Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto

club de baloncesto galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto, S.A.D.[2], denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite na segunda categoría do baloncesto español, a Primeira FEB.

Datos rápidos Información xeral, Nome ...
Remove ads

Historia

Inicios

Até 1970 o baloncesto da cidade de Compostela estivo representado nas competicións oficiais por un equipo do SEU e por unha sección da SD Compostela. Nese ano naceu o Obradoiro CAB, fundado por un grupo de 29 afeccionados dispostos a darlle un pulo renovado ó deporte da canastra na cidade. Na tempada 1970-71 o Obradoiro partiu da Terceira División, ocupando a praza da sección de baloncesto da SD Compostela. Naqueles tempos o equipo xogaba no antigo ximnasio universitario, onde na actualidade está o Auditorio da USC.[3]

Despois de ascender dende a Terceira División á Segunda División no seu terceiro ano de existencia, o Obradoiro CAB acadou a máxima división do baloncesto español ao remate da tempada 1981-82, cando ascendeu tras derrotar o CB Mataró. Formaban parte dese equipo Mario Iglesias, Eduardo Echarri, Jan Lomas, Balagué, Arturo Corts, Javi Vallejo, Montero, José Cobelo, Manolo Vidal, Alberto Abalde, Gil, Popocho Modrego, Julio Bernárdez e Pepe Casal, e Antonio Castro era o presidente da entidade.[4]

Nesa primeira tempada en primeira división o Obradoiro gañou unicamente dous encontros, e rematou na 14ª e última posición.[5]

Thumb
Pavillón de Santa Isabel, fogar do Obradoiro entre 1990 e 2009.

En 1990 tenta de novo ascender a primeira, e ten que xogar a eliminatoria contra o Júver Murcia. No primeiro partido xoga polos murcianos Esteban Pérez, con nacionalidade arxentina, o que daquela supuña un aliñamento indebido.[6] O Obradoiro reclama o aliñamento e nos seguintes dous partidos da eliminatoria o Júver non inclúe a Pérez. Os tres partidos rematarían coa derrota do Obradoiro, pero este club reclama, primeiro á xustiza deportiva e logo pola vía ordinaria. Mentres se resolve o proceso, o Obradoiro descende varias categorías e móvese durante a década dos noventa e o comezo do século XXI polas categorías inferiores estatais e polas categorías galegas.

Nese tempo naceu e medrou outro club de baloncesto na capital galega, o CB Rosalía, que se converteu no equipo de baloncesto de referencia na cidade durante máis dunha década, chegando mesmo a loitar polo ascenso á Liga ACB na tempada 2007-08.

Fin do conflito e volta á ACB

En 2003 o preito resólvese, e a Xustiza obriga a ACB a readmitir o equipo na primeira división estatal: pero os recursos económicos da entidade non poden facerlle fronte aos avais de 2003, e acoden de novo á xustiza para conseguir unhas condicións de acceso como en 1990. O Tribunal Supremo volve darlles a razón polo que lles concede unha praza na ACB nas condicións daquela tempada, e coa posibilidade de facela efectiva ao longo de tres anos.

Comezou a tempada 2009-10 xogando na casa contra o Barcelona, cunha derrota coma resultado.[7] Tras catro derrotas nos catro primeiros partidos, a primeira vitoria chegou na 5ª xornada contra o Baloncesto Fuenlabrada por 86-66 no Multiúsos Fontes do Sar.[8] Malia unha gran primeira volta na que rematou na undécima posición con 7 vitorias e 10 derrotas, rematou por descender á Liga LEB tras conseguir tan só unha vitoria na segunda volta e finalizar na penúltima posición con tan só 8 vitorias. Como feitos destacables cabe salientar a vitoria no Sar na 12ª xornada ante o Real Madrid por 78-68.[9]

Á tempada seguinte na LEB Ouro, o Obradoiro fixo un equipo de garantías para volver o antes posible á ACB. Xogadores coma Alberto Corbacho, Levon Kendall ou Oriol Junyent chegaron a Santiago para devolver ó Obradoiro á máxima categoría. Todos eles baixo o mando no novo adestrador, o galego Moncho Fernández. O equipo comezou con 13 vitorias nos 13 primeiros partidos e rematou a primeira volta no máis alto da táboa, clasificándose dese modo para a Copa Príncipe. Tras un partido moi igualado, o Obradoiro conseguiu finalmente o trofeo tras derrotar ó CB Murcia por 81-78.[10] Ademais, Alberto Corbacho foi elixido mellor xogador da Copa Príncipe.

Tras unha segunda volta máis irregular, na que perdeu catro partidos, foi o Murcia quen ascendeu directamente á Liga ACB, e o Obradoiro tivo que disputar os playoffs tras rematar na segunda posición. Ó remate da tempada regular, Oriol Junyent foi incluído no mellor quinteto da tempada da LEB Ouro. Na primeira rolda dos playoffs de ascenso á ACB, o Obradoiro derrotou ó Cáceres Creativa por 3-1. Na segunda rolda agardaba o Leite Río Breogán de Lugo. O derbi galego rematou coa vitoria do Obradoiro por un contundente 3-0. O Ford Burgos, que rematou por detrás do conxunto santiagués na tempada regular, foi o rival na última rolda para o ascenso á ACB. O Obradoiro conseguiu gañar os dous primeiros partidos no Sar para poñer o ascenso a unha soa vitoria. En Burgos, a serie poñíase 2-1 tras unha axustada vitoria do Ford Burgos. No cuarto partido, tras un gran primeiro cuarto do Obradoiro no que tan só encaixou 5 puntos, os santiagueses conseguían o retorno á Liga ACB só unha tempada máis tarde.[11]

Estabilidade e primeiros playoffs ACB

Thumb
O checo Pavel Pumprla nos playoffs da ACB de 2013 contra o Real Madrid.

Para a tempada 2011-12, o Obradoiro mantivo a base do equipo que lograra o ascenso o ano anterior e fixo poucas incorporacións, na que destacou a do gabonés Stephane Lasme. Tras unha complicada primeira volta na que tan só conseguiron 4 vitorias e o descenso ameazaba de novo, o Obradoiro fíxose forte no Sar na segunda parte da competición, conseguindo 6 vitorias en 8 partidos na casa e rematando a liga na 13ª posición. A gran tempada de Lasme propiciou o interese de varios equipos europeos e da NBA pola súa incorporación, e finalmente fichou polo Panathinaikos grego ó rematar a tempada.

O Obradoiro, con grandes incorporacións coma Pavel Pumprla, Salah Mejri ou Robbie Hummel, clasificouse por primeira vez na súa historia para os Playoffs da Liga ACB na tempada 2012-13, tras rematar na oitava posición con 18 vitorias en 34 partidos. Na primeira rolda enfrontouse ó Real Madrid por 2-0, equipo que remataría proclamándose campión de liga ó remate dos Playoffs. Nesa tempada salientou o tunesino Salah Mejri, que foi escollido coma xogador revelación da liga tras acadar 9.2 puntos, 5.2 rebotes por encontro, ademais de ser o máximo taponador da liga con 1.6 tapóns por partido. Na votación rematou con 65 puntos, cinco máis que o seu compañeiro Alberto Corbacho e Lucas Nogueira, do Estudiantes.[12]

A difícil tarefa de repetir presenza nos playoffs non foi posible na seguinte tempada. As marchas de Salah Mejri ó Real Madrid, de Levon Kendall ó Herbalife Gran Canaria e de Robbie Hummel ós Minnesota Timberwolves da NBA foron moi importantes para un Obradoiro que se reforzou co croata Mario Delaš ou o pivote estadounidense Mike Muscala, quen deixou o equipo á metade da tempada para fichar polos Atlanta Hawks da NBA.[13] Malia todo, o Obradoiro conseguiu rematar na 12ª posición con 13 vitorias e 21 derrotas.

Na tempada 2014-15, o Obradoiro comezou cun equipo practicamente novo. Tan só Alberto Corbacho, Pavel Pumprla e Rafa Luz repetiron no cadro de xogadores do equipo santiagués. Esta tempada deixou un partido para a historia; o 14 de marzo de 2015, o Obradoiro conseguiu o maior triunfo da súa historia e o oitavo da historia da ACB tras derrotar ó UCAM Murcia por 104-52.[14] O alemán Maxi Kleber e o polaco Adam Waczyński, acabados de chegar a Santiago, axudaron co seu gran rendemento a que o Obradoiro rematara de novo na 12ª posición conseguindo 15 vitorias, o número máis alto dende a clasificación do equipo para os playoffs.

Remove ads

Palmarés

Copa Galicia[15]

Copa Príncipe de Asturias

Copa do Rei

Supercopa de España

Outras competicións

Remove ads

Traxectoria en liga

A seguinte táboa amosa o percorrido do Obradoiro CAB polas diversas categorías do baloncesto nacional dende a tempada de debut en 1970/71 até a actualidade:[16]

Máis información Categoría ...
  • Tempadas na máxima categoría do baloncesto nacional (Liga ACB ou equivalente): 15
82/83, 09/10, 11/12, 12/13, 13/14, 14/15, 15/16, 16/17, 17/18, 18/19, 19/20, 20/21, 21/22, 22/23, 23/24
  • Tempadas na segunda categoría do baloncesto nacional (LEB Ouro ou equivalente): 15
73/74, 74/75, 75/76, 76/77, 77/78, 80/81, 81/82, 83/84, 85/86, 86/87, 87/88, 88/89, 89/90, 91/92, 10/11, 24/25
  • Tempadas noutras categorías: 24
78/79, 79/90, 84/85, 90/91, 92/93, 93/94, 94/95, 95/96, 96/97, 97/98, 98/99, 99/00, 00/01, 01/02, 02/03, 03/04, 04/05, 05/06, 06/07, 07/08, 08/09
Os números do Obradoiro CAB en ACB / Primeira División
Máis información Tempadas, Xog. ...
  • Xog. Xogados ; Gañ. Gañados ; Per Perdidos ; P+ Puntos anotados ; P- Puntos encaixados.
Remove ads

Pavillón

Thumb
Exterior do Multiúsos Fontes do Sar.
Thumb
Interior do Multiúsos Fontes do Sar.

O Obradoiro CAB xoga os seus encontros como local no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar, situado no leste da cidade, nunha zona coñecida como Brañas de Sar, ó pé do Monte Gaiás. O recinto foi inaugurado en 1998, e ten capacidade para acoller a 6.050 seareiros. O equipo comparte este pavillón co Santiago Futsal, o equipo de fútbol sala que compite na máxima categoría da LNFS. Este pavillón é propiedade do Concello de Santiago de Compostela.

O primeiro fogar do Obradoiro CAB foi o Ximnasio da USC (actual Auditorio do Campus Vida). En 1975 mudouse ó Pavillón Brañas do Sar, construído polo propio club.[17] Nese recinto chegaron os primeiros grandes éxitos da entidade, incluíndo a tempada 1982-83 na que o equipo competiu na máxima categoría da Liga Española de Baloncesto. Coa chegada dos problemas legáis o equipo comezou a xogar no Pavillón Municipal de Santa Isabel, propiedade do concello, que pasou a ser o principal pavillón da cidade. O Obradoiro CAB volveu a Sar en 2009, para xogar no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar, construído sobre o antigo Pavillón Brañas do Sar.

Dende o regreso do Obradoiro CAB á elite do baloncesto nacional, a afluencia media de seareiros que acudiron ós encontros do equipo na ACB 2009-10 foi de 5509 persoas, con máximos de 6050 espectadores (fronte ó FC Barcelona). No seguinte ano, co equipo na LEB Ouro 2010-11, a media baixou a 4297 persoas. De volta na Liga ACB, na tempada 2011-12 a media de seareiros no pavillón medrou ata os 5241.[18]

Remove ads

Xogadores

Véxase tamén: Xogadores do Obradoiro CAB.

Cadro actual

Máis información Monbus Obradoiro 2023−2024, Xogadores ...

Dorsais retirados

Máis información N°, Xogador ...

Estatísticas individuais

Máis información #, Xogador ...
Máis información #, Xogador ...

Datos actualizados ata a tempada 2021-22.[22]
En letra negra os xogadores que xogan actualmente no equipo.

Remove ads

Competicións europeas

Máis información Tempada, Competición ...
Remove ads

Galardóns individuais

Xogador Revelación da ACB

Mellor quinteto novo da ACB

MVP da xornada da ACB

1 Compartido con Andy Panko do Baloncesto Fuenlabrada.
2 Compartido con Javier Beirán do Iberostar Tenerife.
3 Compartido con Joe Thomasson do Covirán Granada.

MVP do mes da ACB

Máis información Xogador, Mes ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads