Parlamento de Galicia

Institución lexislativa de Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia

Parlamento de Galicia
Remove ads

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurado con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981, estaba formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados. Así e todo, desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de 4 anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

Datos rápidos Datos xerais, Ámbito ...
Remove ads

Posición estatutaria

Asignación de escanos

De acordo co artigo 9.1 do Título III da Lei 8/1985, de 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia,[3] o Parlamento de Galicia está composto por 75 deputados. Estes son elixidos polas catro circunscripcións electorais galegas, que corresponden coas catro provincias da comunidade autónoma. Cada unha delas elixe un número diferente de deputados, tal e como marcan os artigos 9.2 e 9.3 da citada lei. A cada unha das catro provincias de Galicia correspóndelle un mínimo inicial de 10 deputados, mentres que os 35 restantes distribúense entre as provincias en proporción á súa poboación. En 2024 esta é a distribución de escanos que se segue:

O mandato dos deputados remata catro anos despois da súa elección ou o día da disolución da Cámara, dereito correspondente á presidencia da Xunta de Galicia.

Funcións

  • Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma.
  • Controlar a acción executiva da Xunta de Galicia.
  • Aprobar os seus orzamentos.
  • Designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega.
  • Escoller de entre os seus membros a Presidencia da Xunta.
  • Esixirlles responsabilidades á Xunta de Galicia e ao seu presidente.
  • Solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei.
  • Presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei.
  • Interpoñer recursos de inconstitucionalidade.
  • Presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.

O Parlamento, órgano inviolable, representa o pobo galego e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma, da que derivan todas as demais.

Remove ads

Historia

Ao igual ca os parlamentos de País Vasco, Cataluña e Andalucía, o Parlamento de Galicia foi constituído tralas primeiras eleccións autonómicas, celebradas en 1981, a partir da redacción do Estatuto de Autonomía polo procedemento marcado ni artigo 151.2 da Constitución, polos membros das Cortes Xerais elixidos nas provincias correspondentes na primeira lexislatura da monarquía, presidida por Adolfo Suárez.

A primeira sesión constitutiva do Parlamento de Galicia tivo lugar o 19 de decembro de 1981 (I Lexislatura) no Pazo de Xelmírez, unha vez celebradas as primeiras eleccións autonómicasda historia de España, o 20 de outubro de 1981.

Previamente, o 18 de maio de 1981, entrara en vigor o Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado no referendo celebrado o 21 de decembro de 1980.

Composicións históricas

Remove ads

Sede

Artigo principal: Pazo do Hórreo.
Thumb
Pazo do Hórreo.
Thumb
Sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela.

O pazo de Xelmírez foi a sede provisional do Parlamento de Galicia desde a súa constitución o 19 de decembro de 1981[4] ata que se trasladou ó pazo de Fonseca no verán de 1982[5] e, finalmente, á actual sede no pazo do Hórreo en marzo de 1989. Para conmemorar os 30 anos da institución, o 19 de decembro de 2011 celebrouse no pazo de Xelmírez unha sesión extraordinaria do Parlamento.[6][7]

O Pazo do Hórreo conta con todas as dotacións necesarias para que os deputados e deputadas poidan desenvolver o seu traballo: salón de plenos, salas de comisións, de prensa e outras dependencias de uso polivalente, tanto para as reunións de carácter interno como para a actividade pública e encontros con colectivos. Así mesmo, un completo equipamento tecnolóxico permite ofrecer en directo, a través da web, as sesións do Pleno e das comisións.

O salón de plenos é o lugar habitual onde teñen lugar as sesións do Pleno do Parlamento de Galicia, e os deputados ocupan os asentos arranxados en forma de hemiciclo ante a Mesa presidencial. O presidente da Xunta de Galicia e o seu Goberno ocupan a primeira ringleira de escanos, e o resto de deputados, agrupados en grupos parlamentarios, ocupan os restantes, previamente asignados pola Mesa do Parlamento.

O Parlamento alberga tamén unha variada e valiosa colección de arte galega contemporánea, pintura e escultura fundamentalmente, e conta cunha nutrida biblioteca. Desde 1997 a biblioteca do Parlamento acolle o arquivo bibliográfico e persoal de Ricardo Carvalho Calero, unha colección formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas, documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis).[8]

Composición do Parlamento na XII lexislatura

Resultado electoral

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, celebradas o domingo 18 de febreiro, o Partido Popular de Galicia gañou as eleccións, quedando o Bloque Nacionalista Galego en segundo lugar e o Partido dos Socialistas de Galicia terceiro, co mellor e o peor resultado da historia de ambos partidos, respectivamente. Deste modo, os resultados nas eleccións foron os seguintes:

Máis información Fonte: Xunta de Galicia ...

Órganos do Parlamento

A Mesa

Máis información Cargo, Titular ...

Grupos parlamentarios

O Parlamento de Galicia está formado por 75 deputados. Destes, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016). Tralas eleccións do 18 de febreiro de 2024 o resultado para a súa configuración durante a XII lexislatura foi:

Thumb
Grupos Parlamentarios (XII lexislatura)
Grupo parlamentario Partidos Portavoz Escanos
Popular de Galicia Partido Popular de Galicia Alberto Pazos Couñago 40
Bloque Nacionalista Galego Bloque Nacionalista Galego Ana Belén Pontón Mondelo 25
Socialistas de Galicia Partido dos Socialistas de Galicia José Ramón Gómez Besteiro 9

A Xunta de Portavoces

Máis información Cargo, Titular ...

Comisións

Máis información Comisión, Presidencia ...
Remove ads

Senadores designados polo Parlamento de Galicia

Unha das funcións que desempeña o Parlamento de Galicia é a designación dos senadores que deben representar a Galicia, conforme ao previsto na Constitución e na forma que determine a Lei de Designación de Senadores en representación de Galicia.

A designación dos senadores galegos produciuse o día 19 de novembro de 2021 no Parlamento de Galicia. Así, elixíronse a dous representantes do Partido Popular de Galicia e a un do Partido dos Socialistas de Galicia.[12] Polo tanto, a lista de senadores designados polo Parlamento de Galicia quedou da seguinte forma:

Máis información Partido, Senadores actuais ...

Entre 2021-Actualidade

Máis información Partido, Senadores ...
Remove ads

Presidencia do Parlamento de Galicia

Thumb
Miguel Ángel Santalices, actual presidente do Parlamento de Galicia.

O presidente do Parlamento ostenta a representación da Cámara, asegura a boa marcha dos traballos, dirixe os debates, mantén a orde dos mesmos e ordena os pagos, sen prexuízo das delegacións que poida conferir.[13]

Máis información Lexislatura, Presidente/a ...
Remove ads

Liña temporal

Miguel Ángel Santalices VieiraPilar Rojo NogueraDolores VillarinoJosé María García LeiraVictorino Núñez RodríguezTomás Pérez VidalAntonio Rosón Pérez

Actividade

A actividade do Parlamento de Galicia desenvólvese en dous períodos de sesións: un que abrangue os meses de setembro a decembro e outro que vai do 15 de xaneiro ao 15 de xullo. Durante estes períodos, os deputados pódense reunir en sesións ordinarias de Comisión que, habitualmente, teñen lugar de martes a venres de cada semana.

Fóra destes períodos de sesións, pódense realizar sesións extraordinarias de cumprirse determinados requisitos.

Quen exerce a Presidencia do Parlamento fixa a Orde do día das Sesións Plenarias, de acordo coa Mesa e a Xunta de Voceiros e tendo en conta o calendario de actividades. A orde do día das Comisións vén determinada pola súa Mesa, de acordo co calendario establecido pola Mesa do Parlamento.

Remove ads

Composicións anteriores do Parlamento de Galicia

Artigo principal: Lista de deputados no Parlamento de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads