Xornada Mundial da Xuventude

From Wikipedia, the free encyclopedia

Xornada Mundial da Xuventude
Remove ads

A Xornada Mundial da Xuventude, tamén coñecida co acrónimo WYD en inglés, é un encontro internacional dos mozos de tradición católica, coa presenza do Papa. Celébrase en dúas modalidades: o Domingo de Ramos de cada ano na igrexa local e un encontro co Papa en Roma; e cada dous ou tres anos unha cita específica do mundo cunha gran reunión que apoia o procedemento formal consolidado cos anos e cun gran número de participantes de tódalas partes do mundo. Este último encontro, de varios días de duración, asóciase ó nome de Xornada Mundial da Xuventude. En agosto de 2005 en Colonia celebrouse a Xornada Mundial da Xuventude 2005 na que participaron un millón de mozos.[Cómpre referencia] A seguinte tivo lugar en Sidney do 15 ao 20 de xullo de 2008, a segunda, trala de Bos Aires, organizada no hemisferio austral. En 2011 celebrouse en Madrid.

Thumb
Xornada Mundial da Xuventude 2000 en Roma.
Datos rápidos Datas e cronoloxía, Implicados ...
Remove ads

O sentido da XMX

A Xornada Mundial da Xuventude proponse como experiencia da fe na Igrexa católica; ten como protagonistas os mozos. Os participantes teñen obxectivos precisos: encontrarse, crecer interiormente a través do intercambio de experiencias e pregar co Papa. Trátase dunha peregrinación.

A sede da Xornada é escollida polo Papa.

Historia

As orixes

Durante o Xubileu do 1983-1984, chamado Ano Santo da Redención en recordo da morte de Xesús Cristo 1950 anos atrás segundo o cristianismo, entre as distintas celebracións dedicadas á xuventude, a máis importante tivo lugar na vixilia do Domingo de Ramos en Roma. Máis de 300.000 mozos procedentes de todas as partes do mundo (e acomodados en preto de 6.000 familias romanas)[Cómpre referencia] participaron no Xubileu internacional da xuventude. Entre moitos bispos estaban tamén presentes o Irmán Roger e a Nai Tareixa de Calcuta. O papa Xoán Paulo II obsequiou aos mozos cunha cruz de madeira que simbolizaba "o amor do Señor Xesús pola humanidade e como anuncio de que só en Cristo morto e resucitado esta a salvación e a redención".

O 1985 foi proclamado pola ONU Ano Internacional da Xuventude. A Igrexa organizou un novo encontro internacional o Domingo de Ramos, o 31 de marzo, con outros 350.000 mozos que se reuniron na Praza de San Pedro.[Cómpre referencia] Tras este evento o Papa instituíu a Xornada Mundial da Xuventude, con cadencia anual.

O Domingo de Ramos de 1986 tivo lugar en Roma a primeira Xornada Mundial da Xuventude, a primeira dunha serie delas que o marcaron definitivamente co alcume de "O Papa dos máis novos". Naquela ocasión Karol Wojtyla deu a coñecer aos mozos a carta Sempre prestos a testemuñar a esperanza que está en vosoutros, dando o seu apoio á xuntanza do ano seguinte en Buenos Aires. Agora a Xornada Mundial da Xuventude vén celebrándose cada ano, o día do Domingo de Ramos, en tódalas dioceses. Cada dous ou tres anos este acontecemento asume o aspecto dunha reunión internacional.

O organismo encargado da organización e da coordinación das Xornadas Mundiais da Xuventude é o Consello Pontificio para os Laicos, cuxa Sección de mozos foi instituída no 1985[1].

Os eventos sucesivos

Thumb
Participantes na XMX de Colonia no 2005

Os mozos que acoden a estes importantes encontros son sempre moi numerosos.

Despois de Bos Aires, reuníronse en Santiago de Compostela, en Galiza, en 1989. A partir deste encontro a Xornada Mundial foi ampliada con tres días de catequese denantes da celebración final.

En Czestochowa, en Polonia no 1991, celebrouse o primeiro encontro do Papa con milleiros de xoves nunha antiga república soviética.

Uns anos despois, no 1993, os mozos reuníronse tralas Montañas Rochosas de Denver, nos Estados Unidos. A novidade desta edición foi o establecemento da celebración do Via Crucis.

No 1995 a Xornada tivo lugar en Asia, en Manila, capital de Filipinas, cunha plusmarca de asistencia de preto de 5 millóns de persoas.[Cómpre referencia]

O millón douscentos mil participantes na XMX de París[Cómpre referencia], no 1997, forzou moitos comentarios en comparación coa anterior de Manila: Europa, como os EEUU, é unha terra considerada como "difícil" dende o punto de vista de adhesión á fe relixiosa. Adriano Sofri, comentando esta xornada, definiuna como un dos poucos eventos comparables ó Maio do 68, "non obstante a enorme diferenza, ou máis ben, grazas a ela." Foi introducida nesta edición a iniciativa de facer preceder o evento dun encontro dos mozos de todo o mundo nas dioceses francesas como "momento de festa, oración e coñecemento".

Tres anos despois, en Roma, no medio do Xubileu do 2000, preto de dous millóns de xoves invadiron a Cidade eterna, para participar na iniciativa da xornada mundial, culminada cunha vixilia na explanada de Tor Vergata e a Misa á mañá seguinte. Estiveron presentes en Roma varios talleres para unir a propia fe á vida xuvenil. Chamados por Xoán paulo II "Sentinelas do mañá", os xoves foron invitados a non resignarse á inxustiza do mundo, a defender a paz, a manter o mundo sempre moi habitable e a dar o propio "si" a Cristo como centro do propio ideal e realización da felicidade.

Naquela ocasión Xoán Paulo II comunicoulles a todos que o próximo encontro tería lugar no Canadá no 2002 en Toronto. Á fin desta xornada o Papa convocou os novos a Colonia, en Alemaña. O papa faleceu antes de poder participar. De Toronto proveu a iniciativa concreta do voluntariado.

O novo Pontífice, Bieito XVI, foi acollido pola xuventude no agosto do 2005 en Alemaña, na súa terra natal. Vimos a adoralo foi o lema do encontro: son as verbas pronunciadas polos Reis Magos, cuxas reliquias, segundo a tradición católica, son custodiadas na cidade do Rin, vidos de Oriente para adorar a Xesuscristo.

O Papa Bieito XVI comunicou a sede da vindeira XMX durante a celebración de clausura da Xornada Mundial da Xuventude 2005 na grande explanada de Marienfeld. A cidade elixida foi Sidney.

Remove ads

Xornadas Mundiais da Xuventude

Máis información Data, Cidade ...

1 O número de participantes refírese ós presentes na misa de clausura.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads