MASP1

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A serina protease da lectina que se une ao manano 1 tamén chamada serina protease asociada á manosa 1 (MASP-1) é un encima que nos humanos está codificado no xene MASP1 do cromosoma 3.[1][2][3]

Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...

A MASP-1 intervén na vía da lectina do sistema do complemento e é responsable da activación de MASP-2 e MASP-3.[4] Está tamén implicada no proceso de clivaxe das proteínas do complemento C4 e C2, en fragmentos para formar unha convertase de C3.[5]

Remove ads

Función

A MASP-1 é unha serina protease que funciona como un compoñente da vía da lectina de activación do complemento. O sistema do complemento é unha parte esencial das respostas inmunitarias innatas e adaptativas, xa que permite que o corpo elimine o material alleo.[6] A MASP-1 sintetízase como un cimóxeno e é activada cando crea un complexo de proteínas con moléculas de recoñecemento de patóxeno da vía da lectina, que poden ser a lectina que se une ao manano (ou á manosa) e as ficolinas. Esta proteína está directamente implicada na activación do complemento porque a MASP-1 activa MASP-2 ao clivar (cortar un cacho) un cimóxeno MASP-2.[7] A MASP-2 pode despois clivar C4 orixinando as proteínas C4a e C4b. A MASP-1 é tamén responsable de crear a convertase de C3 ao clivar C2 en C2b e C2a. C2a e C4b son usadas para crear a convertase de C3, un complexo que poderá despois clivar C3 en C3a e C3b. Unha variante de empalme deste xene, que carece do dominio de serina protease, funciona como inhibidor da vía do complemento.[3]

Ademais, a MASP-1 é útil para outras vías biolóxicas distintas das vías do complemento, como a coagulación do sangue. A MASP-1 pode clivar proteínas da vía da coagulación como o PAR-4, o fibrinóxeno e o factor XIII, o que causa unha elevada xeración de coágulos e fibrina.[8][7]

Remove ads

Estrutura

A estrutura da MASP-1 é similar á doutras proteínas MASP. O xene MASP1 codifica a MASP-1 así como a MASP-3 (por medio de empalme alternativo).[9] A pesar de que se orixinan de distintos xenes e de empalme alternativo, todas as proteínas MASP teñen a mesma estrutura cunha cadea pesada/alfa, unha cadea lixeira/beta, e cunha ponte disulfuro de cisteína que as interconecta. A cabeza pesada está constituída por dous dominios CUB e dous dominio de proteína de control do complemento (CCP) que están conectados por un segmento de factor de crecemento epidérmico (EGF). Porén, a estrutura cristalina completa das proteínas MASP aínda non se formulou.[10]

Remove ads

Importancia clínica

Os cambios no xene MASP1 poden orixinar varias doenzas en pacientes debido aos cambios correspondentes que se producen na proteína MASP-1. Os cambios no xene MASP1 (polimorfismos) poden causar unha síndrome de resposta inflamatoria sistémica/sepse, síndrome de Malpuech (3MC), e colonización bacteriana en persoas con fibrose quística. Ademais, a MASP-1 é esencial para o transplante de células nai, xa que está implicada no transporte de células nai da medula ósea ao sangue.[11] Ademais, os polimorfismos dun só nucleótido (SNPs) no xene MASP1 poden causar unha desactivación da coagulación do sangue e da activación do complemento.[12] A sobreprodución de proteínas MASP-1 poden tamén estar relacionadas con algunhas doenzas. Por exemplo, as doenzas cardiovasculares incrementan os niveis de MASP-1, especialmente en casos como o infarto de miocardio subagudo. A MASP-1 é tamén regulada á alza en pacientes con leiomiosarcoma uterino, e podería activar a vía alternativa do complemento en pacientes de artrite inflamatoria. A doenza hepática hepatite C está asociada coa MASP-1 debido á localización de altas concentracións de MASP-1 en fígados infectados. Niveis máis altos do normal de MASP-1 correlaciónanse coa fibrose grave relacionada coa hepatite C.[12]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads