Premio Miguel de Cervantes

premio literario do ministerio de Cultura español a escritores e escritoras en lingua española de calquera nacionalidade From Wikipedia, the free encyclopedia

Premio Miguel de Cervantes
Remove ads

O Premio Cervantes, foi instituído en 1975 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura de España.

Datos rápidos Instancia de, Epónimo ...

Trátase do Premio Nacional de Literatura. Está recoñecido coma o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra dun autor en lingua castelá cuxa contribución ó patrimonio cultural hispánico fora decisiva. Xeralmente premiase a un español e a un latinoamericano, aproximadamente en forma alternativa, dando así o número de máis da metade de premiados a escritores moitas veces descoñecidos a nivel mundial do país que outorga o premio,[Cómpre referencia] e o resto repartido a grandes escritores de América.

En 2019, está dotado con 125.000 euros[1] e toma o seu nome do autor Miguel de Cervantes, autor da que se considera a máxima obra da literatura castelá, Don Quixote da Mancha.

Remove ads

Historia e características

A súa primeira edición tivo lugar de xeito efectivo no ano 1976. O Premio Cervantes non pode ser dividido, declarado deserto ou ser concedido a título póstumo, segundo as normas que se estableceron despois de que na edición de 1979 o xurado decidira concederlles o premio "ex aequo" ó español Gerardo Diego e ó arxentino Jorge Luis Borges.

Os candidatos ó Premio Miguel de Cervantes son propostos polo pleno da Real Academia Española, polas Academias da Lingua dos países de fala hispana e polos gañadores en pasadas edicións.

O xurado está integrado polo director da Real Academia Española, o presidente dunha das Academias da Lingua Española de Hispanoamérica, que vai cambiando cada ano, o premiado na edición anterior e oito personalidades do mundo académico, literario ou universitario, españois ou hispanoamericanos, de recoñecido prestixio.

O 23 de abril de cada ano, coincidindo coa data na que se conmemora a morte de Miguel de Cervantes, o rei de España, Filipe VI, preside a entrega deste galardón no Paraninfo da Universidade de Alcalá. Neste acto solemne, o rei, o ministro de Cultura español e o autor galardoado pronuncian un discurso no que se glosa a vida e produción literaria do premiado, a obra de Cervantes e os autores clásicos da lingua española, así coma sobre o estado do idioma.

Remove ads

Lista de gañadores do Premio Cervantes

Máis información Edición, Ano ...
Remove ads

Premios Cervantes por países

Datos actualizados a abril de 2023.

Máis información País, Premios ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads