Paz Vega
actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Paz Campos Trigo, nada en Sevilla o 2 de xaneiro de 1976, é unha actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico Paz Vega.
Remove ads
Traxectoria
Paz Campos Trigo toma o seu apelido artístico, Vega, da súa avoa. Comezou estudos de Ciencias da Información, pero decidiu abandonalos e trasladarse a Madrid para dedicarse á interpretación.
Os seus primeiros traballos conségueos en series de televisión. O seu primeiro papel foi en Más que amigos, para Telecinco, onde deu vida ó personaxe de Olga no ano 1997. Un ano máis tarde entraría a formar parte do elenco de Compañeros, onde interpretou a profesora Luz durante só unha temporada, abandonando esta produción de Antena 3 para volver a Telecinco e ser unha das protagonistas de Siete Vidas, a serie que verdadeiramente a lanzou á fama co papel de Laura.
O seu primeiro papel importante en cine sería o de Lucía, protagonista en Lucía y el sexo (2001) de Julio Medem. No mesmo ano protagoniza xunto a Sergi López Ayats Sólo mía de Javier Balaguer, unha cinta que trata o tema do maltrato á muller. Foi candidata ós Premios Goya do ano 2002 por ambas interpretacións, obtendo o premio á mellor actriz revelación polo seu traballo ás ordes de Medem.
En 2002 tivo unha breve participación en Hable con ella de Pedro Almodóvar, ademais de ser unha das protagonistas de El otro lado de la cama de Emilio Martínez Lázaro, a película española de máis éxito dese ano segundo FilmAffinity.[1] Casou con Orson Salazar co que ten tres fillos.
En 2003 protagonizou xunto a Leonardo Sbaraglia Carmen de Vicente Aranda, baseada na novela de Prosper Mérimée. En 2004 rodou en Estados Unidos Spanglish, dirixida por James L. Brooks, e tamén a produción española Di que sí xunto a Santi Millán.
En 2006 aparece nun vídeo musical de Alejandro Sanz titulado A la primera persona. Nese ano interpreta a Caterina Sforza no filme Los Borgia dirixida por Antonio Hernández, e pouco despois protagoniza La masseria delle allodole, dirixida polos irmáns Taviani.
En novembro de 2007 participa no filme de acción estadounidense The Spirit, xunto con Eva Mendes, Samuel L. Jackson e Scarlett Johansson. O 30 de maio de 2008 recibiu a medalla da cidade de Sevilla, [2][3] e en outubro de 2008 comezou a traballar na serie de televisión LEX, protagonizada polo seu antigo compañeiro en Siete vidas, Javier Cámara.
En 2009 seguiu desenvolvendo a súa traxectoria internacional co filme Triage, onde comparte cartel con Colin Farrell e Christopher Lee. O 23 de maio de 2010 recibiu a Medalla de Ouro da provincia de Sevilla.
En 2012 deu a súa voz para o filme de animación Madagascar 3: Europe's Most Wanted e deu por finalizada a rodaxe de Los amantes pasajeros, de Pedro Almodóvar. Recentemente interpretou a Maria Callas no filme Grace of Monaco xunto a Nicole Kidman, quen encarnou a Grace Kelly.
Remove ads
Filmografía
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads