arquitecto galego From Wikipedia, the free encyclopedia
César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.
Nome orixinal | César Portela Fernández-Jardón |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de abril de 1937 (87 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Empregador | Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Pascuala Campos de Michelena |
Fillos | Sergio Portela, valor descoñecido, valor descoñecido |
Pai | Agustín Portela Paz |
Fillo de Agustín Portela Paz. Estudou nas Escolas Superiores de Arquitectura de Madrid e Barcelona, licenciouse en 1966 e obtivo o doutoramento dous anos despois.
Traballou en Pontevedra, xunto á que era a súa dona, a arquitecta Pascuala Campos de Michelena. Mentres estiveron casados realizaron as súas obras en colaboración. O seu estudio de arquitectura está en Pontevedra.[1]
Unha das súas primeiras obras foi a casa para o párroco de Marín (1968), un atrevido prisma de formigón sobre zancos pegado a unha igrexa barroca. Aínda que o máis coñecido dos traballos daqueles primeiros anos é o complexo de vivendas para xitanos en Campañó (1971-1973), seleccionado xunto coa lonxa de Bueu (1971-1972) para a exposición Arquitectura e racionalismo. Aldo Rossi + 21 arquitectos españois viaxando por diferentes cidades españolas entre setembro de 1975 e outubro de 1976 e vinculado á revista 2C. Construcción de la ciudad.[2] Outras das súas obras daquela época son un bloque de vivendas no polígono industrial de Campolongo (1973) e os concellos de Pontecesures (1973-1975) e Forcarei (1974-1980) .
Foi profesor invitado en numerosas universidades e institucións, como a Escola Superior de Arquitectura de Pamplona, Nancy, Caracas, Lisboa ou Weimar. Colaborou na organización e deseño de diversos seminarios e obradoiros de arquitectura, como o dirixido canda a Aldo Rossi en Santiago de Compostela (1974), os Obradoiros Internacionais de Arquitectura de Napoli, Belfort, e Caracas, a IV Bienal de Arquitectura de Santander, ou o Seminario sobre Cultura e Natureza: Arquitectura e Paisaxe, dependente da Universidade Internacional Menéndez Pelayo na illa de San Simón, así como a dirección, con Óscar Tenreiro, do Seminario de Arquitectura da Universidade de Weimar.[3]
Galardoado co Premio Nacional de Arquitectura de España en 1999 polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba, ten recibido distincións e honras de diversas institucións nacionais e internacionais. Tamén levou a cabo un extenso labor docente, ocupando na actualidade a Cátedra de Proxectos Arquitectónicos da E.T.S. de Arquitectura da Coruña.
En 2021 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.[4]
En sesión ordinaria celebrada o día 18 de decembro de 2021, o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes acordou concederlle o título de académico de honra da Corporación.[5]
A súa concepción da arquitectura está nestas palabras súas: "A arquitectura refírese basicamente á construción do espazo. Do mesmo xeito que a pintura especula coa cor, a escultura coa forma, a literatura coas palabras, a fotografía coas imaxes, a música co son e o cine coa imaxe e co tempo, a arquitectura faino co espazo".[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.