Zaha Hadid
apelido From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Zaha Hadid (en árabe: زها حديد), nada en Bagdad, Iraq, o 31 de outubro do 1950 e finada en Miami (Florida) o 31 de marzo de 2016,[1][2] foi unha arquitecta británica de orixe árabe identificada coa corrente desconstrutivista da arquitectura.
Remove ads
Traxectoria
Estudou matemáticas na Universidade Americana de Beirut.[3] Logo de se formar, pasou a estudar na Architectural Association de Londres. Despois de se licenciar como arquitecta tornouse membro do Office for Metropolitan Architecture, traballando co seu antigo profesor, o arquitecto Rem Koolhaas. En 1979, pasou a estabelecer un despacho profesional propio en Londres. De alí en diante, a súa obra pasa a posuír certo renome. Na década de 80, tamén deu clases na Architectural Association.
Proxectos
Gran parte da obra de Zaha Hadid é conceptual. Entre os seus proxectos executados inclúense:
- Parque de Bombeiros de Vitra (1993), Weil am Rhein, Alemaña
- Centro Rosenthal de Arte Contemporánea (1998), Cincinnati, Ohio, EUA
- Terminal Hoenheim-North & estacionamento (2001), Estrasburgo, Francia
- Bergisel Ski Jump (2002), Innsbruck, Austria
- Phaeno, museo científico. Co lema Da staunst du (“Asombrate”) (2005), Wolfsburg, Alemaña
Zaha Hadid tamén realizou traballos de interiores de alto nivel, incluíndo a Zona da mente no Domo do Milenio en Londres. Vencedora de diversas competicións internacionais, algúns dos seus proxectos premiados nunca foron construídos: notabelmente The Peak Club en Hong Kong (1983) e a Ópera da Baía de Cardiff en Gales, 1994.
En 2004, Hadid converteuse na primeira arquitecta en recibir o Premio Pritzker de Arquitectura polo conxunto da súa obra.[4]Anteriormente tamén fora condecorada coa Orde do Imperio Británico polos servizos realizados á arquitectura.
Remove ads
Galería
Primeiras obras (1991–2005)
- Estación de bombeiros en Weil am Rhein, Alemaña (1991–93)
- Centro de Arte Contemporánea, Cincinnati, Ohio (1997–2003)
- Centro Científico Phaeno, Wolfsburgo, Alemaña (2005)
Proxectos maiores (2006–2010)
- MAXXI Interior, Roma (1998–2010)
Proxectos maiores (2011–2012)
- Galaxy SOHO en Beijing, China (2008–2012)
Remove ads
Derradeiros proxectos maiores completados (2013–2016)
- Auditorio do Heydar Aliyev Center
- Biblioteca e Centro de Estudos da Universidade de Economía e Empresa de Viena, Austria (2013)
- Interior da Biblioteca da Universidade de Economía e Empresa de Viena (2013)
- Complexo Wangjing SOHO en Beijing, China (2009–2014)
- Torre de Innovación do Jockey Club na Hong Kong Polytechnic University (2007–2014)
- Centro Internacional Cultural da Xuventude de Nanjing , 2015
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads