Estación de Madrid-Chamartín-Clara Campoamor
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A estación de Madrid-Chamartín-Clara Campoamor é unha das estacións de tren da cidade de Madrid, situada no distrito de Chamartín, ao norte da capital, e nas proximidades do paseo da Castellana.
Centraliza tódalas comunicacións ferroviarias dende Madrid cara ao cuadrante noroeste da Península Ibérica, dende Salamanca ata Irún, a través das tres liñas principais que parten dela: a liña imperial ou liña xeral do norte (de Madrid a Irún pasando por Ávila, Valladolid, Burgos, Miranda de Ebro, Vitoria e Donostia), a directa Madrid - Burgos (directo de Burgos) e a nova L.A.V. Madrid-Valladolid. Tamén ten algúns servizos por vía de largo ibérico cara ao nordeste (Media Distancia e tren Estrella) para o que emprega a circunvalación ferroviaria de Madrid, e cara ao sur (Media Distancia, Altaria e Talgo) grazas ao túnel que a une coa estación de Atocha.
Remove ads
Historia
As orixes da estación de Chamartín, aínda que nunha localización algo máis ao sur que a actual, atópanse nos plans do ministro de Obras Públicas Indalecio Prieto durante a II República para conectar a estación de Atocha (e o resto da rede ferroviaria) co novo enlace ferroviario directo que previra entre Madrid e Burgos, que acurtaba a viaxe con respecto á liña xeral do Norte. Aínda que as primeiras explanacións comezaron xa en 1933, a guerra civil detivo todos os proxectos ferroviarios vinculados a Chamartín e á nova liña directa a Burgos.

Non foi ata 1967 cando a estación volve ter uso. A súa inauguración coincide tamén coa finalización dos proxectos ferroviarios paralizados desde a guerra civil: liña directa Madrid-Burgos, túnel ferroviario entre Atocha e Chamartín que incluía os apeadoiros subterráneos de Recoletos e Nuevos Ministerios e os novos enlaces ferroviarios que enlazaban o novo complexo coa liña Madrid-Zaragoza en Coslada e coa liña Madrid-Irún en Las Matas. Todo este armazón de liñas xa planeado desde a II República constitúe aínda hoxe en día a circunvalación ferroviaria polo norte de Madrid.
Progresivamente a nova estación absorbería os tráficos da estación do Norte (actual Príncipe Pío) ata provocar a desaparición dos servizos de longa distancia nesta última. O rápido aumento do número de viaxeiros pronto deixaron pequena a estación provisional que consistía nun pequeno edificio paralelo á vía 1, o que obrigou a expor a construción dun novo e definitivo edificio. Entre 1970 e 1975 construiríase a actual estación seguindo o proxecto dos arquitectos Alonso, Corrales e Molezún e o enxeñeiro Rafael Olaquiaga, que incluía ademais as amplas zonas comerciais e de lecer das que dispón actualmente. Con todo o gran tamaño co que se deseña o complexo non coincidiu coa situación do ferrocarril en España durante a década seguinte. Os anos oitenta supuxeron na rede férrea española o inicio dun proceso de saneamento da rede que se traduciu no peche de multitude de liñas e na supresión de servizos.

Con todo Chamartín converteuse na maior estación ferroviaria de Madrid, e aínda tivo unha época de esplendor. O peche de Atocha en 1986 para adecuala á chegada da liña de alta velocidade Madrid-Sevilla converteu a Chamartín na única estación de Madrid, absorbendo todo o tráfico ferroviario da cidade salvo os trens de Galicia que volveran á Príncipe Pío. Tras a inauguración do novo complexo ferroviario de Puerta de Atocha no ano 1992, Chamartín quedou relegada a un segundo plano, sen estar incluída nos plans da rede de alta velocidade e con servizos de longa distancia que progresivamente eran traspasados a Atocha coa inauguración de novas liñas.
Con todo, a estación enfróntase desde 2004 a un proceso de transformación que a devolverá á primeira plana do panorama ferroviario español.
A primeira actuación nesta liña foi a apertura da nova liña de alta velocidade entre Madrid e Valladolid o 23 de decembro de 2007. Con esta obra adaptáronse as plataformas aos novos servizos e características da infraestrutura en ancho internacional e renovouse a señaléctica da estación que segue a imaxe corporativa de Adif, desaparecendo os carteis corporativos da antiga Renfe.
Durante o verán de 2007 levou a cabo unha reorganización das vías no sur para desviar unha parte delas cara ao novo túnel que conecta Chamartín coa estación de Atocha pasando pola Puerta del Sol. Este segundo túnel inaugurouse o 9 de xullo de 2008 abrindo ao público ao día seguinte.
O 23 de decembro de 2020 modificouse o nome a Estación de Madrid-Chamartín-Clara Campoamor, en memoria da muller que defendeu o sufraxio feminino en España.[1]
Remove ads
Vías

A estación de Chamartín dispón actualmente de 21 vías coa numeración de oeste a leste.
Remove ads
Servizos ferroviarios
Proximidades
Media distancia
Os trens rexionais de media distancia que operan dende Chamartín nalgúns casos supoñen continuacións de percorridos de proximidades. Estas son as liñas:
- Avant Madrid-Chamartín - Segovia
- R-1 (Rexional): Madrid-Chamartín - Ávila
- R-2 (Rexional): Madrid-Chamartín - Segovia
- R-3 (Rexional): Madrid-Chamartín - Soria
- R-4 (Rexional): Madrid-Chamartín - Arcos de Jalón - Zaragoza
- R-7 (Rexional Exprés): Madrid-Chamartín - Alcázar de San Juan - Albacete
- R-8 (Rexional Exprés/R-598): Madrid-Chamartín/Madrid-Puerta de Atocha - Xaén
- R-20 (TRD): Madrid-Chamartín - Salamanca
- R-22 (Rexional): Madrid-Chamartín - Valladolid-Campo Grande
- R-22+R-23 (Rexional Exprés): Madrid-Chamartín - León
- R-22+R-26 (Rexional): Madrid-Chamartín - Santander
- R-22+R-27 (Rexional Exprés): Madrid-Chamartín - Vitoria
- R-22+R-29 (Rexional): Madrid-Chamartín - Ponferrada.
Longa distancia e alta velocidade
O 23 de decembro de 2007 púxose en servizo da liña de alta velocidade entre as cidades de Madrid e Valladolid todos os servizos da liña imperial pasaron a ser de alta velocidade.
Remove ads
Estación de metro

Chamartín é tamén unha estación das liñas 1 e 10 do Metro de Madrid situada baixo a estación de ferrocarril de Chamartín, no distrito de Chamartín. Desde 2007 conta cun amplo vestíbulo con catro niveis como mostran as imaxes.
As plataformas da liña 10 inauguráronse o 10 de xuño de 1982 como parte da antiga liña 8, o cal durou ata o 8 de xaneiro de 1998, e foi sometida a unha profunda reforma entre 2004 e 2006 que culminou coa apertura das plataformas da liña 1 o venres 30 de marzo de 2007.
O vestíbulo permite acceder ben a un corredor subterráneo baixo as vías de tren que dá acceso a cada unha delas tras pasar torniquetes ou ben ao vestíbulo da estación de ferrocarril e a zona de lecer.
As plataformas das liñas 1 e 10 son perpendiculares, e á beira das plataformas de cada unha destas liñas están feitos dúas plataformas máis sen servizo, que serán a medio-longo prazo os desta estación nas futuras ampliacións da liña 11.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads