Polar Satellite Launch Vehicle

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Polar Satellite Launch Vehicle ou PSLV é o nome dun modelo de foguete espacial da India deseñado para ser capaz de lanzar cargas medias en órbitas polares.[1][2]

Datos rápidos Función, país de orixe ...
Remove ads

Características

O PSLV forma parte da terceira xeración de lanzadores indios, ao igual que o GSLV. A súa función orixinal era enviar satélites de observación a órbitas polares. Ten a particularidade de ser o único foguete, xunto co GSLV, que alterna etapas de propelente sólido e líquido.[1][2]

O foguete ten varias versións dependendo de se utiliza aceleradores de propelente sólido ou non e de variantes principalmente na primeira e cuarta etapas. As principais variantes son:[1][2]

  • PSLV-CA: é un PSLV sen os aceleradores de propelente sólido e con 400 kg menos de propelente na cuarta etapa. Ten unha capacidade de 2100 kg en LEO.[8]
  • PSLV-XL: utiliza aceleradores de propelente sólido aumentados, dándolle a capacidade de levar ata 3800 kg a LEO.[9]
  • PSLV-DL: usa entre 2 e 6 aceleradores PSOM-XL segundo as necesidades de carga, cunha cantidade variable de propelente na última etapa segundo as veces que vaia facer reacendela. Pode poñer ata 750 kg nunha órbita polar de 300 km.[10]
Remove ads

Historial de lanzamentos

Máis información Voo, Data ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads