Autoestrada Central Galega
autoestrada de Santiago de Compostela a Dozón From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Autoestrada Central Galega é unha vía de altas prestacións que interconecta entre Santiago de Compostela (AP-9) e o Alto de Santo Domingo (Dozón) e é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento.
A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios[1], mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios[2] ós oito meses da súa posta en servizo.
Remove ads
Construción
O proxecto da autoestrada iniciouse baixo o mandato na Xunta de Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro de Política Territorial. A idea é unha autoestrada de peaxe de competencia estatal para unir Santiago e Ourense. Así en outubro de 1999 adxudícase a obra da AP-53 a unha agrupación de trece empresas e o dereito para a concesionaria, ACEGA, de cobrar peaxe durante 75 anos (ata ó 2074). Para a construción a Xunta tivo que achegar 60 millóns de euros a fondo perdido, mentres que Fomento fixo un préstamo doutros 60 millóns e a concesionaria achegou 162 millóns. A construción levouse a cabo por treitos:
Os primeiros treitos foron inaugurados polo seguinte orde: o treito Santiago de Compostela - Silleda foi inaugurado en decembro de 2002,[3] o treito Silleda - Lalín Leste foi posto en servizo en decembro de 2003[4] e o treito Lalín Leste - Alto de Santo Domingo (Dozón) foi posto en servizo en xuño de 2004.[5]
Remove ads
Peaxe
O treito de autoestrada xestionado por ACEGA (Autoestrada Central Galega C.E.S.A.) consta de dúas estacións semitroncais de peaxe (en Vedra e Ponte) e tres accesos (Ribadulla, A Bandeira e Ponte, Silleda). Os tres accesos de Lalín son libres de peaxe, facendo así de circunvalación exterior da vila, tamén está libre de pago o semienlace de Dozón.
Problemática da peaxe
O traxecto dende Santiago ata Dozón cóbrase a 6,15 € para turismos e a 8,65 € para camións tras continuas subidas dende a súa posta en servizo cando custaba 4,60 €. Estes altos prezos fan que sexa moi pouco utilizada por camións, que seguen a circular pola N-525 durante o treito de pago.
O problema da peaxe está en parte xerado pola gratuidade da autoestrada dende Lalín a Dozón, o que produce que se cobre a viaxe completa ata Dozón aínda que se saia na primeira saída de Lalín, 15 km de diferenza.
Alberto Núñez Feijóo prometeu durante a campaña electoral de 2009 rebaixar a peaxe, pero unha vez no goberno, supeditou a redución do prezo ao traspaso da autoestrada por parte de Fomento á Xunta[6]
Remove ads
Infraestruturas destacables
- Viaduto do Ulla, de 700 m de lonxitude e altura de ata 65 m.
Saídas
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads