Agustín Fernández Paz

escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Agustín Fernández Paz
Remove ads

Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016,[2] foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.

Remove ads

Traxectoria

Mocidade

Thumb
Mural de Agustín Fernández Paz en Vilalba.

Naceu no barrio vilalbés das Fontiñas, lugar onde transcorreu a súa nenez e onde o seu pai traballaba como músico e carpinteiro. Con 14 anos, marchou a estudar á Universidade Laboral de Xixón, onde estivo interno durante sete anos, e onde se fixo Perito Industrial. Ós 22 anos foise a Barcelona, coa intención de traballar e estudar Pedagoxía. Traballou durante un tempo nunha empresa, adiando o seu obxectivo de estudar.

Mestre

Tres anos despois volveu a Galicia. Instalouse na Coruña e matriculouse en Maxisterio. En 1974 comezou a traballar como mestre, iniciando así a etapa máis intensa da súa vida. Naqueles anos xuntouse con outros docentes nos chamados «movementos de renovación pedagóxica», que tiñan como obxectivo cambiar o mundo dende as aulas.[3] Estudou Ciencias da Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Nesa mesma época, casou con Inmaculada Reino e naceu a súa filla, Mariña.

Como mestre e pedagogo, foi autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.

Tamén foi membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Escritor

Despois da aprobación da Constitución no ano 1978, comezou a introducirse oficialmente a lingua galega no ensino. Fernández Paz decatouse que a literatura infantil e xuvenil en galego era escasa, polo que decidiu escribir as súas propias historias. Con 40 anos, publica a súa primeira novela. Os dous libros seguintes obtiveron senllos premios de importancia, e por iso, animouse a continuar.

Pertenceu á coñecida como “Xeración Lamote” xunto con Xavier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra, Fina Casalderrey e Xabier P. DoCampo.

Últimos anos

Prexubilouse por enfermidade en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo. No ano 2010 rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras[4][5] como acto de protesta pola política lingüística da Xunta e o seu presidente.[6] No ano 2013, foille concedido o Honoris Causa pola Universidade de Vigo.[7]

O 12 de xullo de 2016 morreu por volta das sete da mañá no seu domicilio en Vigo,[8] logo de padecer dunha longa enfermidade. O 13 de xullo, celebrouse un multitudinario acto cívico no cemiterio de Pereiró de Vigo,[9] co féretro arroupado coa bandeira galega, e no que estiveron presentes familiares, amigos e personalidades da cultura, da educación e da política. O corpo foi incinerado e os seus restos foron trasladados a Vilalba, a súa vila natal, onde tamén se atopa soterrada a súa familia.[10]

Remove ads

Obra

Thumb
Agustín Fernández Paz pronunciando o discurso "Oito doas para San Simón" na Illa de San Simón con motivo da celebración do ditame dos XXVIº Premios Xerais o 6 de xuño de 2009.

Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores e pola cantidade das súas obras que foron traducidas a outras linguas. Trátase do autor en galego máis traducido con 115 traducións a 16 linguas diferentes, en especial ao castelán, con arredor de 50, máis de 30 ao catalán, unhas 20 ao éuscaro, e tamén ao asturiano, portugués, francés, árabe, coreano, italiano, inglés, búlgaro, bretón e esloveno, entre outras.[11][12]

Tamén destaca pola cantidade de premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.

A súa novela Cartas de inverno acadou en 2016 a cifra de máis de 100 000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.[12]

Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.

Literatura infantil-xuvenil

  • O libro de Merlín, 1987, Xerais.
  • A cidade dos desexos, 1989, Xerais (novela xuvenil). Traducida ao castelán.[13] En Xerais, 2022, ISBN 978-84-1110-260-5.
  • As flores radioactivas, 1990, Xerais (novela xuvenil), 16ª edición. Traducida ao catalán,[14] ao éuscaro,[15] ao castelán[16] e ao asturiano.[17]
  • Contos por palabras, 1991, Xerais (narrativa xuvenil), 16ª edición. Traducida ao castelán,[18] ao catalán,[19] ao éuscaro,[20] ao asturiano[21] e ao francés.[22]
  • O tesouro do dragón Smaug, 1992, Galaxia (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán,[23] ao catalán,[24] ao éuscaro[25] e ao aranés.[26]
  • Rapazas, 1993, Xerais (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida ao castelán,[27][28] ao catalán,[29] ao éuscaro[30] e ao portugués.[31]
  • As tundas do corredor, 1993, Edelvives (narrativa infantil). Traducida ao castelán.[32]
  • Unha lúa na fiestra, 1994, Galaxia (narrativa xuvenil).
  • Trece anos de Branca, 1994, Xerais (novela xuvenil). Traducida ao castelán,[33] ao catalán[34] a ao éuscaro.[35]
  • Cartas de inverno, 1995, Xerais (novela xuvenil), 35ª edición.[12] Traducida ao catalán,[36] ao éuscaro,[37] ao castelán,[38] ao portugués,[39] ao bretón[40] e ao inglés.[41]
  • Amor dos quince anos, Marilyn, 1995, Xerais (novela xuvenil), 9ª edición. Traducida ao castelán[42] e ao catalán.[43]
  • Avenida do Parque, 17, 1996, Edicións S. M. (novela xuvenil). Traducida ao catalán,[44] ao castelán[45] e ao árabe.[46]
  • Lonxe do mar, 1996, Edelvives (narrativa xuvenil).
  • O centro do labirinto, 1997, Xerais (novela xuvenil), 12ª edición. Traducida ao catalán,[47] ao castelán[48] e ao portugués.[49]
  • A néboa escura, 1998, Xunta de Galicia (narrativa infantil).
  • O laboratorio do doutor Nogueira, 1998, Xerais (novela xuvenil), 5ª edición. Traducida ao castelán,[50] ao éuscaro,[51] ao catalán[52] e ao portugués.[53]
  • As fadas verdes, 1999, Edicións S. M. (novela xuvenil). Traducida ao castelán[54] e ao catalán.[55]
  • Cos pés no aire, 1999, Xerais (narrativa xuvenil) 4ª edición. Traducida ao castelán,[56] ao catalán[57] e ao éuscaro.[58]
  • A nube de cores, 1999, Sotelo Blanco (narrativa xuvenil).
  • Aire negro, 2000, Xerais (novela xuvenil) 13ª edición. Traducida ao catalán,[59] ao castelán,[60] ao éuscaro,[61] ao inglés[62] e ao búlgaro.[63]
  • O soño do merlo branco, 2000, Everest Galicia (novela xuvenil). Traducida ao castelán.[64]
  • No corazón do bosque, 2001, Xerais (novela xuvenil), 9ª edición. Traducida ao castelán,[65] ao catalán[66] e ao éuscaro.[67]
  • Un tren cargado de misterios, 2001, Xerais (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán[68] e ao chinés.[69]
  • Ana e o tren máxico, 2001, Xerais (novela xuvenil).
  • Noite de voraces sombras, 2002, Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán,[70] ao catalán[71] e ao éuscaro.[72]
  • O meu nome é Skywalker, 2003, Edicións S. M. Traducida ao castelán,[73] ao catalán,[74] ao esloveno[75] e ao coreano.[76]
  • A serea da Illa Negra, 2003, Edicións Tambre.
  • A praia da esperanza, 2003, Xerais.
  • Tres pasos polo misterio, 2004, Xerais, 5ª edición. Traducida ao catalán[77] e ao castelán.[78]
  • Raquel ten medo, 2004, Xerais (narrativa infantil). Traducida ao castelán,[79] ao catalán[80] e ao éuscaro.[81]
  • Laura e os ratos, 2004, Xerais. Traducida ao castelán,[82] ao catalán[83] e ao éuscaro.[84] Hai tamén unha edición bilingüe inglés-castelán.[85]
  • Á abordaxe, 2005, Rodeira-Edebé.
  • A escola dos piratas, 2005, Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán,[86] ao catalán,[87] ao éuscaro,[88] ao coreano[89] e ao chinés.[90]
  • A noite dos animais, 2005, Galaxia. Traducida ao castelán[91] e ao catalán.[92]
  • A fuxida do mar, 2005, Xerais. Traducida ao castelán,[93] ao catalán[94] e ao éuscaro.[95]
  • Fantasmas no corredor, 2005, Xerais. Traducida ao castelán[96] e ao catalán.[97]
  • ¡Que medo, mamá Raquel!, 2005, Xerais.
  • Corredores de sombra, 2006, Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán,[98] ao catalán[99] e ao inglés.[100]
  • Os gardiáns do bosque, 2006, Baía Edicións. Traducida ao castelán,[101] ao catalán[102] e ao éuscaro.[103]
  • Querido inimigo, 2006, Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán.[104]
  • O raio veloz, 2006. Traducida ao castelán.[105]
  • O único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida ao castelán,[106] ao catalán,[107] ao portugués,[108] ao éuscaro,[109] ao coreano[110] e ao inglés.[111]
  • A pastelaría de dona Remedios, 2008, Rodeira. Traducida ao castelán.[112]
  • ¡Upa!, 2008, Xerais. Traducida ao castelán,[113] ao catalán,[114] ao éuscaro[115] e ao chinés.[116]
  • A dama da luz, 2009, Xerais.
  • Lúa do Senegal, 2009, Xerais (narrativa infantil-xuvenil), 3ª edición. Traducida ao castelán[117] e ao catalán.[118]
  • Valados, 2009, Xerais. Traducida ao castelán,[119] ao catalán[120] e ao italiano.[121]
  • Corazón de pedra, 2011, Oxford. Traducida ao castelán.[122]
  • Fantasmas de luz, 2011, Xerais. Traducida ao castelán[123] e ao catalán.[124]
  • As fronteiras do medo, 2012, Edebé-Rodeira. Traducida ao castelán[125] e ao catalán.[126]
  • Malos tempos para os fantasmas, 2012, Xerais. Traducida ao castelán[127] e ao catalán.[128]
  • Zeralda e o dragón, 2012, Galaxia.
  • Desde unha estrela distante, 2013, Xerais. Traducida ao catalán[129] e ao castelán.[130]
  • Amizades secretas, 2015, Edebé-Rodeira.
  • A neve interminable, 2015, Xerais. Traducida ao castelán,[131] ao catalán[132] e ao éuscaro.[133]
  • O segredo da Illa Negra, 2015, Xerais. Traducida ao castelán.[134]
  • O soño do Merlo Branco, 2016, Xerais.
  • A casa do medo, 2016, Edebé-Rodeira. Traducida ao castelán.[135]

Narrativa

Ensaio

  • 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega, 1989, Xunta de Galicia.
  • Os libros infantís galegos, 1989, Xunta de Galicia.
  • Para lermos cómics, 1989, Xunta de Galicia. Traducida ao asturiano.[138]
  • Ler en galego (I): Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas, 1990, Ir Indo.
  • Facermos cómics, 1991, Xerais.
  • Os cómics nas aulas, 1992, Xerais.
  • A literatura infantil e xuvenil en galego, 1999, Xerais.

Obras colectivas

  • Relatos para un tempo novo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • E dixo o Corvo..., 1997, Hospital Xeral de Galicia.
  • Imos xuntos camiñar, 1999.
  • Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
  • Manuel María, 2001, Ophiusa.
  • Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia.
  • Longa lingua: os contos da Mesa, 2002, Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, Espiral Maior.
  • Contos do museo, 2003, Deputación de Lugo.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • O enigma do menhir, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos, 2004, Xunta de Galicia.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • O son das buguinas, 2007, Xerais.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • 55 mentiras sobre a lingua galega, 2009, Laiovento.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Quéroche contar un conto, 2010, Xerais.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
  • Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • Os dereitos da infancia, 2014, Xerais.
Remove ads

Galardóns

Thumb
O autor con outros dos gañadores do Premio Merlín nunha foto conmemorativa realizada na XXVª edición do Premio Merlín. Illa de san Simón, 12 de xuño de 2010. Atrás, de esquerda a dereita: Jacobo Fernández Serrano, Helena Pérez, Gloria Sánchez, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Antonio García Teijeiro, Mar Guerra, Fina Casalderrey, Ramón Caride. Sentados, de esquerda a dereita: Carlos López Gómez, Palmira González Boullosa, Agustín Fernández Paz e Teresa González Costa.
  • 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1976, por Xocas, astronauta.
  • 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1980, por O rescate das palabras.
  • Premio Merlín de Literatura Infantil no 1989, por As flores radioactivas.
  • Premio Lazarillo no 1990, por Contos por palabras.
  • Lista de Honra do IBBY no 1992 por Contos por palabras.
  • O Premio Ourense de Banda Deseñada de 1992, polos seus estudos sobre banda deseñada.
  • Premio Edebé de literatura xuvenil no 1994, por Trece anos de Branca.
  • Premio Rañolas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano no 1995, por Cartas de inverno.
  • Premio Raíña Lupa no 1998, por Cos pés no aire.
  • Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) no 2001, por Aire negro.
  • Premio Protagonista Jove no 2001, por Aire negro.
  • Lista de Honra do IBBY no 2002, por Aire negro.
  • Premio Irmandade do Libro no 2003.
  • Premio Lecturas GALIX no 2003, por Contos por palabras e Un tren cargado de misterios.
  • Premio O Barco de Vapor no 2003, por O meu nome é Skywalker.
  • Premio Edebé de Literatura Intantil no 2005, por A escola dos piratas.
  • Premio Literario Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos) no 2006, por Corredores de sombra.
  • Premio Lecturas GALIX ao mellor libro ata 7 anos e como o mellor libro ilustrado no 2006 , por Raquel ten medo.
  • O único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil) 4ª Edición -
  • Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007, por O único que queda é o amor.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de literatura infanto-xuvenil en 2008, por O único que queda é o amor.
  • Adicación dun Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2008,
  • Premio Literario Frei Martín Sarmiento de (3º ESO a Bacharelato) en 2008, por O único que queda é o amor.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008, pola obra O único que queda é o amor, outorgado polo Ministerio de Cultura de España.
  • Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores no 2008.
  • Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2009.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2010, por Lúa do Senegal.
  • Premio Cultura Galega das Letras no 2010 [139]
  • VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil no 2011.[140]
  • Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2011.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos no 2011, por Non hai noite tan longa.
  • Premio Ánxel Casal ao libro de ficción do ano 2011 da Asociación Galega de Editores, por Non hai noite tan longa.
  • Premio da Irmandade do Libro ao Libro do ano 2011, por Non hai noite tan longa.
  • Premio Losada Diéguez de Creación Literaria no 2012, por Non hai noite tan longa.
  • Premio de literatura infanto-xuvenil da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Fantasmas de luz.
  • Premio Ramón Piñeiro Facer País da Asociación Cultural Val de Láncara no 2012.[141]
  • Premio da Crítica Galicia 2012 en Creación literaria pola súa obra Fantasmas de luz (18 de outubro de 2012).
  • En xuño de 2012 o departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo propuxo o seu nomeamento como doutor honoris causa[142]. O 12 de novembro de 2012 o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aproba o nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor Honoris Causa a proposta do Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
  • Autor en galego máis destacado do 2012 en Redelibros.
  • Premio Fervenzas Literarias de Ensaio no 2012, por O rastro que deixamos.
  • Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2012.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non ficción do 2012, por O rastro que deixamos.
  • Premio Trasalba en 2014.
  • Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2014.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de 2014, por A viaxe de Gagarin.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción de 2014, por A viaxe de Gagarin.
  • Premio da AELG á mellor obra narrativa do 2014, por A viaxe de Gagarin.
  • Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria no 2015, por A viaxe de Gagarin.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2016, por A neve interminable.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads