Lingua casaca
lingua turca / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua casaca ou casaco é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe na China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante a década de 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Casaquistán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia chinesa de Xinjiang, Mongolia, Quirguistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Ucraína e Rusia. No 2000 era lingua materna de 11 000 000 de falantes aproximadamente, aínda que segundo outras fontes hai aproximadamente 8,5 millóns de falantes. Dende a segunda metade do século XX, Alemaña ten unha comunidade de falantes de casaco. Esta comunidade está constituída principalmente polos descendentes de alemáns do Volga que foron deportados a campos de concentración e Gulags en Casaquistán desde 1941 por decreto de Stalin e que, podendo sobrevivir, mesturáronse coa poboación local ou adoptaron a súa cultura, e máis tarde volveron a Alemaña.
Casaco 'Қазақ тілі/Qazaq tili' | ||
---|---|---|
Falado en: | Casaquistán, China, Mongolia, Afganistán, Taxiquistán, Turquía, Turkmenistán, Ucraína, Uzbekistán, Rusia e Irán | |
Rexións: | Asia central | |
Total de falantes: | 8 millóns | |
Posición: | 93 | |
Familia: | Altaica Turco Kipchak Kipchako-nogay Casaco | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Casaquistán | |
Regulado por: | Non regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | kk | |
ISO 639-2: | kaz | |
SIL: | KAZ
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Qazak significa vagabundo; o pobo casaco que fala este idioma foi historicamente nómade.