Roblox

videoxogo de 2006 From Wikipedia, the free encyclopedia

Roblox (/ˈroʊblɒks/)[n. 1] é unha plataforma de videoxogos en liña multiplataforma fundada por David Baszucki e Erik Cassel onde os usuarios poden crear, compartir e xogar a mundos virtuais denominados 'experiencias'.

Datos rápidos Tipo, Xénero artístico ...
Roblox
Thumb
Tipovideoxogo, disciplina de deporte electrónico e plataforma de distribución de videoxogos
Xénero artísticoMMORPG e videoxogo multixogador masivo en liña
Publicación
Data publicación
  • 1 de setembro de 2006
País orixeEstados Unidos de América
EditorialRoblox Corporation
Distribuidor/aMicrosoft Store, App Store, Google Play e Amazon Appstore
Formato de distribucióndescarga dixital
Videoxogo
DesenvolvedorRoblox Corporation
Sistema operativoAndroid, iOS, Microsoft Windows, macOS e Windows 10 Mobile
PlataformaMicrosoft Windows, macOS, Xbox One, Android, iOS e Windows 10 Mobile
Modo de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Clasificación PEGI 6 e Parental Guidance Recommended
CERO
USK
Contacto
Páxina WEBroblox.com
Redes
[ Wikidata ]
Pechar

Estas 'experiencias' están creadas no motor de videoxogos Roblox Studio, desenvolvido por a compañía matriz de Roblox, Roblox Corporation, e que non vén incluído xunto con Roblox porque é un programa independente.

Polo tanto, pódese denominar como Roblox tanto o programa que executa os videoxogos creados no motor Roblox Studio, tanto como á plataforma de videoxogos Roblox (que sería o ecosistema do programa Roblox, o motor Roblox Studio e a súa páxina web).

Historia

Contexto previo

Artigo principal: Knowledge Revolution.

Previo á creación de Roblox Corporation e Roblox, David Baszucki fundou en 1989 a compañía Knowledge Revolution, que se centrou en crear software para ensinar física e mecánicas de simulación.

Esa compañía creou un simulador de físicas xerais en 2D chamado Interactive Physics, outro en 3D chamado Working Model e finalmente un simulador de físicas 2D para videoxogos chamado Incredible Machine.

David dixo anos despois que a idea de Roblox veu precisamente deste último simulador, ao ver como unhas bólas en movemento facían tan divertido aquel simulador.

Durante o seu tempo coma presidente da compañía, uniuse á compañía Erik Cassel, que máis tarde se convertirá no cofundador de Roblox.[2]

Finalmente, a compañía sería adquirida por MSC Software Corporation e David sería o vicepresidente ata o 2004, cando se foi con Erik Cassel para fundar a compañía Roblox Corporation en 2004.[3]

Desenvolvemento e lanzamento

Durante os primeiros anos de desenvolvemento Roblox pasou por varios cambios de nomes. Durante a alpha tivo o nome de GoBlocks e cando saíu ao público na súa beta cerrada cambiou o nome a Dynablocks.beta.[4] Finalmente, en 2005, obtivo o nome de Roblox —un acrónimo das palabras «Robot» e «Bloques» (Robot e Blocks)—.[5]

Nestes dous anos de desenvolvemento houbo moitos cambios, malia a gran maioría foron para mellorar á calidade do usuario, a interface e o rendemento da plataforma.

Entre estes, o máis destacable é que, en realidade, a moeda orixinal pensada para Roblox foron os 'Roblox Points' (abreviados 'RP') que se podían obter creando un xogo popular, por obter unha gran puntuación nun minixogo ou por gañar un concurso. Estes foron finalmente eliminados en 2007 coa adición dos Robux.[6]

Finalmente, Roblox foi lanzado oficialmente en setembro de 2006.[7]

Primeiros anos

En marzo de 2007 Roblox comezou a cumprir coa lei COPPA, engadindo un chat seguro e que limita aos usuarios menores de 13 anos de certas funcións.[8]

Pouco máis tarde en agosto engadiuse a membresía Builders Club (BC), aínda que máis tarde sería substituído polo Premium.[9][10][11].

En decembro de 2011 tería lugar a primeira Hack Week, que foi un dos primeiros eventos da plataforma na que reuniu aos desenvolvedores dos xogos para que traballen en ideas innovadoras para incluílas na plataforma.[12]

Época antiga

O 1 de abril de 2012 a plataforma foi hackeada masivamente e posteriormente parou o servizo durante varias horas.[13] En decembro do mesmo ano lanzaríase a primeira versión para iOS da plataforma.[14]

O ano seguinte, en outubro de 2013, saíu á luz o programa Developer Exchange (en adelante DevEx), que permitiu aos desenvolvedores comezar a intercambiar os Robux que obteñan por facer xogos, roupa e doutras fontes por dólares estadounidenses.[15]

Pouco despois, o 15 de xullo de 2014, sacaron unha versión da plataforma para Android[16] e ao ano seguinte, o 27 de xaneiro de 2016, lanzaríase a versión para Xbox One, cunha selección inicial de só 15 xogos,[17] que debían pasar por un proceso de aprobación suxeitos aos estándares da Entertainment Software Rating Board.[18]

Despois diso, en abril do mesmo ano, lanzaríase Roblox VR para as Oculus Rift.[19][20]

Para rematar o ano, en xuño a compañía lanzou unha versión compatible con Windows 10 (na Microsoft Store)[21] e o 10 de diecembro de 2016 cambiaron o seu logotipo a un máis parecido ao actual.[22]

En xaneiro de 2017 comezaría a vender xoguetes dos xogos creados polos desenvolvedores e que comezarían a estar dispoñibles nas tendas ao mes seguinte.[23]

Popularización

O samáin de 2021 a plataforma estivo sen servizo do 29 ao 31 dese mes, pasando a ser así a peor caída da plataforma na súa historia.[24] Tempo despois, no 2022, mediante un anuncio no seu blog anunciaron as razóns que levaron a esta caída: habilitar unha nova característica de streaming con Consul que levou a problemas de estabilidade, que derivaron a que se descubra unha falla na base de datos de Consul, BoltDB.

En marzo do 2022 a plataforma foi demandada por empresas discográficas debido ao copyright dos audios e música subidos polos usuarios que provocou que agora só se poidan usar audios e música creados por ti mesmo.[25]

En setembro do mesmo ano, na Roblox Developers Conference (RDC), a plataforma introduciu un sistema de cualificación de idade para os seus xogos. Posteriormente, en xuño do ano seguinte, anunciouse a cualificación de xogos +17, nos que sería permitido contido máis adulto, como contido relacionado con apostas, alcohol e citas en liña,[26][27] e na que anunciaron a chegada da plataforma ás consolas de PlayStation 4 e PlayStation 5 para o 10 de outubro do mesmo ano.

Características

Xogabilidade

En Roblox os xogadores exploran mundos tridimensionais creados por desenvolvedores de xogos. Nestes xogos as actividades que podes facer son diversas; Roblox non é un xogo, é unha plataforma parecida a servizos de distribución de xogos coma Steam, polo que as actividades que se poden facer nestes xogos son diversas: explorar os mundos, recolectar recursos, falar con outros xogadores ou pelear contra eles...

O único que é independente dos xogos é o 'personaxe ' que leves (comunmente chamado avatar) no que podes personalizarlle as animacións que ten, a roupa que leva, a súa cara, a forma do corpo... Todas estas modificacións do noso personaxe pódense adquirir (de maneira gratuíta ou mediante Robux) na tenda de vestimentas.[28]

Interacción social

A interacción social en Roblox é moi importante. Aínda que existen xogos singleplayer (dun xogador), a gran maioría destes xogos son de calquera xénero existente (de disparos en primeira persoa (FPS), de construción, de supervivencia, de rol...) pero multixogador, é dicir, naqueles nos que se require da acción doutros xogadores ademais da túa, ou mesmo naqueles onde hai interacción entre eles (principalmente a través de mensaxes).

Na gran mayoría deles, esta interacción dáse simplemente por texto (por un chat) ou mesmo por voz (aínda que menos frecuente, xa que esta opción está limitada para usuarios que teñan 13 anos ou máis).

Tamén hai outro tipo de interacción que ten bastante relevancia dentro da plataforma, os eventos. Estes son diversos, tratan temas moi diferentes, xogas nunha gran cantidade de xogos diferentes e podes chegar a obter moitas e diferentes recompensas por xogalos. Dentro destes, destacan moito algúns eventos anuais que levan tendo lugar durante moitos anos na plataforma: o Egg Hunt (xa descontinuado), os Bloxy Awards, certos eventos de colaboración con influencers, como o foi o concerto con KSI, Lil Nas X...

Por outra banda, tamén están as interaccións fora dos xogos, como nos grupos, perfiles... Nestes casos os grupos funcionan coma un centro de distribución de mensaxes entre xogadores (parecido aos servidores de Discord) e os perfiles como algo máis persoal; para seguir a xogadores, ou mesmo para ser os seus amigos, tendo un límite máximo de 200.[29][30][31][32]

Eventos

Coma xa mencionaramos, os eventos son unha parte importante da interacción social que carateriza a Roblox. Estes reúnen a moitos xogadores para se xuntar, xogar e/ou competir no evento e interactuar entre eles. Son importantes porque estimulan á comunidade polas características que teñen: xuntan a moitos xogadores, fános xogar, dan publicidade á propia plataforma polas controversias que se xeran arredor de certos eventos...

Por iso, son unha boa forma de manter o crecemento e a actividade dentro de plataforma, e polo tanto, son unha parte fundamental da mesma, grazas á que os xogadores poden obter unhas experiencias de xogo moi divertidas provistas pola propia plataforma e non tan só polos propios xogadores.

Algúns dos máis importantes ao longo dos anos foron: o Egg Hunt, Bloxy Awards, RDC, One World: Together at Home, Lil Nas X Concert Experience, RB Battles...

Egg Hunt

Foi un evento que se levou a cabo durante oito anos seguidos, dende 2012 ata 2020. Foron eventos que consistían na captura de ovos (de aí o nome en inglés), tendo que pasar por gran cantidade de xogos, realizando moitos desafíos nos mesmos, para conseguilos. Despois de facelo, os obtías dentro do inventario do teu avatar, e xa eran teus para sempre.

Bloxy Awards

Son eventos que se realizan cada ano dende o 2013, que pasou por diversos nomes, sendo o máis coñecido este (aínda que na actualidade, a partir de 2022, comezou a se chamar Roblox Innovation Awards. Estes eventos están compostos por diferentes categorías, nas que se dan premios (normalmente en forma de trofeos para o teu avatar) parecidos aos que se dan nos Óscar: premio o mellor xogo do ano, ao mellor youtubeiro... Nestes o público xeral votaba polo candidato que consideraban como o mellor en cada categoría.

One World: Together at Home

Foi un evento en colaboración con 'Xuntos na casa" para promover quedar na casa durante a pandemia da COVID-19 que se fixo dende o 17 de abril ata o 19 de abril de 2020.[33] Contaba cun xogo propio especial e cunha campaña na que se podía comprar no catálogo roupa e accesorios relacionados co evento durante un tempo limitado.[34]

Lil Nas X Concert Experience

Foi unha colaboración entre Roblox e o artista Lil Nas X para promocionar á súa nova canción 'Holiday'. Este evento tivo un impacto significativamente maior aos anteriores pois contou cunha mellora técnica bastante mellor e, en xeral, un mellor deseño da experiencia, malia tivo certos problemas de conectividade polo seu éxito: 33 millóns de participantes.[35][36][37]

Creación dos xogos

A plataforma de Roblox non podería existir sen os xogos que ten e estes sen o motor para facelos Roblox Studio. É por iso que é importante falar un pouco do seu motor.

Roblox Studio é un motor de videoxogos que usa unha linguaxe de programación propia chamada Luau que, en realidade, é unha versión propia de Lua 5.1 que inclúe moitas máis funcións sobre todo orientadas á POB. Ademais, conta cun sistema de modelaxe sinxelo aínda que tamén se poden importar modelos de herramientas externas coma Blender.[38][39][40]

Economía

A economía da plataforma de Roblox pode referirse ou ben aos beneficios que obtén Roblox Corporation e de onde o obtén ou mesmo ao sistema de monetización da plataforma parecido ao de YouTube.

Moeda

A moeda de Roblox son os Robux (tamén abreviados coma R$). É a única moeda que hai actualmente e que nos permiten comprar calquera tipo de cousa coma roupa ou incluso 'pases' (que sería o equivalente aos DLC noutros xogos) e que son independentes de cada xogo de Roblox.[41][42]

Tix

Os Tíckets, chamados comunmente Tix, eran unha moeda antigua da plataforma que existía en simbiose cos Robux. Os obtiñas se te unías a diario a Roblox. Estes estiveron dispoñíbeis ata 2016, e crese que foron eliminados por xente que abusaba do sistema e por non ser sostíbel.[43]

Iconas

A moeda (Robux) pasou por un cambio de deseño en novembro de 2019.[44]

Funcionamento da economía

O funcionamento da economía de Roblox é sinxelo: podes comprar Robux (ou unha membresía mensual) mediante a páxina de compra e gastalo no que queiras: os mencionados pases, roupa, na creación de 'logros' para o teu xogo, para crear grupos ou roupa...[41]

Tamén podes obtelos de maneira gratuíta. Cando compras artigos do catálogo, pases, entre outras cosas, o 30% dos Robux que gastas van de novo ás mans de Roblox mentres que o outro 70% é para o desenvolvedor que fixo roupa no catálogo, pases..., tendo un funcionamento moi parecido ao de Steam. Eses Robux son entón retidos dun a sete días ata que o usuario os recibe na súa conta.

Existe unha tercera forma para gañar Robux que usa un modelo parecido ao da bolsa. No catálogo hai artigos que se poden vender xerando así un sistema de compra-venda que se pode usar para investir: cómprase algo dun valor concreto e trátase de revendelo por un valor maior. Para isto normalmente úsanse artigos 'Limitados' (é dicir, que só están dispoñibles durante certo tempo ou hai un número de existencias limitado). Por todo isto, co pasar do tempo soben o seu prezo converténdose noutra boa opción para gañar Robux.[45]

Developer Exchange

O Developer Exchange ou DevEx é unha empresa emerxente que Roblox usa para pagar con dinero real aos seus desenvolvedores convertendo así o desenvolvemento de xogos na súa plataforma en algo rendible.

Para entrar ao programa necesitas cumprir unha serie de requisitos para entrar malia. O programa funciona coma un conversor de divisas dos teus Robux en dinero real. Para facelo tan só tes que elixir a cantidade de Robux que queres retirar da túa conta e o programa mostra automaticamente canto dinero sería en dólares.[46]

Representación da compañía

Logos

Iconas

Recepción

Roblox recibiu críticas maiormente positivas grazas a súa variedade de xogos que se poden atopar e tamén por permitir que calquera persoa poida participar na creación destes xogos. Common Sense Media deulle unha puntiación de 4/5 estrelas eloxiando esta variedade e a capacidade de fomentar a creatividade dos cativos e a natureza descentralizada da plataforma que facía seguro a calidade dos xogos.

Usuarios activos

Dende outubro de 2019 a plataforma xa rexistraba máis de 5 000 000 de creadores de xogos e máis de 200 millóns de xogadores activos mensuais[47] que xogaron máis de 450 millóns de horas aos xogos da plataforma, pero este crecemento incrementou aínda máis a partir da pandemia da COVID-19 onde Roblox obtivo máis usuarios activos de maneira mensual que Minecraft.[48][49][50][51][52][53]

Actos de caridade

Roblox donou parte das súas vendas a causas benéficas coma para o Terremoto de Haití, o Terremoto de Tohoku, o Tsunami de 2011 e para enfermidades coma a COVID-19, a investigación para encontrar curas para o cancro e a ELA.[54][55][56][57][58]

Críticas de medios de comunicación e da comunidade

Roblox ao longo da súa historia pola adición de novo contido, por certas decisións entre outras cousas estivo envolto en polémicas e críticas por parte da comunidade e, en especial, dos medios de comunicación.

Eliminación de contido.

Durante o tempo de existencia de Roblox a mesma tivo que eliminar moitas cousas nas que algunhas causaron molestia na comunidade. A eliminación das contas de invitados e dos Tix criticáronse moito, pois era considerado que se facía polo ben empresarial de Roblox.[43][59]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.