Naceu no lugar de Insuela, parroquia de Santiago de Loureiro, daquela Concello de Cotobade, o 28 de decembro de 1905. Foi fillo de Manuel Fraguas Rodríguez, un canteiro solteiro que emigrou a Niterói —daquela capital do Estado do Río de Xaneiro (Brasil)— pouco antes de nacer o neno, e de Teresa Fraguas Vázquez, filla tamén dun canteiro, nada en Listanco (Armeses, Maside) en 1873, solteira.[2] Foi á escola publica da parroquia, no lugar da Costa.[3] O pai volveu de América en 1912, casou coa nai e recoñeceu o fillo o 7 de agosto dese ano. En 1918 os pais tiñan decidido volver migrar, desta volta todos xuntos, ó Brasil, e que Antón chegase a ser maquinista de tren, oficio que lle ía aprender un curmán do pai. Refusaron da idea pola intervención dun mestre que tiña escola en Famelga, Augasantas, na que o rapaz ingresou, e que vía no neno capacidades para facer maxisterio.[2]
Foi un dos primeiros en usar o galego na radio ó intervir varias veces na Radio Galega en 1932.[8] O 16 de xullo dese mesmo ano casou en Valga con Teresa Martínez Magariños (1903-1996), coa que nunca chegaría a ter fillos. Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da guerra civil. En xullo de 1936 apareceu o primeiro e único número da La Voz de Cotobad baixo a súa dirección.[9][10][11]
Represión franquista
Foi presentado á alcaldía da Estrada en 1936, en contra do seu criterio,[12] e participou nas campañas a favor do Estatuto de autonomía, ó ser secretario xeral do Partido Galeguista, e tralo Golpe de Estado do 18 de xullo sufriu represión polas súas actitudes galeguistas, sendo depurado do seu posto de traballo.[2] Tras ser detido, ademais, foi obrigado a borrar con sosa cáustica as pintadas a prol do Estatuto.[13] Trasladouse a Santiago de Compostela, onde tivo que traballar no ensino privado, e xunto co crego Ramón Davila García crea a "Academia Menéndez y Pelayo" en 1938 no pazo de Amarante.[lower-alpha 2][12] Durante este tempo traballou na súa tese de doutoramento sobre o Colexio de Fonseca que defendeu en 1948 na Universidade de Madrid, acadando a cualificación de Sobresaínte.[12] Finalmente, en 1950, aproba a oposición a catedrático de ensino secundario de Xeografía e Historia e é destinado a Lugo.[12]
Rehabilitación docente e últimos anos
O 6 de maio de 1950[14] foi nomeado catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Nacional Masculino de Lugo[15] (actual IES Lucus Augusti) ata 1959, no que foi secretario e xefe de estudos, colaborando tamén co Museo Provincial e co Museo Diocesano e Catedralicio. En 1959 pediu traslado a Santiago de Compostela, ó Instituto Nacional de Enseñanza Media Rosalía de Castro no Colexio de San Clemente (actual IES Rosalía de Castro), onde exerceu a docencia e foi xefe de estudos ata a súa xubilación en 1975.
Finou por causa dunha doenza cardíaca no Hospital Clínico de Santiago o 5 de novembro de 1999, ós 93 anos de idade. A capela ardente situouse no auditorio do Museo do Pobo Galego, antes de que o seu corpo pasase a repousar ó lado de Aurelio Aguirre e Ramón María del Valle-Inclán, e dende 2012 tamén a carón do seu amigo Isaac Díaz Pardo, no cemiterio de Boisaca.[2][22][23]
Os seus estudos versaron sobre cultura popular, xeografía, arqueoloxía, historia e arte de Galicia. Fraguas escribiu varios libros, entradas da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, numerosos artigos de divulgación en xornais e revistas -especializados ou non-, colaboracións en publicacións conxuntas con outras personalidades da etnografía galega, recensións, conferencias, catálogos de exposicións, pregóns e programas de festa.
Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio.
Santiago de Compostela, 1957, colección Temas españoles n.º 332, Ed. Publicaciones Españolas.[24][28] Reeditado de novo en 1993 polo Consorcio de Santiago, Santiago.[24]
Los colegiales de Fonseca, 1958, anexo XII de Cuadernos de Estudios Gallegos.[24][29]
La Galicia insólita, 1973, Librigal.[24][30] Reeditado de novo en 2004 por Ediciós do Castro.[31]
Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra, 1986, Real Academia Galega, A Coruña.[24][36]
Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Primera época, 1784-1813-1821, 1986, Real Sociedad Económica de Amigos del País, Santiago.[24][37]
A festa popular en Galicia, 1995, Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do Castro, Sada. ISBN 84-7492-780-3.[24][46]
O Colexio de Fonseca, 1995, reedición en galego da súa tese doutoral, orixinalmente en castelán. Consorcio de Santiago - Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos - Universidade de Santiago. ISBN 84-8121-278-4.[24]
As cousas de Antonio de Insuela, 1996, Colección de autores 3, El Correo Gallego / Caja de Madrid.[24][47]
Polas catro témporas: colaboracións en "La Voz de Galicia" e "O Correo Galego": (1992-1999), 2006, editores Xosé López, Rosa Aneiros, Daniel Salgado, Consello da Cultura Galega, Colección Base Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. ISBN 9788496530270.[48]
Do tempo e dos astros, 2019, Galaxia, Vigo. Inclúe: "O culto aos mortos" (1931) e "Preocupación polo tempo e os astros na crenza popular" (1975). ISBN 978-84-9151-313-1.[49][50]
Obras colectivas
Mámoas do Saviñao. A anta de Abuime e a necrópole do Monte da Morá, con Florentino López Cuevillas e Mª Pura Lorenzana, 1930, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Editorial Nós, A Coruña.[24][51]
Terra de Melide (participou na catalogación de castros), 1933, Seminario de Estudos Galegos, Santiago.[24][52]
"Escritos no coleccionados de Rosalia de Castro (VII)", 1946, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. II. p.477-478.[24]
"El edificio", 1947, en El Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Santiago. pp.45–79.[45][54]
"Fiestas populares de Galicia: fiadeiros", 1949, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. IV. p.397-427.[45]
"El Título del Bachiller Pedro de Vitoria, primer catedrático del Estudio", 1951, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. VI, p.279-282.[24]
"Farsas de carnaval en Touro (Coruña)", 1951, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. VI, p.431-441.[24]
"Apuntes sobre mámoas lucenses", 1953, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. VIII, p.142-146.[24]
"Grupo dolménico de Monte Orgoso", 1955, III Congreso Nacional de Arqueología. Galicia. (1953), p.409-410, Zaragoza.[24][55]
"Petroglifos del monte Pedreira, en Carballedo", 1955, III Congreso Nacional de Arqueología. Galicia. (1953), pp.411–412, Zaragoza.[24][56]
"Los castros de la Tierra de Saviñao" (con Florentino López Cuevillas), 1955, III Congreso Nacional de Arqueología. Galicia. (1953), pp.411–412, Zaragoza.[24][55]
"Don Gumersindo Laverde y Ruiz, catedrático del Instituto de Lugo", 1956, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XI, p.307-312.[24]
"Paisaxe e historia nas conversas de D. Ramón Otero Pedrayo", 1958, en Ramón Otero Pedrayo: a súa vida e a súa obra :homaxe da Galicia Universal, Centro Galego, Caracas, p.15-17.[24][48]
"La antigua casa de la Carnicería en Santiago", 1960, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XV, 47, p.349-352.[24]
"Notas entorno al maíz", 1960, en Actas do Colóquio de Estudos Etnograficos Dr. José Leite de Vasconcelos, Imprensa Portuguesa, Porto.[24][48]
"Castros de la comarca lucense", 1962, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XVII, p.307-328.[24]
"Restos dolménicos próximos a la ciudad de Lugo", 1962, en Homenaje al profesor Cayetano de Mergelina, Murcia.[24][57]
"Aportación al estudio del Teatro Popular en Galicia. La farsa de Ribadulla", 1963, en Actas do 1º Congresso de Etnografia e folclore :promovido pela Câmara Municipal de Braga, (de 22 a 25 de Junhode 1956), Junta da Acçâo Social. V. II; p.233-239, Lisboa.[24][48]
"Influencia de la emigración al Brasil en tierras de Galicia", 1965, en Actas do V Coloquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros, Coímbra, v. I, p.333-341.[24][48]
"Algunos dichos y creencias acerca de los animales", 1965, en Actas do Congresso Internacional de Etnografía: promovido pela Câmara Municipal de Santo Tirso de 10 a 18 de julhode 1963, v. III, p.231-253.[24][48]
"Emplazamiento de ferias en Galicia a fines del siglo XVIII", 1968, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXIII, p.200-223.[24]
"Notas sobre el paso de los franceses por Lugo", 1968, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXIII, p.337-346.[24]
"Notas de artistas en tierras lucenses", 1969, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXIV, p.110-125.[24]
"El traje regional gallego: 22ª exposición: con motivo del centenario del nacimiento de Noriega Varela", 1969, con Juan Naya Pérez e R. Carballo Calero, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Santiago de Compostela.[48][58]
"Don Paulino Pedret Casado", 1970, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXV, p.5-19.[24]
"Derechos de paso por el puente de Rábade", 1970, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXV, p.245-253.[24]
"Santiago y su tierra en el catastro del Marqués de la Ensenada", 1970, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXV, p.299-310.[24]
"Un silbato de piedra y otros objetos", 1971, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXVI, p.117-119.[24][48]
"Notas del Padre Sarmiento", 1972, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Separata de: Cuadernos de Estudios Gallegos, t. XXVII, fasc. 81-82-83 (1972);p.355-367.[24][48]
"La Villa y la Tierra de Padrón en el Catastro de Ensenada", 1975, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. 29 (1974/75); p.250-262.[24][48]
"A xeografía no Seminario de Estudos Galegos", 1978, en Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos, Ed. do Castro. Sada. pp.41–46.[45]
"Geografía de un lugar", 1978, en Miscelánea de Geografía de Galicia en Homenaje a Otero Pedrayo, Universidade de Santiago, pp.85–101, Santiago. ISBN 84-7191-028-4.[24][59]
"Literatura oral en Galicia", 1980, en Evolución cultural de Galicia: ciclo de conferencias, CAV.[24][60]
"Galicia. A terra e o mar: A xeografía", 1980, en Historia de Galicia, Tomo I, Cupsa Editorial.[24]
"El siglo XIX", 1980, en La Universidad de Santiago.[24][61]
"A emoción da banda popular", 1983, en Homenaxe ás bandas populares de música galegas, Concello de Santiago de Compostela, Santiago, pp.11–14.[24][45]
"Antropología", 1984, en Galicia eterna, Ed. Nauta, T. II, Barcelona, pp.325–403.[45][24]
"Fole nos cernes de Galicia", 1986, en Os escritores lucenses arredor de Fole, Lugo.[24]
"Las costumbres populares gallegas en la literatura de Rosalía", 1986, en Cursos superiores de verano en Galicia, Fundación A. Brañas, Santiago.[24]
"El proceso histórico de España y Galicia en el período de elaboración del Estatuto del 36", 1987, Cursos superiores de verano en Galicia, Fundación A. Brañas, Santiago.[24]
"O teatro en Santiago", 1988, en Teatro Principal, Santiago.[24]
"Castelao e o Seminario de Estudos Galegos", 1989, Actas Congreso Castelao, Santiago. ISBN 84-7191-568-5.[24][62]
"Sinodales de Tuy: notas antropolóxicas", 1990, en Actas del 1er. Congreso Internacional "Gallaecia", A Guarda, 1988, D.P. de Pontevedra, Pontevedra, pp.195–201. ISBN 84-86845-40-8.[24][45][64]
"Don Antonio Couceiro Freijomil: o historiador", 1990, en Homenaje al polígrafo eumés Don Antonio Couceiro Freijomil en el primer centenario de su nacimiento, 1888-1988, D.P. da Coruña. A Coruña, pp.125–128. ISBN 84-86040-49-3.[24][65]
"Don Ramón Otero Pedrayo: notas dun lector", 1990, en Simposio Internacional de Antropoloxía. Centenario de Otero Pedrayo, Santiago, 1988, Santiago, pp.237–244. ISBN 84-87172-54-7.[24][66]
"Galicia", 1991, en El auto religioso en España, Comunidade de Madrid, Madrid.[24][67]
"O cambio familiar", 1992, en Actas do I Congreso Internacional da Cultura Galega, 1990, Santiago. ISBN 84-453-0595-6.[24][68]
"A repoboación forestal dende a Edade Media", 1992, en Especies frondosas en la repoblación de Galicia, Academia Galega de Ciencias, Lugo.[24][69]
"Pasado, presente y futuro del castaño", 1992, en Especies frondosas en la repoblación de Galicia, Academia Galega de Ciencias, Lugo. pp.101–108.[45]
La antigua y la Nueva Galicia: Caminos del mundo (con J. R. Álvarez), 1992, Cámara Nacional de Comercio de Guadalajara, México.[24]
"Desde o Antroido á Pascua: vida e costumes a comenzos de século", 1993, en Homenagem a J. R. dos Santos Júnior, (1989), vol. II, Lisboa, pp.205–210. ISBN 972-672-539-9.[24]
"Dende o ano 1931 deica hoxe", 1993, en Rolda de Amigos derredor de Francisco Fernández del Riego, Ediciós do Castro. Sada. pp.57–59. ISBN 84-7492-660-2.[24][70]
"Necesidade destas forzas xornalísticas para dar fe de vida", 1994, en Douscentos galegos de hoxe no xornal da Galicia que vén: O Correo Galego, Santiago. p.54. ISBN 9788480640398.[45]
"As Marías no meu recordo", 1994, en "As Marías", Santiago. pp.9–10.[45]
"Santiago de Compostela, paradigma secular de la hospitalidad", 1994, en La convivencia social en el Xacobeo 93, Santiago. pp.20–21.[45]
"Don Fermín Bouza-Brey Trillo de Figueroa", 1994, en Simposio Internacional de Antropoloxía: In memoriam Fermín Bouza-Brey, 1992, Consello da Cultura Galega, Santiago, pp.15–23. ISBN 84-87172-85-7.[24][71]
"Do cancioneiro á mesa posta", 1995, en Ciencia y Humanismo en la Alimentación, Real Academia Galega de Ciencias-Caixa Ourense, Santiago, pp.81–100.[24]
"Leyendas y tradiciones del Camino de Santiago", 1995, en Congreso de Reales Sociedades Económicas de Amigos del País: Santiago de Compostela 26, 27 y 28 septiembre 1993, Real Sociedad Económica de Amigos del País, Santiago, pp 197–202. ISBN 84-605-3563-0.[24][72]
"O cancioneiro popular nas Rías Baixas", 1995, en Las Rías Bajas y el Arco Atlántico: cursos de conferencias, Real Academia das Ciencias, Pontevedra, pp.139–157.[24][73]
"Peregrinaxe a Santiago e as romarías de Galicia: Lendas e tradicións", 1995, Romarías e peregrinacións: actas do Simposio de Antropoloxía, 1993, Consello da Cultura Galega, Santiago, pp.7–15.[24][74]
"Notas del Padre Sarmiento", 1995 (reed.), en Estudos adicados a Fr. Martín Sarmiento artigos tirados dos Cuadernos de Estudios Gallegos (1945-1982), Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Santiago, pp.383–396. ISBN 8460613216.[24]
"Peixeiros, peixe e peixeiras", 1996, EN La pesca en Galicia: presente y futuro, Curso de conferencias, 1995, Real Academia Galega de Ciencias, pp.81–89.[24][75]
"Lembranza de Don Xaquín Lorenzo Fernández", 1996, en Tecnoloxía tradicional: dimensión patrimonial e valoración antropolóxica: Simposio Internacional. In memoriam Xaquín Lorenzo, Ourense, 1994, Consello da Cultura Galega, Santiago, pp.13–19. ISBN 84-87172-15-6.[24][76]
"A mitoloxía da auga", 1996, As augas de Galicia, Consello da Cultura Galega, Santiago, pp.9–40. ISBN 84-87172-10-5.[24][77]
"Insuela, un lugar antigo e os nomes da parroquia", 1996, en Humanitas: estudios en homenaxe ó prof. Dr. Carlos Alonso del Real, Santiago, pp.457–459.[24]
"Reimóndez Portela, estradense ilustre", 1996, en Manuel Reimóndez Portela na lembranza, Ediciós Castro, Sada, pp.83–87.[45]
"O folclore na obra de Sarmiento", 1997, en O Padre Sarmiento e o seu tempo: Actas do congreso, Santiago, 1995, Consello da Cultura Galega, Santiago, Vol I, pp.207–217. ISBN 84-8121-623-2.[24][78]
"O muíño nas terras do sul de Cotobade", 1997, en Iª Jornadas nacionales sobre molinología, 1995, Ediciós do Castro, Sada, pp.13–17.[24][79]
"Festa equinoccial", 1998, en 23 letras para un país: O Correo Galego. Santiago de Compostela: Editorial Compostela. P. 29-32.[24]
"Don Xosé Fernando Filgueira Valverde", 1998, en Antropoloxía mariñeira. Simposio Internacional de Antropoloxía. In memoriam Xosé Filgueira Valverde, CCG, Pontevedra, p.13-14.[24]
"Lenda e poesía popular nas nosas rías, no noso mar", 1998, en Antropoloxía mariñeira. Simposio Internacional de Antropoloxía. In memoriam Xosé Filgueira Valverde, CCG, p.335-348.[24]
En 1995, a sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega organiza, na súa honra, o Simposio Internacional Medicina popular, Antropoloxía da Saúde.[2]
Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, clasificada como de interese cultural e declarada de interese galego,[87][88] co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia”. Así mesmo, a Deputación Provincial da Coruña convocou na súa memoria o "Certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas".[89]
Leva o seu nome o "IES Antonio Fraguas" de Santiago de Compostela[90] e un centro municipal de formación do concello de Carral,[91] así como rúas en varias cidades e vilas como Santiago, Lugo e Melide.[2]
En 2018-2019 o concello de Cerdedo-Cotobade organizou actos en recoñecemento da súa persoa durante ano e medio, ata o vixésimo aniversario da súa morte.[97]
O concello de Cotobade fusionouse o 22 de setembro de 2016 co de Cerdedo dando orixe ó concello de Cerdedo-Cotobade.
Edificio no que despois estarían os xulgados e hoxe alberga o Consello Económico e Social de Galicia.
Versión en galego de tres traballos xa publicados anteriormente en castelán.
"Como distinción e recompensa ós méritos singulares […] pola súa destacada actividade e servicio (sic) en beneficio dos intereses da investigación da historia de Galicia."