André

nome masculino From Wikipedia, the free encyclopedia

André
Remove ads

André[1][2][3] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o grego ανήρ (anēr), xenitivo ανδρός (andrós), que indica o home como oposto da muller (mentres que home na súa acepción de humano é άνθρωπος, ánthropos, ανθρώπου, anthrópou); ανήρ pode estar ligado coa raíz indoeuropea ner que significa home, forza vital.[4] Pode entenderse o seu significado coma home forte, viril e bravo. En galego tamén ten as variantes Arandel, Andreu e Andel, e os hipocorísticos Nes, Neso e Necho.[2]

Thumb
Imaxe en Santo André de Cesar (Caldas de Reis).

En xaneiro de 2023 existían 1.070 varóns en Galicia co nome André, cunha media de idade de 14,1 anos.[5]

Remove ads

O nome en Galiza

Thumb
André, o apóstolo.

O nome de André foi moi común en Galiza, infinidade de parroquias teñen a Santo André como padroeiro, e até 10 levan incluído no nome da aldea Santo André (ás veces pronunciado santandré).

A forma galega do nome, André, coincidente coa portuguesa e a francesa, foi desprazada en gran parte pola castelá Andrés, con todo nos últimos anos estase a recuperar a forma propia en nenos.

O apelido André aparece nas catro provincias galegas, cun total de 429 persoas, sendo máis frecuente en Pontevedra e especialmente en Ourense, cunha porcentaxe de 0,23, a maior de toda España.[6]

Remove ads

Santoral

30 de novembro: Santo André, apóstolo de Xesús Cristo.

Variantes galegas

  • Feminino: Andrea, ás veces coa variante arcaica Andreia.

Variantes noutras linguas

Máis información Variantes noutras linguas ...
Remove ads

Historia

A forma na que coñecemos o nome André, en grego é Andreas, que atopamos xa nunha das historias de Heródoto. É, polo tanto, un nome que en tempos de Xesús levaba xa a usarse máis de 500 anos, como o de Filipe ("aquel que ama os cabalos"), o outro discípulo con nome grego. É da familia léxica de "anhr" (anér), que significa "home valoroso" ou "viril", e de andreia (andréia), que significa "valentía" pola súa proximidade aos valores masculinos.

As orixes deste nome remóntanse á antiga Grecia, onde os loiadores calificaban de "andré" aos gañadores. Entendendo así por este termo un cualificativo cunha carga emotiva importante, razón pola que levar a cabo unha revolución uníndose varios "andrés" e agrupándose baixo o pseudónimo de 'Andreanos', cuxo berro de guerra característico ao comezaren cada batalla era "Andreano a morrer!"

Remove ads

Santo André

Artigo principal: André Apóstolo.

Segundo a tradición cristiá Santo André é un dos doce apóstolos de Xesús, cuxo nome figura nas enumeracións que os catro Evanxeos fan dos apóstolos. Era irmán de Pedro, o primeiro dos apóstolos, ao que Xesús encomendaría a misión de rexer a Igrexa.

De acordo con dita tradición, procedía de Betsaida e era un modesto pescador no lago de Xenezaret. Moraba en Cafarnaum, par de Pedro e maila dona deste. Escoitaba con interese as predicacións de Xoán o Bautista, cando este anunciou aos que acodían a se bautizar, que el non era ninguén, que non era digno nin de desagulletar as fitas das sandalias de Xesús. Encarreirouse, logo, cara a el. André escoitou a Xesús durante horas e quedou conturbvdo. Contoullo a seu irmán Pedro e conduciuno até Xesús. Un día atopounos aos dous a pescar e díxolles: "Seguídeme, que eu vos farei pescadores de homes". E dende aquela rexeitaron canto tiñan e se dedicaron a axudar a Xesús na súa misión evanxelizadora.

Trala morte de Xesús, logo de ter evanxelizado André os escitas e os colonos gregos de Heraclea, Sinop e Trebisonda, tornou a Xerusalén, onde sufriu martirio nunha cruz en forma de aspa, que pasaría a se chamar a "Cruz de Santo André". Isto tería ocorrido polo ano 95 da nosa era, e o seu corpo foi trasladado a Constantinopla o ano 357.

Etnografía galega

  • Por Santo André, toma o porco polo pé[7].
Remove ads

Toponimia

Artigo principal: Santo André.

O nome de Santo André proliferou extraordinariamente na xeografía. En Galiza é un topónimo frecuente, levándoo 10 parroquias e 18 lugares ou aldeas como nome, ademais de ser patrón de moitas outras. Un dos santuarios desta advocación máis famoso é o de Santo André de Teixido, no concello coruñés de Cedeira, onde se mesturan lendas cristiás e pagás.

Personaxes célebres

Santos

  • André Apóstolo, un dos doce apóstolos;
  • André de Fiesole, relixioso irlandés e bispo de Fiesole (século IX);
  • André Corsini, bispo de Fiesole (1302 - 1377), venerado o 4 de febreiro;
  • André Corsini, carmelita e bispo italiano (1521 - 1608);
  • André Bobola, xesuíta polaco (1591 - 1657), festexado o 16 de maio;
  • André Kim Taegon, primeiro presbítero coreano, mártir (1821 - 1846), festexado o 20 de setembro;
  • André Avelino, sacerdote do século XVI.

Reis

Monarcas e membros de casas reais
Hungría André I, rei de Hungría (1047-1061).
André II, rei de Hungría e de Croacia (1205-1235).
André III, rei de Hungría (1290-1301).
Nápoles André I, rei de Nápoles e conde da Provenza (1343-1345).
Rusia Tsares de Rusia
André I Bogolyubsky, primeiro Gran Príncipe de Vladimir (1168-1174).
André II, oitavo Gran Príncipe de Vladimir (1249-1252).
André III, décimo terceiro Gran Príncipe de Vladimir (1294 - 1304).

Outras personalidades

Galegos

  • André de Iria, (século VI), primeiro bispo galego da diocese de Iria documentado.
  • André Pena Graña, Ferrol, 1955, é un historiador contemporáneo galego especializado en investigacións sobre a cultura céltica.
  • Eloy Luís André, Verín, 1878, foi un filósofo e psicólogo galego.

Outras personalidades

Nomes en diferentes linguas: André, Andrés, Andreu, Andrew, Andrei...

Thumb
André-Marie Ampère.
Thumb
André Masséna.
Thumb
Andrew Johnson.
Thumb
Andrés Bello.
  • Andrés Aberasturi, escritor e xornalista español.
  • Andre Agassi, ex xogador de tenis estadounidense.
  • Andrés Aguilera, piloto e esquiador español.
  • Andreu Aleu, escultor catalán.
  • Andreu Alfaro, escultor valenciano.
  • André Marie Ampère, matemático e físico francés.
  • André André futbolista portugués.
  • Andrei Arshavin, futbolista ruso.
  • Andrea Bargnani, xogador de baloncesto italiano.
  • André Bellessort, poeta e novelista francés.
  • Andrés Bello, poeta, filólogo, educador, xurista venezolano e primeiro reitor da Universidade de Chile.
  • Andrés Eloy Blanco, avogado, escritor, humorista, poeta e político venezolano.
  • Andrea Bocelli, cantante italiano.
  • André Breton, escritor francés.
  • André Brink, escritor surafricano.
  • Andreu Buenafuente, humorista, presentador e produtor catalán.
  • Andrés Avelino Cáceres, tres veces Presidente do Perú no século XIX.
  • Andrés Caicedo, escritor colombiano.
  • Andrew Carnegie, industrial, empresario e filántropo estadounidense.
  • André Chénier, poeta francés.
  • André Citroën, enxeñeiro francés.
  • André da Silva Gomes, compositor clásico portugués.
  • André Derain, pintor e ilustrador francés.
  • André Gaboriaud, tirador de esgrima francés.
  • Andy García, actor e produtor de cinema cubano-estadounidense.
  • André Gide, escritor francés.
  • André Greipel, ciclista alemán.
  • Andrei Gromyko, economista, diplomático, político e chanceler soviético.
  • Andreas Gryphius, poeta e dramaturgo barroco alemán.
  • Andrew Fielding Huxley, fisiólogo e biofísico británico, Premio Nobel de medicina en 1963.
  • Andrés Iniesta, futbolista español.
  • Andrew Jackson, sétimo Presidente dos Estados Unidos.
  • Andrew Johnson, décimo sétimo Presidente dos Estados Unidos.
  • Andrija Kačić Miošić, poeta e freire franciscano croata.
  • André Kertész, fotógrafo húngaro.
  • André Kolingba, presidente da República Centroafricana.
  • Andréi Kolmogórov, matemático ruso.
  • Andrzej Kuśniewicz, escritor, ensaísta e poeta polonés.
  • André Le Nôtre, xardineiro francés.
  • André Leroi-Gourhan, etnólogo francés.
  • Andrew Lloyd Webber, compositor británico.
  • Andrés Manuel López Obrador, político mexicano.
  • André Maginot, político francés.
  • André Malraux, novelista, aventureiro e político francés.
  • André Martinet, lingüista francés.
  • André Martins, xogador de fútbol portugués.
  • André Masséna, militar francés.
  • André Maurois, novelista e ensaísta francés.
  • Andreas Metaxas, político grego.
  • André Michaux, botánico, briólogo e explorador francés.
  • André Michel Lwoff, microbiólogo francés .
  • Andy Murray, tenista escocés.
  • Andrés Nin, político español.
  • Andrés Pajares, actor, director, guionista e cómico de cinema, teatro e televisión español.
  • Andrzej Panufnik, compositor, pianista, director e pedagogo polonés.
  • Andreas Papandreu, economista e político grego.
  • Andrés Pastrana Arango, político colombiano, presidente de Colombia entre 1998 e 2002.
  • André Pichot, científico francés , investigador en epistemoloxía e historia da ciencia.
  • Andrea Pirlo, futbolista italiano.
  • Andréi Platónov, escritor ruso.
  • André Rieu, director de orquestra e violinista holandés.
  • Andy Roddick, tenista estadounidense.
  • Andrei Rublev, relixioso e pintor ruso.
  • Andrei Sakharov, físico nuclear ruso.
  • Andreu Sala, escultor barroco catalán.
  • Andrés de Santa Cruz, militar e político boliviano, foi Presidente do Perú (1827), Presidente de Bolivia (1829-1839) e Supremo Protector da Confederación Perú-Boliviana (1836-1839).
  • André Santos, futbolista portugués.
  • Andrés Segovia, guitarrista clásico español.
  • Andriy Shevchenko, futbolista ucraíno.
  • André Soares, arquitecto portugués.
  • András Szőllősy, compositor e musicólogo húngaro.
  • Andrei Tarkovskii, director de cinema, actor e escritor ruso.
  • Andrei Túpolev, deseñador e construtor aeronáutico ruso.
  • Andrés de Urdaneta, militar, cosmógrafo, mariño, explorador e relixioso agustiño español.
  • Andrés de Vandelvira, arquitecto renacentista español.
  • André Vesalio, anatomista flamengo.
  • André Villas-Boas, adestrador de fútbol portugués .
  • Andrei Vyshinski, xurista e diplomático ruso.
  • Andrzej Wajda, director de cinema polonés.
  • Andrew Warhola, (Andy Warhol), artista visual.
  • Andrés Wiese, actor e modelo peruano.
  • Andrés Zaldívar, político chileno.
  • Andrei Zhdánov, político soviético.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads