Xosé Fernández Ferreiro

escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.[1][2][3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Estudou bacharelato en Ourense. En 1954 marcha a Madrid estudar xornalismo, alí fundará con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo o grupo literario nacionalista Brais Pinto.[4] O nome e a épica do personaxe que lle pon nome ao grupo –un ficticio afiador ourensán que, despois de percorrer o mundo enteiro co seu oficio, e xa disposto a regresar á súa vila natal, morre atropelado por un tranvía en Madrid- atribúeselle a Fernández Ferreiro.[5]

Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa e, en 1975, publicou A morte de Frank González, que foi a primeira novela de vaqueiros escrtita en galego.[3] Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia.[6]

No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega[7] e tomou posesión o 9 de marzo de 2013 cun discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas. Deulle a réplica Manuel Rivas.[8]

Usou o pseudónimo de Ferr.[9]

Remove ads

Obra

Poesía

Narrativa

Novela

Relatos

Narrativa infanto-xuvenil

Ensaio

Obras colectivas

Remove ads

Premios

  • Premio Galicia de Xornalismo no 1985.
  • Premio Xerais no 1991, por Agosto do 36.
  • Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2000, por O atentado.
  • Galardoado coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2003.
  • Premio Brais Pinto no 2013.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads