Gaián (peixe)
especie de peixe From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Labrus mixtus, coñecido como gaián ou como rei,[2][3] é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos,[4][5] unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS,[6] e a FishBase,[7] ou as 17, segundo o ITIS.[8]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gaián.
É a especie tipo do xénero Labrus.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1758 no Tomo I da súa obra Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae: Impensis Direct. Laurentii Salvii.
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4][9]
- Labrus bimaculatus Linnaeus, 1758
- Labrus carneus Ascanius, 1772
- Labrus coeruleus Ascanius, 1772
- Labrus coquus J. F. Gmelin, 1789
- Labrus larvatus Lowe, 1852
- Labrus lineatus Bonnaterre, 1788
- Labrus luvarus Rafinesque, 1810
- Labrus ossifagus Linnaeus, 1758
- Labrus quadrimaculatus A. Risso, 1827
- Labrus trimaculatus Bonnaterre, 1788
- Labrus variegatus J. F. Gmelin, 1789
- Labrus varius Linnaeus, 1758
- Labrus vetula Bloch, 1792
- Sparus formosus Shaw, 1790
Nota taxonómica
Durante moitos anos a especie coñeceuse co nome de Labrus bimaculatus, un dos sinónimos do nome válido, e así aparece en numerosas obras, entre elas algunhas das citadas na bibliografía deste artigo,[2][3][10][11][12] así como nalgúns modernos dicionarios galegos.[13][14]
Remove ads
Hábitat e distribución
Hábitat
Labrus bimaculatus é unha especie litoral que se encontra onde hai rochas e outros substratos duros en zonas con algas, a profundidades de entre os 2 e os 200 m, pero principalmente entre os 20 e os 80 m.[10][12][15][16][17][18]
Distribución
A súa área de distribución é a zona suptropical do Atlántico oriental, desde o sur de Noruega até os Azores, Madeira e o Senegal, e tamén no Mediterráneo, entre os 68° e os 12° N, e os 32° O e os 34° L.[17][18]
Remove ads
Características
As principais características morfolóxicas do gaián son:[10][12][19][20]
- Corpo delgado e alongado, máis do que o seu conxénere Labrus bergylta (a maragota), co que é simpátrico no Atlántico nororiental, cuberto de escamas relativamente pequenas, con máis d5 50 na liña lateral.
- A súa coloracion é moi variada, amosando gran dimorfismo sexual. Os individuos novos e as femias son de cor alaranxada con dúas manchas negras na base da aleta dorsal e outra na parte alta do pedúnculo caudal. Nos machos a cor e parda verdosa, sen as manchas negras mencionadas, e con 4 ou 5 bandas lonxitudinais de cor violeta. Pero tamén os machos maduros podr presentar a cabeza azul e o resto do corpo alaranxado, con bandass azuis e patróns con pintas que se estenden ao longo do corpo e nos bordos das aletas.
- Cabeza co fociño rematado en punta. Ollos grandes. Boca pequena, algo protráctil, con labios grosos, e con catro dentes bastante robustos e outros máis pequenos, finos e agudos, en cada maxilar. Ademais destes dentes bucais dispoñen doutros dentes, planos, na farinxe.
- O perfil superior da aleta dorsal segue unha liña regular que pode ser ascendente, pro sen que a porción branda forme un lóbulo prolongado, como ocorre noutras especies da familia.
- A aleta caudal é ampla, e co perfil posterior algo arredondado pero case vertical.
Bioloxía
Costumes
É o labriodo que máis se afasta da costa, e os adultos son solitarios, ou viven emparellados con xuvenís.[12] Os adultos encóntranse en zonas con algas nas costas rochosas.[7]
Nutrición
Aliméntanse principalmente de crustáceos pero tamén comen moluscos, pequenos peixes e miñocas.[1][12] Os grosos labios e os afiados dentes cónicos frontais son unha adaptación para extraeren mariscos das rochas, e compleméntanse con potentes dentes farínxeos situados máis atrás, na garganta, que poden romper as cunchas para accederen á carne do interior.
Reprodución
Alcanzan a madurez sexual aos dous anos de vida. Reprodúcense na primavera. [12] No momento da desova os machos dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias, e constrúen un niño con algas, onde as femias poñen milleiros de óvulos, que son custodiados, e fecundados polos machos. Os machos defenden o niño até que os óvulos eclosionan en larvas peláxicas ao cabo dunha ou dúas semanas. O gaián é hermafrodita protóxino (ao naceren todos son femias), e cambian de sexo a machos, nun proceso que dura ao redor de sete meses.[1][7]
Remove ads
En Galicia
A primeira cita da presenza desta especie en augas galegas débese a José Cornide Saavedra, na súa obra Ensayo de una historia de los peces y de otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo[21], publicada en 1788, onde aparece citada como Labrus livens, pero xa desde 1952, con De Buen, figura como Labrus mixtus.[22][23]
Nomes galegos
Ademais dos consagrados pola Real Academia Galega, que Ríos Panisse recolleu en doce localidades como gaián (nalgunhas referido este nome so ás femias),[24] e en cinco como rei,[25] esta investigadora da lingua recolleu tamén, entre outros, o nome de taberneiro en dez localidades.[25]
Remove ads
Uso e ameazas
O gaián comese ocasionalmente, aínda que a súa carne non é apreciada en moitos lugares, por exemplo, na Gran Bretaña, polo que non ten moita demanda na pesca comercial. Porén, é capturado por pescadores deportivos.[20]
A maior ameaza para esta especie é a degradación do seu hábitat debido á eutrofización. Outras ameazas menores para o seu hábitat son o fondeo de barcos e as actividades dos mergulladores, que poden destruír as colonias de corais de Gorgonia sp. A degradación do hábitat é a principal ameaza nas áreas menos profundas da área de distribución desta especie. Os exemplares máis grandes captúranse para utilizarse como peixe comestíbel no mar Mediterráneo e nas illas da Macaronesia.[1] En Chipre captúrase comunmente con trasmallos.[26] A pesar di reducido das capturas, estas poden representar unha ameaza no futuro dados os factores intrínsecos, como a baixa densidade da poboación e a sexualidade da especie.[1]
Remove ads
Estado de conservación
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC), esta especie está presente na maior parte do Mediterráneo e no Atlántico oriental. Nas zonas menos profundas da súa área de distribución, a degradación do seu hábitat é preocupante. Aínda que non hai información da súa poboación, crese que é estábel, polo que cualifica á especie como LC (pouco preocupante).[1]
Remove ads
Galería de imaxes
- Macho
- Macho
- Femia
- Macho
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads