organización terrorista do inpendentismo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Resistência Galega é unha organización armada galega nada no 2005.[1] Considerada "organización terrorista" polo Goberno de España,[2][3] a EUROPOL,[4] a Audiencia Nacional,[5] e o Tribunal Supremo[6][7] diversos xornalistas, politicólogos e partidos políticos[8][9] poñen en dúbida a súa existencia sobre a base da falta de evidencia unha organización ou unha dirección coñecida,[10] acusacións pouco consistentes,[11][12] ou a falta de atentados reivindicados no seu nome. O termo nace a partir dun Manifesto de Resistência Galega[13] publicado no 2005.
Resistência Galega | |
---|---|
Tipo | organización armada |
Ideoloxía | Independentismo galego, socialismo e feminismo |
Data de fundación | 2005 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira referencia ao termo Resistência Galega aparece nos días previos ao Día da Patria de 2005, cando se publica en Internet un Manifesto pola Resistência Galega. O manifesto anima á "luita popular galega pola Libertação nacional e social da Galiza", xustificando a loita armada, e propugnando unha resistencia sen nomes nin siglas, anónima.
Durante os dous anos seguintes, aparece o lema Resistência Galega relacionado a distintos actos violentos, en forma de pintadas nos lugares atacados[14], ou en comunicados reivindicando os actos[15]. Chegou a especularse coa posibilidade da existencia dun grupo organizado baixo este nome, supostamente liderado por Toninho e outros dous fuxidos[16]. Así, a prensa ten atribuído distintos atentados, e intentos de atentados, ao suposto grupo Resistência Galega[17]. Debido ao achado de material para fabricar explosivos acompañado de panfletos que facían referencia á Resistência Galega, no norte de Portugal, tamén se ten especulado sobre a existencia dun comando estable no país veciño[18]. Ten sido unha constante o aumento dos actos da autodenominada "resistencia violenta" nas vésperas do Día da Patria, o que significou un aumento da represión policial sobre o ámbito independentista[19][20], e a denuncia desta represión por diferentes colectivos[21][22][23][24].
É xa en decembro de 2007, cando a propia Unión Federal de Guardias Civiles recoñece que "Resistencia galega, como tal non existe". [25] Segundo recolle El País tras ese comunicado, estas mesmas fontes afirman que "Resistência Galega non é unha organización, senón un manifesto ao que se acollen mozos independentistas para reivindicar as súas accións"[26]. Por outro lado, organizacións independentistas, como AMI, Briga ou Nós-UP, afirman non ter ningún coñecemento de grupo algún que actúe organizado baixo o nome Resistencia Galega.[27]
Trala explosión dunha bomba nunha caseta comercial dunha urbanización en Perbes (Miño), o Delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, opinou que o atentado era moi semellante a outros anteriores de Resistencia Galega[28], aínda que recoñeceu que o acto non fora reivindicado por grupo ningún[29].
Atribuíuselle a colocación dunha bomba na sede do PP de Ordes o 13 de xuño de 2010 e a colocación dun artefacto en setembro de 2011 contra a casa de Manuel Fraga en Vilalba[30]. O 30 de novembro de 2011 foron detidas en Vigo e Padrón catro persoas supostamente relacionadas coa súa órbita cando presuntamente preparaban un atentado contra os príncipes de Asturias na cidade da Coruña e outro con motivo dos actos polo día da Constitución española.[31][32][33][34][35][36][37][38][39][40] Aos catro detidos incautáronselle artefactos explosivos de fabricación caseira, un deles con metralla.[41] O venres 2 de decembro foron detidos outros dous presuntos membros de Resistência Galega en Lugo.[42]
O 7 de maio de 2012 localizouse un artefacto explosivo na porta da sede do Partido Popular en Meis que foi desactivado. Só un mes despois, o 8 de xuño, explotou unha bomba no local dese mesmo partido político en Ribadumia causando importantes estragos na fachada do edificio. A policía apuntou en ambas accións a membros de Resistência Galega. O 6 de agosto dese mesmo ano foron desactivados outros dous artefactos explosivos colocados nun repetidor de telecomunicacións en Vigo, sendo ambos reivindicados por Resistência Galega.[43] O 16 de setembro de 2012 foron detidos catro presuntos membros de Resistência Galega no parque de Castrelos (Vigo) acusados dos feitos acontecidos o 6 de agosto dese mesmo ano.[44]
O xuíz Eloy Velasco da Audiencia Nacional imputou un delito de enaltecemento do terrorismo a catro manifestantes que o día 2 de xullo de 2013 participaron en Santiago de Compostela nunha concentración de apoio a presuntos membros de Resistencia Galega que estaban a ser xulgados[45][46]. En novembro de 2013 a policía anunciou que Resistência Galega estaba a mercar ilegalmente unha ducia de pistolas en Portugal[47].
O 12 de setembro de 2013 a Audiencia Nacional condenou a catro membros de Resistência Galega, María Osorio, Roberto Rodríguez Fialhega, Antom Santos Peres e Eduardo Vigo Domingues, a penas de entre 10 e 18 anos de cárcere por participación en organización terrorista, tenencia de explosivos e falsificación de documentos con fins terroristas.[48][49]
Segundo a sentenza o 30 de novembro de 2011 en Vigo un dos condenados entregou a outro tres termos metálicos que contiñan 4,8 quilos de explosivos. A Policía Nacional detivo ao condutor do coche que levaba estes explosivos na peaxe da AP-9 en Teo. No rexistro da casa dun dos detidos atoparon 3,2 quilos de explosivos, permisos de conducir e DNI falsificados.[50]
En decembro de 2014 a Audiencia Nacional condenou a 11 anos de cárcere a Héctor José Naya e a tres anos de cárcere a Xurxo Rodríguez e Diego Santín pola colocación en agosto de 2012 de tres artefactos explosivos nas instalacións de radio e televisión no monte Sampaio de Vigo que causaron 11.197 euros en danos.[51] Dos tres condenados, unicamente Xurxo Rodríguez Oliveira, admitiu a súa pertenza a unha organización terrorista.[52]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.