Syberia
xogo de ordenador From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Syberia é unha videoxogo de aventura gráfica desenvolvido por Microïds en 2002. Creado polo debuxante de cómics Benoit Sokal, centra a acción do xogo en Kate Walker, unha avogada nova que traballa para unha compañía de xoguetes de Nova York. Ten unha secuela, Syberia II, lanzada no 2004.
Remove ads
Sinopse

A acción comeza nos Alpes franceses onde Kate ten que se reunir con Anna Voralberg para tratar de mercarlle a súa fábrica pero morre antes da súa chegada polo que ten que busca-lo seu irmán, que leva desaparecido trinta anos, para consegui-la súa sinatura polo que debe percorre-lo mundo enteiro.
Acollida
Vendas
Syberia foi un éxito comercial.[1] Segundo Cedric Orvoine de Microïds, o xogo superou as 225 000 unidades vendidas en febreiro de 2003,[2] e acadou case 350.000 vendas globais nas súas versións para consola e ordenador en setembro.[3] En Francia, a "Agence française pour le jeu vidéo" informou que a versión para ordenador de Syberia vendera 50.000 unidades en setembro de 2003, antes do lanzamento das súas versións para consola. Microïds anunciou ese mes plans para enviar 50.000 e 20.000 unidades, respectivamente, das versións de PlayStation e Xbox en Francia.[4] En América do Norte, a súa versión para ordenador vendeu 60.158 copias no comercio retallista só durante 2003,[5] e Orvoine observou a principios de 2004 que a súa versión para Xbox estaba "vendendo moito máis que as nosas expectativas iniciais" na rexión.[6] Michel Bams, de White Birds Productions de Benoît Sokal, dixo que Syberia alcanzara "case 500.000 copias" nas vendas globais en febreiro,[7] un número que superou a finais de 2005, segundo Ubisoft.[1] Porén, Jane Jensen sinalou en 2004 que o xogo "non fora moi rendible" para The Adventure Company, o que, entre outros factores, levou á cancelación do seu proxecto Gray Matter.[8] Bill Tiller informou de vendas nos Estados Unidos que roldaban as 161.000 unidades ata 2006.[9]
As vendas mundiais da serie Syberia superaran o millón de unidades en 2008,[10] e ascenderon a 3 millóns en 2016, antes do lanzamento de Syberia 3.[11]
Recensións da crítica
De acordo con The New York Times, Syberia "recibiu valoracións eufóricas" da crítica.[20] Baseándose en 26 recensións, o sitio Metacritic de recensións estimou a recepción crítica do xogo como "xeralmente favorable".[14]
USA Today chamou o xogo "unha elección sólida",[21] e CNN sinalou que "Syberia trae gráficos impresionantes do xénero de aventuras". Just Adventure chamouno o "Mellor xogo de aventuras no E3". Non obstante, recibiu unha crítica negativa de Charles Herold de The New York Times, quen escribiu que a súa "fe [nos xogos de aventuras] está pendente dun fío, porque estiven xogando a Syberia de Microid, o mellor xogo de aventuras do ano, e non é moi bo.[20]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
