escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Emilia Calé Torres Sanjurjo (asinou Emilia Calé y Torres de Quintero despois de casada) nada na Coruña o 12 de febreiro de 1837 e finada en Madrid o 18 de setembro de 1908, foi unha narradora, poetisa, dramaturga e xornalista galega en lingua castelá.[1] Empregou, en ocasións, o pseudónimo de Esperanza.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1837 A Coruña, España |
Morte | 18 de setembro de 1908 (71 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora , xornalista , autora |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e teatro |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Lorenzo Gómez Quintero |
Fillos | Emilia Quintero,pianista Lorenzo Quintero, Sofía Quintero, Consuelo Quintero |
Foi filla do procurador da Audiencia, e concelleiro liberal no novo concello interino designado en 1868, Francisco Calé Martínez (Orihuela 1813 - A Coruña 1870). En 1862 casou na igrexa de Santiago da Coruña con Lorenzo Gómez Quintero Fernández Morado, natural de San Xoán de Porto Rico e fillo de pai ferrolán, oficial do Consejo Provincial de Orense.[3]
Escribiu artigos e poemas en publicacións galegas como Galicia Revista Universal de este Reino, La Nueva Galicia, Almanaque de Galicia, El Alerta, La Revista, El Desengaño, Revista Compostelana, Revista de Galicia, El Zumbido, El Buscapié, La Tertulia, Galicia Literaria, Galicia Revista Regional, La Revista Popular ou El Eco de Santiago e en xornais e revistas galegas de Hispanoamérica como El Eco de Galicia, La Unión Gallega, Galicia Moderna, Follas Novas, Galicia Revista Semanal Ilustrada ou Aires d’a Miña Terra.
Estableceuse en Madrid en 1871, onde estivo ata 1875, converténdose na anfitrioa da sociedade La Galicia Literaria xunto co seu curmán Teodosio Vesteiro Torres,[4], faladoiro ao que asistían, entre outros, Manuel Curros Enríquez, Francisco Añón Paz, Luis Taboada, Andrés e Xesús Muruais.
A temática da súa obra poética xira en torno á relixión, o amor, a patria e a natureza.
En 1906, cando a fundación da Real Academia Galega, foi nomeada membro correspondente.[5][6]
Acadou sona a súa filla Emilia Quintero Calé, pianista.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.