Pinto (peixe)

especie de peixe From Wikipedia, the free encyclopedia

Pinto (peixe)
Remove ads

O pinto,[2] Labrus merula, é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos,[3][4] unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS,[5] e a FishBase,[6] ou as 17, segundo o ITIS.[7]

Máis información PintoLabrus merula, Estado de conservación ...
Remove ads

Taxonomía

Descrición

A especide foi descrita en 1758 na páxina 288 do Tomo I da súa obra Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae: Impensis Direct. Laurentii Salvii.

Sinónimos

Ademais do nome que lle impuxo Linneo, que é o protónimo, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5][8]

  • Labrus limbatus Valenciennes, 1839
  • Labrus lineolatus Valenciennes, 1839
  • Labrus livens Linnaeus, 1758
  • Labrus nereus Risso, 1810
  • Labrus psittacus Risso, 1827
  • Labrus saxorum Valenciennes, 1839

Etimoloxías

Para a do xénero véxase Labrus.

O epíteto específico, merula, é o nome latino do merlo, en alusión á súa coloración escura, que se reflicte nalgúns nomes vulgares en diferentes linguas, como o galego merlo,[9] os cataláns tord negre e grívia negra,[10] ou o francés merle.[11]

Remove ads

Características

As principais características morfolóxicas deste peixe son:[12][13][14][15] [16]

  • Corpo ovalado, revestido de escamas relativamente grandes, que pode acadar até os 40 ou os 45 cm de lonxitude e até 1 kg de peso.
  • Coloración apagada, menos variábel que a doutras especies do xénero, e dependente do hábitat, pode ser parda, morada escura, negra, azulada, verde olivácea ou terrosa, sen bandas nin manchas brancas. O ventre é de cor arxénteo o claro.
  • Cabeza ancha, coa fronte lixeiramente empenada, opérculo de bordo liso, boca pequena con labios grosos, e dentes pequenos, cónicos e robustos. As aberturas nasais posteriores son redondas.
  • Todas as aletas, exceptuando as pectorais que son transparentes, están bordeadas dun morado intenso que, en época de celo pode ser violeta moi intenso. Os raios das aletas pectorais son pardos ou alaranxados.
  • A porción branda da aleta dorsal, sustentada por de 11 a 14 raios, é máis alta que a espiñenta, que presenta de 17 a 19 raios.
  • A aleta anal ten 3 raios espiñentos e de 8 a 12 raios brandos. A base da porción branda é algo maior que a súa altura.
  • As aletas pelvianas son máis longas que a rexión preorbitaria.
  • A aleta caudal ten a marxe posterior pouco arredondada, case recta.
Remove ads

Hábitat e distribución

Hábitat

Labrus merula é unha especie litoral que vive en fondos rochosos e entre algas, a profundidades de entre 1 e 50 m.[14]

Distribución

A súa área de distribución vai desde os 46° aos 20 °N, e desde os 32° O aos 36° L, encontrándose no Atlántico oriental, desde Portugal e os Azores até Marrocos, sendo moi común no Mediterráneo.[16][17]

Bioloxía

Nutrición

Aliméntase de moluscos, crustáceos, vermes mariños e equinodermos.[14][16][17]

Costumes

Labrus merula é un peixe territorial de hábitos diúrnos. Os adultos viven escondidos entre as rochas e as algas; os xuvenís pode formaren pequenos cardumes. Adáptanse ben a viviren dentro dos acuarios.[16][17]

Reprodución

Alcanza a madurez sexual aos dous anos de idade e mide entre 15 ou 20 cm de lonxitude. É hermafrodita proteroxínico (cando nacen todos os espécimes son femias) e, cando chegan aos catro anos pasan a seren machos. A reprodución ten lugar durante a primavera. No momento da desova os machos dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias, e constrúen un niño con algas, onde as femias poñen os óvulos, que son custodiados, e fecundados polos machos. Os machos defenden o niño até que os óvulos eclosionan en larvas peláxicas.[16]

Remove ads

Pesca

É un peixe común pero tímido, polo que é difícil de pescar.[Cómpre referencia] A súa carne é de forte sabor e medianamente boa, e utilízase xeralmente para preparar sopa de peixe.[16]

En Galicia

A primeira cita desta especie en Galicia foi efectuada por Fernando de Buen en 1935, no seu traballo "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abistmos próximos. II parte". Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148.[18]

Nomes galegos

O nome máis empregado para denominar esta esta especie en galego é o de pinto, recollido por Ríos Panisse en 34 localidades, seguido de merlón en 9, budión en 6 e merlo nunha.[9]

Remove ads

Estado de conservación

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) non hai ameazas importantes coñecidas para esta especie o que, unido a que está moi estendida no Atlántico nordeste, fai que o seu status se cualifique como LC (pouco preocupante).[1]

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads