Jack Doohan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jack Doohan (nado o 20 de xaneiro de 2003) é un piloto de carreiras australiano, que actualmente serve como piloto de reserva na Fórmula 1 para Alpine. Doohan competiu recentemente no Campionato da FIA de Fórmula 2 de 2023 para Virtuosi Racing.[1]
Doohan é fillo do piloto de motos Mick Doohan, quen foi cinco veces Campión do Mundo de 500cc.[2] Pasou do karting a fórmulas junior en 2018, Doohan comezou a súa carreira no Campionato do Reino Unido de F4 de 2018. Despois de quedar subcampión ante Joey Alders no Campionato Asiático de F3 2019–20, Doohan pasou á Fórmula 3 no 2020. Rematou como subcampión detrás de Dennis Hauger na seguinte tempada con Trident Motorsport. Despois, Doohan terminou terceiro na Fórmula 2 en Modelo:F2 con Virtuosi Racing.
Membro do Red Bull Junior Team de 2018 a 2021,[3] e da Academia Alpine desde 2022,[4] Doohan serviu como piloto de reserva para Alpine en 2023 e 2024, substituíndo a Esteban Ocon neste último Gran Premio de Abu Zabi de 2024 e debutando na Fórmula Un. Correra para Alpine de 2025 en diante, substituíndo a Esteban Ocon e como compañeiro de Pierre Gasly.[5]
Remove ads
Vida temperá e persoal
Jack Doohan naceu o 20 de xaneiro de 2003 en Gold Coast, Queensland. Asistiu a The Southport School durante toda a súa educación.[6] Doohan é fillo do cinco veces Campión do mundo de MotoGP, Mick Doohan.[7]
Inicio nas carreiras
Karting
Fórmula Un
En setembro de 2017, Doohan fichou no Red Bull Junior Team.[8] Deixou a academia despois da tempada 2021 e asinou coa Academia Alpine en 2022.[9] Doohan describiu o seu cambio como unha obviedade, afirmando que o programa de probas da F1 e o proxecto do equipo dentro do Campionato mundial de resistencia da FIA de 2022 deulle unha infinidade de oportunidades para o futuro.[10] Tería a súa primeira oportunidade de probar o Alpine A521 no Circuíto Internacional de Losail en maio dese ano.[11] Despois volveu pilotar o coche no Circuíto de Monza antes do fin de semana do Gran Premio do Reino Unido.[12] En setembro, Doohan probou co Alpine A521 enHungaroring, xunto a Antonio Giovinazzi e Nyck de Vries.[13] Doohan participou nas súas primeiras sesións de adestramentos libres de Fórmula 1 (FP1) con Alpine no Gran Premio de México de 2022 e no Gran Premio de Abu zabi de 2022.[14] Incluso tivo contactos para ter un asento no campionato de Fórmula 1 de 2023 co equipo francesa, pero finalmente foi para Pierre Gasly.[15] Doohan tamén participou nas probas de postempada co Alpine.[16]
En 2023, Doohan anunciouse como piloto de reserva de Alpine.[17] Doohan participou na súa primeira proba de F1 do ano en maio, pilotando o A521 en Monza.[18][19]e maio de 2023|website=Formula Scout|language=en-GB}}</ref>[20] Doohan volveu participar nos primeiros adestramentos libres con Alpine no Gran Premio de México de 2023.[21] Completou 25 voltas e ocupou o posto 18 da xeral.[22] Volveu conducir nos adestramentos libres 1 para o Gran Premio de Abu Zabi de 2023 con Alpine, rematando co 13º tempo máis rápido. Este foi o cuarto mellor tempo dos novatos que participaron na FP1, rematando detrás de Felipe Drugovich para Aston Martin, Robert Shwartzman para Ferrari e Frederik Vesti para Mercedes, pero por diante de Theo Pourchaire para Alfa Romeo, Pato O'Ward para McLaren, Jake Dennis para Red Bull Racing, Isack Hadjar para AlphaTauri e Zak O'Sullivan para Williams.[23] Despois participou unha vez máis na proba de pilotos novos con Alpine, marcando o sétimo mellor tempo.[24]
Doohan centrou a súa campaña de 2024 en ser o piloto reserva de Alpine, onde revelou o seu obxectivo de unirse á grella de Fórmula Un para a tempada 2025.[25][26] En maio de 2024, Doohan completou a súa primeira proba do ano co Alpine A522 en Zandvoort.[27] Participou na primeira sesión de adestramentos libres para Alpine no Gran Premio do Canadá de 2024.[28][29] Antes do Gran Premio do Reino Unido de 2024, Doohan volveu conducir o A522 no Circuíto de Paul Ricard xa que era un dos aspirantes a un asento con Alpine para 2025 en lugar de Esteban Ocon.[30] Tamén pilotaría para Alpine durante a FP1 para o mencionado Gran Premio do Reino Unido.[31][32]
Alpine (2025)
En agosto de 2024, Alpine anunciou que Doohan pilotaría xunto a Pierre Gasly na tempada de 2025.[33] É o primeiro piloto da Academia Alpine en ascender ao equipo de Fórmula Un.[34]
Remove ads
Rexistro de carreiras
Traxectoria profesional
† Como Doohan era un piloto invitado, non podía puntuar.
Resultados completos no campionato británico de F4
(clave) (As carreiras en negra indican a pole position) (As carreiras en cursiva indican a volta rápida)
Resultados completos no Campionato de Fórmula 4 ADAC
(clave) (As carreiras en negra indican a pole position) (As carreiras en cursiva indican a volta rápida)
Resultados completos no campionato italiano de F4
(clave) (As carreiras en negria indican a pole position) (As carreiras en cursiva indican a volta rápida)
Resultados completos no campionato MRF Challenge Formula 2000
(clave) (As carreiras en negra indican a pole position; as carreiras en cursiva indican puntos para a volta rápida dos que terminan a carreira)
Resultados completos do Campionato Asiático de F3
(chave) (As carreiras en negra indican a pole position) (As carreiras en cursiva indican a volta rápida)
Resultados completos do Euroformula Open Championship
(chave) (As carreiras en negra indican a pole position) (As carreiras en cursiva indican a volta rápida)
Resultados completos do Campionato de Fórmula 3 da FIA
(chave) (As carreiras en negra indican a pole position; as carreiras en cursiva indican puntos para a volta rápida dos dez primeiros clasificados)
Resultados completos do Campionato de Fórmula 2 da FIA
(chave) (As carreiras en negra indican a pole position) (As carreiras en cursiva indican a volta rápida)
Resultados completos na Fórmula 1
(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads