: Buenos Aires - Antofagasta - Buenos Aires.
- 2011: Buenos Aires - Arica - Buenos Aires.
- 2012: Mar del Plata - Copiapó - Lima.
- 2013: Lima - Santiago de Chile.
- 2014: Rosario - Salta - Valparaíso
- 2015: Buenos Aires - Iquique - Buenos Aires
Remove ads
Vehículos e clases
Existen tres categorías principais na competición: motocicletas, coches e camións. Á súa vez cada categoría divídese en subcategorías, segundo sexa o equipo profesional ou privado, e segundo o tipo de vehículo (de serie ou modificado).
Motocicletas
Trátase da categoría máis perigosa das tres, por ser a moto un vehículo que deixa desprotexido ao condutor. Tamén é a categoría máis popular, por ser a máis accesible respecto ao custo para competidores privados. Divídese nas seguintes subcategorías:
- Máis de 450 cm³.
- Maratón: motocicletas de serie.
- Quads.
Coches

Algunhas grandes marcas compiten nesta categoría con fins publicitarios (equipos oficiais) e para probar novas tecnoloxías que despois se aplican aos coches de rúa.
Divídese nas seguintes subcategorías:
- T1: vehículos de serie.
- T2: vehículos de serie modificados.
- T3: prototipos. Esta categoría eliminouse en 2002.
Camións
Considérase a categoría máis espectacular. Non tódolos camións compiten, xa que a maioría só realizan funcións de asistencia. Algúns equipos mesturan as funcións de asistencia coa competición, e uns poucos equipos céntranse exclusivamente na competición. Esta categoría existe como tal dende 1999; nas edicións anteriores, os camións estaban englobados na categoría de coches.
Durante os anos oitenta, competían tamén prototipos de camións, pero prohibiuse a súa participación debido aos graves accidentes que se producían, ao atinxir estes grandes velocidades.
Remove ads
Gañadores do Dakar


Meirande número de vitorias
Os que obtiveron meirande número de vitorias. Resaltados os que gañaron en máis dunha categoría.
Actualizado a 1 de xaneiro de 2014.
Remove ads
Galegos no Dakar

Galegos que participaron no Dakar.
- Agustín Fernández. Moto (1987-1994).
- Eugenio Cividanes. Moto (1994).
- Fran Gómez Pallas. Moto (2000, 2003, 2005-2009, 2017).[13][14][15][16][17][18]
- Xacob Agra. Moto (2006)
- Antonio Montero. Camión (2006).
- José López Rivas. Coche (2007-2010, 2012, 2013)[19][20][21][22][23]
- Pablo Malvar. Copiloto de coche (2007).[24]
- Diego Vallejo. Copiloto de coche (2013, 2015-2020).
- Pedro Burgo. Coche (2020).
- Marcos Burgo. Coche (2020).
- Eduardo Iglesias. Moto (2020, 2021, 2022, 2023, 2024, 2025).
- Santiago Prado. Vehículo lixeiro (2021).
- Álvaro Rodríguez Sans Moya. Copiloto de vehículo lixeiro (2021).
- Ricardo Ramilo (2021).
Remove ads
Controversia
Científicos denunciaron os danos que o rally provoca ao patrimonio arqueolóxico.[25]
Mortes no Dakar


Varios participantes morreron durante a disputa dalgunha das edicións:
- 1979: Patrick Dodin, motorista, por mor dunha caída.
- 1982: Bert Oosterhuis, motorista, por mor dunha caída.
- 1983: Jean Noël Pineau, motorista, por mor dun atropelo.
- 1986: Yasuo Kaneko, motorista, nun accidente.
- 1988:[26]
- Kees Van Loevezijn, copiloto de camión, nun accidente.
- Patrick Canado, copiloto, nun accidente.
- 1991: Charles Cabanne, condutor de camión, por un disparo.
- 1992:
- Jean Marie Sounillac e Laurent Lle Bourgeois, piloto e copiloto de camión, nun accidente.
- Gilles Lalay, motorista, por unha caída.
- 1994: Michel Sansen, motorista, por unha caída.
- 1996: Laurent Gueguen, condutor de camión, por unha explosión.
- 1997: Jean Pierre Leduc, motorista, por unha caída.
- 2003: Bruno Cauvy, copiloto de coche, nun accidente.
- 2005:
- José Manuel Pérez, motorista, por unha caída.
- Fabrizio Meoni, motorista, por unha caída.
- 2006: Andy Caldecott, motorista, por unha caída.[27]
- 2007:
- 2009: Pascal Terry, motorista, por edema pulmoar.[30]
- 2012: Jorge Martínez Boero, motorista.
- 2013: Thomas Bourgin, motorista.
- 2014: Eric Palante, motorista belga.[31]
- 2015: Michal Hernik, motorista polaco.[32]
- 2020:
- Paulo Gonçalves, motorista portugués, por unha caída.
- Edwin Straver, motorista neerlandés, por unha caída.
- 2021: Pierre Cherpin, motorista francés, por unha caída.[33]
O número de falecidos elévase por enriba da media centena se se engaden as mortes doutras persoas, dende nenos e mulleres de localidades africanas, a mecánicos ou xornalistas que cubrían o evento.
Thierry Sabine, fundador da proba, faleceu en 1986 durante a disputa do rally, ao estrelarse o helicóptero en que viaxaba, xunto a outros catro pasaxeiros.
Remove ads
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads