Cesc Gay
director de cinema catalán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Francesc Gay i Puig, máis coñecido coma Cesc Gay, nado en Barcelona en 1967, é un director de cinema e guionista catalán.
Remove ads
Traxectoria
Estudou cinema na Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona, onde se graduou en 1990. Debutou como director en 1998, xunto co arxentino Daniel Gimelberg, coa obra Hotel Room. Por volta do ano 2000 foi elixido para levar ao cinema a obra de teatro Kràmpack, realizando ademais a súa adaptación.
En 2002 foi o creador e responsábel da coordinación de guión da serie de TV3 Jet lag, realizada pola compañía T de Teatre. En 2003 estreou o filme En la ciudad (protagonizada entre outros por Mònica López, Eduard Fernández, María Pujalte e Leonor Watling), coa que conseguiu o recoñecemento mundial ao seu traballo; Eduard Fernández conseguiu o Premio Goya ao mellor actor secundario, e o filme obtivo tres nomeamentos máis, para Mònica López coma actriz de secundaria e para o propio Cesc Gay á dirección e ao guión adaptado.
En 2006 estreou Ficció, protagonizada por Eduard Fernández, Javier Cámara, Montse Germán, Carme Pla e mais Àgata Roca, e producida por Gerardo Herrero e Marta Esteban. Por este filme foi galardoado co Premio Nacional de Cinema concedido pola Generalitat de Cataluña en 2007. Posteriormente dirixiu V.O.S, unha adaptación da obra teatral de Carol López. No ano 2012 estreou Una pistola en cada mano (en galego, Unha pistola en cada man), interpretada entre outros por Ricardo Darín, Luís Tosar, Javier Cámara, Eduard Fernández, Alberto San Juan, Candela Peña, Eduardo Noriega e Leonor Watling.
En 2015 dirixiu Truman, unha coprodución hispano-arxentina con Javier Cámara e Ricardo Darín, un filme que retrata o emotivo reencontro de dous vellos amigos pola doenza terminal dun deles, e que conseguiu 11 nomeamentos aos premios Gaudí[1] e seis nomeamentos aos premios Goya, dos que gaña cinco, incluídos mellor filme e mellor director para Cesc Gay[2].
Remove ads
Filmografía
Filmes
Televisión
Documentais
Curtametraxes
Remove ads
Premios e nomeamentos
Premios Goya
Festival de Donostia
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads