Correpresor

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

En bioloxía molecular, un correpresor é unha substancia que inhibe a expresión de xenes. Nos procariotas, os correpresores son pequenas molécuas, mentres que nos eucariotas son proteínas. Un correpresor non se une directamente ao ADN, senón que o regula indirectamente ao unirse a un represor.

Un correpresor regula á baixa (ou reprime) a expresión de xenes ao unirse e activar unha molécula represora. O represor á súa vez únese ao promotor dun xene (unha secuencia de ADN adxacente ao xene regulado), bloqueando deste modo a transcrición de dito xene.

Remove ads

Función

Procariotas

Nos procariotas o termo correpresor utilízase co significado de ligando activador dunha proteína represora. Por exemplo, o represor do triptófano (TrpR) de Escherichia coli só pode unirse ao ADN e reprimir a transcrición do operón trp se o seu correpresor o triptófano se une a el. O TrpR en ausencia de triptófano denomínase aporrepresor e é inactivo e non pode reprimir a transcrición.[1] O operón trp codifica encimas responsables da síntese do triptófano. Iso quere dicir que o triptófano é o produto final da expresión dos xenes dese operón, pero tamén funciona como correpresor, regulando a súa propia síntese. Por tanto, neste operón funciona un mecanismo de retroalimentación negativa que regula a biosíntese do triptófano. Cando hai moito triptófano na célula o resultado é que se deixa de producir máis triptófano.[2]

Eucariotas

Nos eucariotas, un correpresor é unha proteína que se une a factores de transcrición.[3] En ausencia de correpresores e en presenza de coactivadores, os factores de transcrición regulan á alza a expresión xénica. Os coactivadores e correpresores compiten polos mesmos sitios de unión situados nos factores de transcrición. Un segundo mecanismo polo cal os correpresores poden reprimir a iniciación da transcrición cando se unen a complexos factor de transcrición/ADN realízase recrutando histona desacetilases, que catalizan a eliminación de grupos acetilo de residuos de lisina da proteína. Isto incrementa a carga positiva nas histonas, o cal fortalece a atracción electrostática entre as cargas positivas das histonas e as negativas do ADN, facendo que o ADN sexa menos accesible á transcrición.[4][5]

Nos humanos coñécense ducias ou centos de correpresores, dependendo do nivel de confianza co cal se faga a caracterización da proteína como correpresor.[6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads