From Wikipedia, the free encyclopedia
Unificación Comunista de España (UCE) é un partido político español de ideoloxía comunista e marxista-leninista que foi fundado en 1973 e legalizado en 1978.
Unificación Comunista de España | |
---|---|
Acrónimo | UCE |
Tipo | partido político español |
Ideoloxía | Marxismo-leninismo e Maoísmo |
Data de fundación | 1973 |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
http://www.uce.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unificación Comunista de España ten a súa orixe en 1968 en Tribuna Obrera, unha organización política de liña maoísta. Tribuna Obrera naceu no marco da loita contra a ditadura franquista, dentro da vaga revolucionaria dos anos sesenta, as loitas de liberación no Terceiro Mundo e o espírito da Revolución Cultural chinesa, e na crítica e a denuncia do que cualificaba como socialfascismo, socialimperialismo e revisionismo soviéticos. Este marco determinará a súa acción política futura.
En 1973 fórmase como tal Unificación Comunista (UC). En 1974, durante un breve período de tempo (6 meses) fusiónase co Movimiento Comunista de España. Ese mesmo ano muda o seu nome polo de Unificación Comunista de España. En 1977 membros de Unificación Comunista de España concorren ás eleccións xerais con Frente Democrático de Izquierdas.
En 1978 foi legalizada, e ao ano seguinte celebrouse o primeiro congreso do partido. Durante a intervención soviética en Afganistán pronúnciase en contra da guerra e oponse á toma de posicións da URSS en Angola, Mozambique, o Corno de África, Asia, Oriente Medio e Centroamérica.
En marzo de 1981, tras o intento golpista de Tejero, UCE lanza a Campaña "No al fascismo. No a la Otan".[1] En agosto dese mesmo ano inicia a recollida de sinaturas a favor dun referendo coa consigna "Otan No. Referéndum sí".[2]
En 1986 pediu o non no referendo sobre a permanencia de España na OTAN. En 1988 participou na convocatoria da folga xeral do 14 de decembro. Nas eleccións xerais de 1989, 1993, 1996 e 2000[3] pediu o voto para Izquierda Unida.
Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2006 pediu o voto para Ciutadans-Partido de la Ciudadanía.[4]
Unificación Comunista de España defínese como un partido de clase, proletario, guiado pola ideoloxía marxista-leninista-pensamento Mao Tse-Tung. As súas metas finais son acabar coa explotación do home polo home e establecer unha ditadura do proletariado.
No terreo político, Unificación Comunista de España fai unha análise da situación mundial e da sociedade española do que resulta que España é un país relativamente feble dentro da cadea imperialista, motivo que leva á súa clase dominante a aliarse e depender dos Estados Unidos e, máis recentemente, de Alemaña como cabeza da Unión Europea. Segundo UCE, o proxecto estadounidense contempla a inxerencia económica e militar nos estados, mentres que o proxecto alemán pasa por fomentar as correntes nacionalistas co fin de debilitar aos estados e exercer un maior control sobre eles.
Algúns elementos significativos da súa liña ideolóxica e política son os seguintes:
UCE opúxose ao modelo de transición, ao que acusaba de ter sido imposto polos Estados Unidos e a oligarquía española.
Denunciou en 1979 a invasión de Afganistán por parte da Unión Soviética, convocando unha concentración ante a embaixada soviética en Madrid ao día seguinte de que entraran as tropas soviéticas.
A loita contra a OTAN e a intervención estadounidense en España marcou durante seis anos a política do partido, baixo a consigna "OTAN no, Referéndum si. Ni yanquis, ni rusos". En 1980, cando o ministro Marcelino Oreja manifestou que "España debe fijar día y hora para su ingreso en la OTAN", UCE emprendeu en solitario a campaña contra a integración na OTAN. Durante eses seis anos, UCE recolleu máis de 1.300.000 sinaturas esixindo o referendo,[Cómpre referencia] denunciou o golpe do 23-F, no que viu implicación estadounidense, e cualificou de "trampas e chantaxes" a postura do goberno de Felipe González en relación á OTAN.
Na loita contra a permanencia das bases estadounidenses en España, UCE publicou o primeiro manifesto[5] asinado por máis dun milleiro de intelectuais, profesionais, escritores e artistas, dende Julio Caro Baroja e Carmen Martín Gaite, a Fernando Fernán Gómez ou Antonio Banderas, deportistas como Andoni Zubizarreta ou Juan Manuel López Iturriaga, e periodistas como Maruja Torres e Ángel Fernández Santos.
Contra o denominado "eixo franco-alemán", dende a entrada de España na Comunidade Económica Europea, UCE ten denunciando a "reconversión" do país en función dos intereses de Alemaña e Francia.
Participou na convocatoria da folga xeral do 14 de decembro de 1988, ou a convocada contra o chamado "decretazo".
Manifestouse en contra da Guerra do Golfo, en 1990, e da guerra de Iugoslavia. En 2001, inmediatamente despois do 11-S, denunciou a política de "ditadura terrorista mundial" dos Estados Unidos.
Tras o asasinato de Miguel Ángel Blanco, UCE acusou de "nazi-fascistas" aos dirixentes, a liña e o réxime políticos impostos polo "nacionalismo étnico" no País Vasco.[6]
Nas eleccións xerais do 2008 apoiou a Unión Progreso y Democracia (en Madrid) e a Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (en Barcelona), cualificándoos como votos útiles.[7][8]
Presentouse ás eleccións ao Parlamento Europeo do 2009 e publica un novo manifesto co seu programa electoral, moi centrado na crise do 2008. Nel propón regular uns mínimos e máximos salariais, establecer un sistema fiscal progresivo con gravames de entre o 0 % e o 90 % e conceder axudas a empresas pequenas e familias a través do ICO.[9]
Unificación Comunista de España presentouse en distintas convocatorias electorais durante a década de 1980, cuns resultados que oscilaron entre os 20.000 e os 50.000 votos. Nas primeiras eleccións nas que presentou listas -ao Congreso dos Deputados en 1979- fíxoo en coalición coa Organización Comunista de España, Bandeira vermella. En ningunha ocasión acadou representación parlamentaria nin institucional.
Eleccións Xerais 1979 en EspañaEleccións xerais 1979 en España]] (En coalición coa Organización Comunista de España, Bandeira vermella) |
47.937 | 0,27 |
Eleccións xerais 1982 en España | 24.044 | 0,11 |
Eleccións Xerais 1986 en España | 42.451 | 0,21 |
Eleccións ao Parlamento Europeo 1987 | 21.482 | 0,11 |
Eleccións municipais 1987 en España | 3.380 | 0,02 |
Eleccións ao Parlamento Europeo 2009 | 3.483 | 0,02 |
Eleccións municipais 2011 en España | 5.218 | 0,14 |
Eleccións Xerais 2011 en España (Congreso) | 16.148 | 0,06 |
Eleccións Xerais 2011 en España (Senado) | 32.861 | 0,12 |
As penúltimas eleccións municipais ás que se presentou Unificación Comunista de España foron as de xuño de 1987. Nelas presentou candidaturas en nove municipios, catro deles na provincia de Valencia. O mellor resultado obtívoo no municipio de Carlet (2,74 %), superando en votos ás outras dúas candidaturas comunistas que se presentaban na localidade.
Nas eleccións europeas de 2009 Unificación Comunista de España obtivo 3.483 votos (0,02%). Os seus mellores resultados estiveron nas circunscricións de Baleares (0,030%), Barcelona (0,030%), Alacant (0,036%), Álava (0,040%) e Valencia (0,042%).[10]
Na elección xeral en novembro de 2011, obtivo o seu mellor resultado en provincia de Lugo especialmente en Castroverde (a terceira forza política tras o PP e PSOE) [11]
Provincia | Congreso | Senado | |||
---|---|---|---|---|---|
Votos ó Congreso | % | +/- | Votos no Senado | % | |
Lugo | 588 | 0.27 | + 570 | 760 | 0.35 |
Álava | 290 | 0.17 | + 251 | 533 | 0.32 |
Soria | 72 | 0.14 | + 65 | 193 | 0.39 |
Barcelona | 3,355 | 0.12 | + 2,921 | 8,677 | 0.34 |
Murcia | 464 | 0.06 | + 364 | 2,466 | 0.34 |
Pontevedra | 428 | 0.07 | + 320 | 830 | 0.15 |
Ourense | 148 | 0.07 | + 124 | 410 | 0.21 |
A Coruña | 316 | 0.04 | + 249 | 835 | 0.13 |
As Palmas | 540 | 0.11 | + 455 | 540 | 0.11 |
Guipúscoa | 397 | 0.10 | + 346 | 671 | 0.18 |
Biscaia | 544 | 0.08 | + 444 | 1,124 | 0.17 |
Huesca | 105 | 0.08 | + 93 | 363 | 0.31 |
Tarragona | 265 | 0.07 | + 218 | 658 | 0.20 |
Badaxoz | - | 0.00 | - 37 | - | 0.00 |
TOTAL | 16,148 | 0.06 | 12,665 | 32,861 | 0.12 |
Unificación Comunista de España conta con tres publicacións periódicas que son distribuídas a través da propia organización do partido:
Nos últimos anos Unificación Comunista de España promoveu a creación dunha rede de ateneos culturais que comezaron en Madrid co Ateneo Cultural Madrid XXI. Os ateneos XXI constitúen asociacións culturais que desenvolven unha actividade que segue de preto a liña ideolóxica de UCE. Entre outras actividades, neles celébranse conferencias nas que interveñen persoeiros salientables do espectro cultural español:[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.