Thomas Jane

actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Thomas Jane
Remove ads

Thomas Jane, nado como Thomas Elliott III en Baltimore (Maryland) o 23 de febreiro de 1969, é un actor, guionista, produtor e director de cine estadounidense. É coñecido polas súas interpretacións en filmes como Deep Blue Sea (1999), The Punisher (2004), e a adaptación cinematográfica de The Mist (2007) de Stephen King. Actualmente actúa na serie de televisión The Expanse.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Biografía

É fillo de Cynthia, unha traballadora dun anticuario, e Michael Elliott, un enxeñeiro bioxenético.[1][2] Jane graduouse no ano 1987 na Thomas Sprigg Wootton High School no Condado de Montgomery, Maryland.

Traxectoria

De sempre se sentiu atraído pola comedia, e é por iso que fixo o seu debut como actor no teatro, incluíndo All My Sons, de Arthur Miller, e The Glass Menagerie do famoso dramaturgo Tennessee Williams.

Porén, Jane entrou na gran pantalla co filme indio en lingua telugu Padamati Sandhya Ragam (1986), dirixida por Jandhyala. A partir do seu primeiro papel como Zeph en Buffy the Vampire Slayer (1992) conseguiu papeis secundarios en varios filmes destacados, incluíndo The Crow (1996), Boogie Nights (1997), The Thin Red Line (1998), Thursday (1998) e Magnolia (1999). Dous anos máis tarde, actuou con Gene Hackman e Monica Bellucci en Baixo sospeita e a comedia romántica The Sweetest Thing.

A pesar de que apareceu en O cazador de soños (2003), unha adaptación dunha novela de Stephen King, e da súa carreira anterior; Jane é principalmente coñecido por interpretar a Frank Castle en The Punisher (2004), baseado no cómic de Marvel. Dende entón, a súa carreira como actor toma repouso até o ano 2008, cando interpreta, por segunda vez, un heroe de Stephen King na adaptación de Frank Darabont The Mist.

Entre 2009 e 2011, interpretou o papel principal na serie de televisión Hung. O seu personaxe Ray Drecker é un adestrador de baloncesto e pai divorciado de dous adolescentes que se atopa na obriga de explotar sexualmente o seu corpo para poder subsistir.

Remove ads

Filmografía

Actor

Máis información Ano, Título ...

Televisión

Máis información Ano, Título ...

Videoxogos

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Discografía

Álbums

Máis información Ano, Artista ...

Bibliografía

Máis información Ano, Título ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads