Operación Triunfo 2023
12.ª edición de Operación Triunfo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Operación Triunfo 2023, máis coñecido polas súas siglas OT 2023, é a duodécima edición do programa de televisión musical español, Operación Triunfo. O concurso comezou a súa emisión o 20 de novembro de 2023, retransmitíndose logo tódolos luns en directo na plataforma de streaming de Prime Video,[1] até o 19 de febreiro de 2024, cando Naiara Moreno foi nomeada gañadora da edición.
Remove ads
Desenvolvemento
Mecánica
Tal e como anunciou o director da produtora, Tinet Rubira, o formato durará catorce semanas, repartíndose en doce galas semanais, unha gala final e unha gala especial de Nadal. Máis tarde, a responsable de contidos de Prime Video España, María José Rodríguez Pérez, revelou que esta edición disporía dunha nova revista diaria, con Xuso Jones como presentador, onde se comentaría o que está acaecendo nos días dentro da academia.
Premio
A persoa gañadora recibirá 100 000 € para a súa carreira discográfica.[2]
Instalacións
A «Academia» de Operación Triunfo 2023 continuou coa mesma localización cás antigas edicións, é dicir, nos estudios do Parque Audiovisual de Cataluña, en Terrasa. Estes albergan o plató, mais tamén a «Academia» asemade.
As instalacións, que abrangan uns 2 200 m2, contan cun edificio de tres plantas e un plató de grandes dimensións. Ademais, nesta edición estendeuse o tamaño da «Academia» e, do mesmo xeito que na primeira edición do programa, os estudios de gravación atópanse agora dentro das instalacións.
Remove ads
Equipo
Profesorado

Na duodécima edición do programa, o claustro da academia está composto por:[3]
- Noemí Galera, a directora de castings e directora da academia.
- Manu Guix, o director musical.
- Mamen Márquez, a profesora de técnica vocal.
- Vicky Gómez, a coreógrafa.
- Abril Zamora, a profesora de interpretación.
- Pablo Lluch, o ''coach'' vocal.
- Vic Mirallas, o ''coach'' vocal.
- Toni Hinojosa, o profesor de ''fitness''.
- Gerard Ibañez, o profesor de canto coral.
- Verónica Blume, a profesora de ioga.
- Jill Earnshaw, a profesora de lingua inglesa.
- Judith Endje, a profesora de danza de rúa.
Xurado
Prime Video nomeou ás persoas, que ocuparían os postos do xurado en OT 2023, na presentación da edición celebrada o 15 de novembro do 2023. Os tres membros permanentes do xurado, ao longo de tódalas galas, serían:
- Concha Buika
- Pablo Rouss
- Cristina Regatero
O cuarto integrante do xurado sería un convidado especial en cada gala:
- Gala 0 - Anitta
- Gala 1 - Natalia Jiménez
- Gala 2 - Vanesa Martín
- Gala 3 - Cami
- Gala 4 - Carlos Rivera
- Gala 5 - Miriam Rodríguez
- Gala 6 - Edurne
- Gala 7 - Rozalén
- Gala 8 - Emilia Mermes
- Gala 9 - Abraham Mateo
- Gala 10 - ?
Remove ads
Concursantes
Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, só dezaseis prazas lles foron propostas aos aspirantes na Gala 0. O canario, Edu Izaña, e a galega, Lina de Sol, quedáronse ás portas da academia, converténdose así, nos dous primeiros eliminados da edición.
Estatísticas semanais
Táboa de estatísticas semanais
Esta táboa mostra a estadía dos concursantes ao longo das semanas, ata o momento mesmo da expulsión.
- Pase directo dos profesores.
- Entra por decisión dos profesores ou do público.
- Concursante candidato/a a « nómade favorito/a » da semana.
- Concursante nomeado/a, salvado/a polos profesores.
- Concursante nomeado/a, salvado/a polo voto dos seus compañeiros.
Votacións dos concursantes
Após o xuízo do xurado, os concursantes decidían, a través dunha votación, que compañeiro/a desexaban salvar do nomeamento.
- Concursante nomeado/a, salvado/a polo voto dos seus compañeiros.
- Concursante nomeado/a, falto/a do voto de salvamento dos seus profesores e compañeiros.
- Concursante expulsado/a.
Expulsións
O público vota para salvar ao seu concursante favorito, polo tanto, o/a expulsado/a é o/a concursante coa porcentaxe de votos máis baixa.
- Gala 0: Álvaro Mayo (43,86%) / Edu e Lina de Sol (56,14%).
- Gala 2: Lucas (54,1%) / Suzete (45,9%).
- Gala 3: Alex Márquez (72,4%) / Omar (27,6%).
- Gala 4: Violeta (65,6%) / Denna (34,4%).
- Gala 5: Alex Márquez (60,3%) / Salma (39,7%).
- Gala 6: Paul (82,1%) / Alex Márquez (17,9%).
- Gala 7: Chiara (59,5%) / Violeta (40,5%).
- Gala 8: Bea (52,3%) / Cris (47,7%).
- Gala 9: Paul (65,7%) / Álvaro Mayo (34,3%).
- Gala 10: Lucas (67%) / Chiara (33%).
- Gala 11: Ruslana (55,5%) / Bea (44,5%).
Remove ads
Galas
Operación Triunfo 2023 contará con catorce galas normais e unha especial. Logo de anunciar, en cada gala, o nome do concursante expulsado, sinálanse aos tres concursantes con máis votos durante a semana, e o que posúe o maior número é pregoado favorito. Este é sempre o primeiro en cruzar a pasarela e non pode ser nomeado. Ao final da noite, dous novos concursantes son propostos para abandonar a academia.
Gala 0 - Luns, 20 de novembro do 2023
- Artista convidada: Anitta, que interpretou « Mil Veces ».
- Xurado convidado: Anitta.
Gala 1 - Luns, 27 de novembro do 2023
- Actuación grupal: « Libertad » (Nil Moliner).
- Artistas convidados: Nil Moliner, que cantou « Libertad » cos concursantes e NIA, que interpretou « Caminito de Lamento » e « Brujería ».
- Xurado convidado: Natalia Jiménez.
Gala 2 - Luns, 4 de decembro do 2023
- Actuación grupal: « Alright » (Supergrass).
- Artistas convidados: Abraham Mateo e Vicco, que interpretaron « tequiero ».
- Xurado convidado: Vanesa Martín.
Gala 3 - Luns, 11 de decembro do 2023
- Actuación grupal: « Dime » (Beth).
- Artista convidado: Morat, que interpretou « Sobreviviste ».
- Xurado convidado: Cami.
Gala 4 - Luns, 18 de decembro do 2023
- Actuación grupal: « Sweet Caroline » (Neil Diamond).
- Artista convidado: Carlos Rivera, que interpretou « Para ti ».
- Xurado convidado: Carlos Rivera.
Gala de Nadal - Luns, 25 de decembro do 2023
Por mor da decisión do programa de deixar que os concursantes pasaran a Noiteboa coas súas familias, o 22 de decembro, filmouse a « Gala especial de Nadal », que logo, se emitiu o día 25 de decembro do 2023 en Prime Video.
- Actuacións grupais: « Navidad, Navidad » e « Happy Xmas (War is Over) » (John Lennon).
Gala 5 - Luns, 1 de xaneiro do 2024
- Actuación grupal: « Un año más » (Mecano).
- Artista convidado: Sen Senra, que interpretou « Meu amore » e « Uno de eses gatos ».
- Xurado convidado: Miriam Rodríguez.
Gala 6 - Luns, 8 de xaneiro do 2024
- Actuación grupal: « Quevedo: Bzrp Music Sessions, Vol. 52 » (Bizarrap e Quevedo).
- Artista convidado: Veintiuno, que interpretou « La Toscana ».
- Xurado convidado: Edurne.
Gala 7 - Luns, 15 de xaneiro do 2024
- Actuación grupal: « Just Can't Get Enough » (Depeche Mode).
- Artista convidada: Chanel, que interpretou « Agua ».
- Xurado convidado: Rozalén.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads