actriz galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Ana María Santos Maneiro, coñecida como Ana Santos, nada en Antes (Mazaricos) o 5 de marzo de 1965,[1][2] é unha actriz galega de televisión, teatro e dobraxe.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Ana María Santos Maneiro 5 de marzo de 1965 (59 anos) Antes, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Lingua | Lingua galega |
A mediados dos anos 80 comezou no mundo da dobraxe, poñendo a súa voz nos filmes e series que se dobraban ao galego para a entón recentemente estreada Televisión de Galicia.[3] Durante as súas máis de tres décadas neste eido, puxo a súa voz a personaxes como Pan, de Dragon Ball,[4] á Abella Maia,[5] a Tamako Nobi, nai de Nobita en Doraemon[6] ou a Ximbé Fukutomi, en Rántaro, o ninja pequeno.[7]
En 1995 comezou a adicarse tamén ao teatro. Fundou a súa propia compañía, Alba, e con ela comezou a representar As criadas, de Jean Genet.[3] Pouco despois aparcou a súa compañía e continuou no teatro pero con outras compañías, adicada exclusivamente a interpretar.[1]
Aínda que xa tivera un pequeno papel na serie de Telecinco, Todos los hombres sois iguales, o seu primeiro papel importante nunha serie foi o de Pitusa en Mareas vivas.[3] Logo interpretou a Leocadia en As leis de Celavella e tivo pequenos papeis noutras series como O Show dos Tonechos, A vida por diante, Libro de familia, ou Piratas, esta última de Telecinco. Tamén tivo un pequeno papel no filme de 2005, Heroína.
En 2008 meteuse no papel de Elsa na serie Padre Casares, interpretando a personaxe durante os máis de 200 episodios da serie. Tras o final da produción, fixo pequenas aparicións nas series Fontealba, Fariña, Viradeira e El punto frío, así como no filme de Isabel Coixet, Elisa e Marcela. Dende 2019 interpreta a Josefa en A estiba.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.