Arqueocetos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Arqueocetos
Remove ads

A dos arqueocetos (Archaeoceti) é unha suborde (parafilética) de mamíferos cetáceos da que evolucionaron os cetáceos modernos (ou neocetos).

Máis información Arqueocetos Rango fósil: eoceno - oligoceno, Clasificación científica ...

Os membros máis antigos deste grupo, como Pakicetus, tiñan catro patas e eran animais terrestres.

Remove ads

Orixe e características

Baseándose en características dos dentes, creuse que os arqueocetos evolucionaron a partir dos Mesonychia (orde extinguida de mamíferos ungulados carnívoros). Porén, estudos recentes baseados en datos moleculares e morfoloxía non dental mostraron que as primeiras baleas evolucionaron probabelmente a partir dos artiodáctilos (talvez teñan un afastado antepasado común coa familia dos hipopotámidos, que inclúe os actuais hipopótamos).

Os antepasados dos arqueocetos probabelmente diverxeron dos artiodáctilos a fináis do cretáceo ou principios do paleoceno.

A maioría dos arqueocetos tiñan patas posteriores, a diferenza dos cetáceos actuais. Os primeiros arqueocetos foron seguramente animais completamente terrestres. Ao longo do eoceno foron facéndose menos terrestres e máis acuáticos e, ao final de dito período os últimos arqueocetos (basilosáuridos) deron orixe aos cetáceos modernos.

Os arqueocetos sobreviviron á extinción masiva do eoceno-oligoceno, pero sufriron unha gran perda de xéneros.

No oligoceno eran, pois, menos abundantes que no eoceno; os últimos arqueocetos (Basilosauridae) se extinguiron no mioceno, seguramente pola competencia cos odontocetos e as novas especies de tiburóns que apareceron nesta época, como o Megalodon. Outra explicación para a súa extinción podería acharse no cambio climático ocirrido durante o mioceno, cando os océanos arrefriaron notabelmente. Talvez foi unha combinación dos dous factores (competencia e clima) o que levou á extinción aos arqueocetos.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A suborde foi descrita en 1883 polo zoólogo británico, especializado en anatomía comparada, William Henry Flower.

Etimoloxía

o nome científico Archaeoceti está formado polos elementos do latín científico Archaeo-, tirado do grego antigo ἀρχαῖος archĩos, 'antigo', e -ceti, do latín cetus, 'grande animal mariño', que á súa vez deriva do grego antigo κήτος kḗtos, 'monstro mariño'.

Clasificación

Os arqueocetos inclúen as seguintes familias:[1]

Thumb
Pakicetus, terrestre.
Thumb
Basilosaurus, xa máis acuático.
Thumb
Georgiacetus, acuático.

Suborde Archaeoceti

  • Familia Pakicetidae
  • Familia Ambulocetidae
  • Familia Remingtonocetidae[2]
  • Familia Protocetidae
  • Familia Basilosauridae

Filoxenia

Cetartiodactyla
Artiodactyla

Thumb

Cetacea

Pakicetidae Thumb

Ambulocetidae Thumb

Remingtonocetidae Thumb

Protocetidae Thumb

Basilosauridae Thumb

Dorudontinae Thumb

Odontoceti Thumb

Mysticeti Thumb

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads