From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Pritzker da Arquitectura é un premio dado pola estadounidense Hyatt Foundation que se lle entrega anualmente "a un arquitecto vivo cuxo traballo xa construído mostra unha mestura das cualidades de talento, visión e adicación, contribuíndo dun xeito consistente e significante ao enriquecimento da humanidade e do mundo da construción a través da arte da arquitectura."[1]
Fundado no ano 1979 por Jay A. Pritzker e a súa dona, o premio diríxeo a familia Pritzker na actualidade, sendo considerado un dos máis importates e recoñecidos premios da arquitectura, até o punto de ser ás veces chamado o premio Nobel da arquitectura. O premio entrégase sen ter en conta criterios de nacionalidade, raza, crenzas ou ideoloxía.[2] Os galardoados reciben 100.000 dólares americáns, un certificado, e dende o ano 1987 unha medalla de bronce.[3] No reverso da medalla pode lerse a inscrición en lingua latina "firmitas, utilitas, venustas" (en galego: firmeza, materia, pracer); inspirada polo arquitecto romano Vitruvio. Antes do 1987, ao premio acompañáballe unha edición limitada dunha escultura de Henry Moore.[3]
A directora executiva do galardón, Martha Thorne a día de hoxe, solicita e recolle os nomeamentos para o premio a un determinado grupo de especialistas, incluíndo anteriores premiados, académicos, críticos e outros "expertos ou persoas que mostran un grande interese ou coñecemento no eido da arquitectura". Calquera arquitecto titulado e con licenza pode presentar unha solicitude persoal para o premio antes do 1 de novembro de cada ano, cando o xurado, composto por "expertos e recoñecidos profesionais nos eidos da arquitectura, negocios, educación, editorial e cultura, escollen o gañador antes de rematar o ano para anuncialo na vindeira primavera.[2]
Ano | Gañador | Imaxe | Nacionalidade | Obra | Lugar da cerimonia | Ref. | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1979 | Philip Johnson | Estados Unidos | Glass House (1949) | Dumbarton Oaks, Washington, D.C. | [4] | ||
1980 | Luis Barragán | México | Casa Estudio Luis Barragán (1948) | Dumbarton Oaks, Washington, D.C. | [5] | ||
1981 | James Stirling | Reino Unido | Biblioteca histórica Seeley (1968) | National Building Museum, Washington, D.C. | [6] | ||
1982 | Kevin Roche | Irlanda Estados Unidos | Edificio Caballeros de Colón (1969) | Art Institute of Chicago, Chicago | |||
1983 | Ieoh Ming Pei | China / Estados Unidos | National Gallery of Art, Edificio Leste (1978) | Museo Metropolitano de Arte, Nova York | |||
1984 | Richard Meier | Estados Unidos | High Museum of Art (1983) | National Gallery of Art, Washington, D.C. | [7] | ||
1985 | Hans Hollein | Austria | Museo Abteiberg (1982) | Biblioteca Huntington, San Marino, California | [7] | ||
1986 | Gottfried Böhm | Alemaña | Igrexa Youth Centre Library (1968) | Worshipful Company of Goldsmiths, Londres | [7] | ||
1987 | Kenzō Tange | Xapón | Catedral de Santa María de Toquio (1964) | Kimbell Art Museum, Fort Worth, Texas | [8] | ||
1988 | Gordon Bunshaft (premio compartido) | – | Estados Unidos | Biblioteca Beinecke de libros raros e manuscritos (1963) | Art Institute of Chicago, Chicago | [7] | |
Oscar Niemeyer (premio compartido) | Brasil | Catedral de Brasilia (1958) | [7] | ||||
1989 | Frank Gehry | Canadá / Estados Unidos | Walt Disney Concert Hall (1999-2003) | Tōdai-ji, Nara | |||
1990 | Aldo Rossi | Italia | Bonnefantenmuseum (1990) | Palacio Grassi, Venecia | [9] | ||
1991 | Robert Venturi | Estados Unidos | National Gallery de Londres, Sainsbury Wing (1991) | Palacio de Iturbide, Cidade de México | [10] | ||
1992 | Álvaro Siza | Portugal | Centro Galego de Arte Contemporánea (1993) | Harold Washington Library, Chicago | [11] | ||
1993 | Fumihiko Maki | Xapón | Ximnasio Metropolitano de Toquio (1991) | Castelo de Praga | [8] | ||
1994 | Christian de Portzamparc | – | Francia | Embaixada francesa de Berlín (2003) | The Commons, Columbus | [12] | |
1995 | Tadao Ando | Xapón | Centro de Convencións Nagaragawa (1995) | Palacio de Versalles | [13] | ||
1996 | Rafael Moneo | España | Palacio de Congresos e Auditorio Kursaal (1999) | Getty Center, Os Ánxeles | [14] | ||
1997 | Sverre Fehn | – | Noruega | Museo Noruegués do Glaciar (1991) | Museo Guggenheim Bilbao, Bilbao | [15] | |
1998 | Renzo Piano | Italia | Aeroporto Internacional de Kansai (1994) | Casa Branca, Washington, D.C. | [16] | ||
1999 | Norman Foster | Reino Unido | Millennium Bridge (2000) | Museo Altes, Berlín | [14] | ||
2000 | Rem Koolhaas | Países Baixos | Casa da Música (2003) | Parque Arqueolóxico de Xerusalén | [17] | ||
2001 | Herzog & de Meuron | Suíza | Tate Modern (2000) | Monticello, Charlottesville, Virxinia | [18] | ||
2002 | Glenn Murcutt | Australia | Berowra Waters Inn (1983) | Outeiro Capitolino, Roma | [19] | ||
2003 | Jørn Utzon | – | Dinamarca | Ópera de Sidney (1973) | Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid | [20] | |
2004 | Zaha Hadid | Reino Unido Iraq | Pabellón Puente (2008) | Ermitage, San Petersburgo | |||
2005 | Thom Mayne | Estados Unidos | Edificio Federal de San Francisco (2007) | Jay Pritzker Pavilion, Chicago | [21] | ||
2006 | Paulo Mendes da Rocha | Brasil | Capela de San Pedro, São Paulo (1987) | Palacio de Dolmabahçe, Istambul | [22] | ||
2007 | Richard Rogers | Reino Unido | Edificio Lloyd's (1986) | Banqueting House, Londres | [23] | ||
2008 | Jean Nouvel | Francia | Torre Glòries (2005) | Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, Washington, D.C. | [14] | ||
2009 | Peter Zumthor | Suíza | Termas de Vals (1996) | Palacio da Lexislatura da Cidade de Buenos Aires | [14] | ||
2010 | Kazuyo Sejima Ryue Nishizawa (SANAA) |
Xapón | Museo de Arte Contemporánea do Século XXI de Kanazawa (2003) | Illa Ellis, Nova York | [14] | ||
2011 | Eduardo Souto de Moura | Portugal | Estadio Municipal de Braga (2004) | Andrew W. Mellon Auditorium | [24] | ||
2012 | Wang Shu | China | Museo de Ningbo (2008) | Gran Salón do Pobo, Pequín | |||
2013 | Toyō Itō | Xapón | Mediateca de Sendai (2001) | Biblioteca e Museo presidencial John F. Kennedy, Boston | [25][26] | ||
2014 | Shigeru Ban | Xapón | Centro Pompidou de Metz (2010) | Rijksmuseum, Ámsterdam | [27] | ||
2015 | Frei Otto | – | Alemaña | Estadio Olímpico de Múnic (1976) | New World Center, Miami | [28] | |
2016 | Alejandro Aravena | Chile | Centro de Innovación Anacleto Angelini (2015) | Sede da ONU, Nova York | [29] | ||
2017 | RCR Arquitectes (Rafael Aranda, Carme Pigem e Ramón Vilalta)[30] | España | Biblioteca de Sant Antoni (2007) | Casa de Hóspedes do Estado do Palacio Akasaka en Toquio | [31] | ||
2018 | Balkrishna Doshi | India | Indian Institute of Management Bangalore (1983) | Aga Khan Museum, Toronto | [32] | ||
2019 | Arata Isozaki | Xapón | Casa do Home (1995) | Palacio de Versalles | [33][34] | ||
2020 | Grafton Architects (Shelley McNamara e Yvonne Farrell) | Irlanda | Campus UTEC (2015) | Cerimonia telemática[35] | [36] | ||
2021 | Anne Lacaton e Jean-Philippe Vassal | Francia | Escola Nacional de Arquitectura en Nantes (2009) | Cerimonia telemática | [37] | ||
2022 | Diébédo Francis Kéré | Burkina Faso | Centre for Earth Architecture en Mopti, Malí (2010) | Edificio Marshall da LSE, Londres | [38] | ||
2023 | David Chipperfield | Reino Unido | Neues Museum, Berlín (1997–2009) | Ágora de Atenas | [39] | ||
2024 | Riken Yamamoto | Xapón | Museo de Arte de Yokosuka, Kanagawa, Xapón (2007) | Instituto de Arte de Chicago | [40] | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.